A Xunta ordena demoler a ponte Valbón en Perdecanai

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Por orde da Xunta de Galicia o Concello de Barro terá que demoler a ponte de Valbón, sobre o río Areal, en Perdecanai.

Despois de sete anos de tramitación, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), resolve que o viaduto é incompatible co ordenamento urbanístico en vigor ao estar construido sobre terreos considerados como chan rústico. Nin sequera unha modificación puntual do Plan Xeral para recualificar estes terreos resolvería a situación.

A APLU entende que esta infraestrutura non é legalizable e desestimou os recursos presentado polo Concello.

A ponte que dá acceso á zona de Valbón, está situado no lugar de San Antoniño, próximo ao tanatorio de Barro, foi construído polo Concello sen ningún tipo de tramitación, cun custo de construción de máis de 90.000 euros, empregando fondos do Plan Provincial da Deputación, sobre unha parcela adquirida a un particular.

Entre outros argumentos, o goberno local de Barro alegou que o expediente xa caducara pois a última certificación de pagamento á empresa construtora ten máis de seis anos. Non obstante, o ente autonómico apóiase no informe dun dos seus inspectores do Servizo de Urbanismo que reflicte con fotografías como no momento de incoar o expediente a ponte estaba sen rematar.

http://pontevedraviva.com/xeral/16049/xunta-ordena-demoler-puente-valbon-perdecanai-barro-aplu-antonino/

ponte