O BNG DE BARRO PIDELLE AO PSOE RESPECTO POLOS VECIÑOS E VECIÑAS DE CURRO, E QUE DEIXE DE ALARMAR SOBRE A UBICACIÓNDA PLANTA DE COMPOSTAXE

bng barroO PSOE no seu pronunciamento contra a construción dunha planta de compostaxe para un tratamento sustentábel dos residuos orgánicos está facendo declaracións alarmistas nas que considera unha instalación desas características moi nociva e molesta para os veciños de Pontevedra, pero apropiada para as veciñas e veciños de Barro, ao propor que se instale no polígono de Barro-Meis.

A ubicación xa está decidida.

O proceso de escolla de terreos para instalar esa planta consistiu en que as comunidades de montes ou particulares con terreos adecuados para a mesma llos ofertaran ao Concello de Pontevedra. Ningunha parroquia de Barro ofertou terreos para a mesma, pero si o fixeron varias parroquias do Concello de Pontevedra, decantándose este pola oferta da parroquia da Canicouva, por reunir as mellores condicións técnicas.

A compostaxe dos residuos orgánicos é o tratamento máis racional e ecolóxico dos mesmos, tanto polo aproveitamento do compós que se produce, para a súa reutilización como abono, como ao ser o máis respectuoso co medio ambiente ao evitar a súa incineración, é por iso que o BNG ten demandado no concello ese tratamento para os residuos orgánicos.

Sería bo que o PSOE se aclare e deixe de enredar con este tema. Se se está contra a incineración dos residuos e se no Parlamento se presentaron iniciativas para apostar pola compostaxe non se debe alarmar a cidadanía cando hai administracións que intentan levalo a cabo.

No BNG sempre defendemos un tratamento sostíbel para os residuos urbanos defendendo a reciclaxe e a compostaxe, dándolle así un tratamento ecolóxico e acaído ao século XXI. É por iso que valoramos positivamente os esforzos daquelas administracións que buscan conquerir eses obxectivos.

O PSOE avoga por utilizar o polígono de Barro-Meis para instalar a planta de compost, ´ propiedade da Deputación ´

PORTADA faro-de-vigo

O PSOE pontevedrés xa se decantou definitivamente pola localización que, ao seu xuízo, debe psoe-barroelixirse para a planta de compostaxe que proxecta o BNG de Pontevedra en colaboración coa Deputación: o polígono de Barro-Meis, que precisamente é propiedade” da institución provincial, “o que abarataría os custos”.

Agustín Fernández, concelleiro de Educación e Deportes e aspirante socialista á Alcaldía, mostrou onte as súas dúbidas sobre o interese que, segundo o alcalde, Miguel Fernández Lores, albergan as adegas da bisbarra do Salnés polo futuro compost que se poida fabricar na planta de Canicouva. “Se o sector vinícola ten interese en utilizar aboamento realizado a partir dos residuos sólidos urbanos, non ten que agardar á materialización dun proxecto virtual. Só ten que adquirilo nas plantas de Nostián e Lousame, onde hai moitas toneladas dispoñibles esperando comprador,”. O edil socialista engade que “seguro que as concesionarias destas dúas plantas, que acumulan importantes perdas anuais por falta de saída do seu produto, agradecen a chamada de Louzán“. E é que Fernández sitúa o presidente da Deputación como “impulsor” dese “interese” no Salnés.

Por iso, o edil do PSOE sostén que “a fabricación de compost no polígono de Barro-Meis abarataría os custos de transporte ás viñas desa bisbarra, minimizaría o impacto económico e ademais incrementaría a viabilidade económica, na medida que a Deputación é propietaria dos terreos”.

Fernández tamén fai referencia ás queixas do alcalde polo “cambio de opinión” dalgúns colectivos con respecto ao proxecto, algo que considera “comprensible a medida que vai aparecendo máis información sobre unha iniciativa totalmente falta de transparencia”.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/01/18/psoe-aboga-utilizar-poligono-barro/1167610.html

Landin ameaza a Sanmartin a levalo ante a fiscalia por insultos e insinuacións insidiosas

Noticias de Barro

Extracto do pleno extraordinario celebrado o 13-08-2013.

“8.4.- Polo Sr. Alcalde, e en relación con escrito presentado polo Sr. Sanmartin nolandin 1 rexistro Xeral do Concello en data 29 de maio de 2013 no que se formulan 11 preguntas, e dado que algúnhas delas xa se lle habían contestado con anterioridade e outras supoñen sembrar dúbidas sobre a honorabilidade do Sr. Alcalde e da Xunta de Goberno Local, insultos e insinuacións insidiosas, vai dar traslado á Fiscalía do mesmo para que se depuren as responsabilidades penais correspondentes. Ademáis o escrito atópase colgado nas redes sociais dende maio coa intención de danar persoalmente ao Alcalde. Asimesmo manifesta que nin na vida nin na política vale todo, e que poderá haber xente tan honrada coma el persoal e políticamente pero dubida que alguén poida se-lo máis.

O Sr. Sanmartín Soto, rógalle ao alcalde non proceder a xudicializar a política, manifesta as súas disculpas públicamente se o contido do escrito non foi o máis axeitado ou puidese dar lugar a interpretacións non adecuadas. Asimesmo comprométese a retirar o escrito das redes sociais, volvendo a solicitarlle disculpas ao Sr. Alcalde.
A sesión rematou ó fio das vinteunha horas cincuenta e cinco minutos. Dou fe.”

descarga pdf13-08-13 (1)pleno en pdf

 

O paro baixa un 0.95% durante Maio en Barro