Califica a xestión destes catro anos de Jose Antonio Landin Eirin (PP)

Califica a xestión destes catro anos de Jose Antonio Landin Eirin (PP)

landin louzan barro

Acebarro asegura que ningún comerciante foi excluído da campaña estival

diario_pontevedra.750

A directiva da asociación Acebarro manifestou o seu malestar ante as acusacións que afirmaban a exclusión dos comerciantes de Barro na campaña de verán.

A asociación sinala que un exsocio de Acebarro é o encargado de «enredar» o asunto. Así mesmo, a asociación manifesta que as cotas anuais de xaneiro a decembro cobren todos os actos e sorteos, e que non finalizan o 30 de agosto, tal e como afirma o denunciante.
Por outra parte, a directiva de Acebarro asegura que está disposta a recoller, tratar ou informar de forma detallada todas as suxestións, propostas ou dúbidas dos asociados.

Así mesmo, a asociación reitera que ningún comerciante foi excluído da promoción estival e que o único que pretenden é traballar en beneficio dos comerciantes e empresarios da parroquia.

A devandita denuncia prodúcese ante a proximidade da celebración do sorteo que se celebrará mañá ás 21.00 horas na Praza do Viño. Os asociados e o público en xeral tamén poderán gozar dun curso de cociña no mes de outubro.

acebarro

PATADA NO CU

rajoychaplin

voz de barro, xornal de barro, novas de barro, noticias de barro

xornal de barro, voz de barro, noticias barro, concello de barro, ayuntamiento de barro,voz de barro, faro de barro,pontevedra, noticias,voz, xornal, barro, pp de barro, landin eirin, alcalde de barro, feira de barro

NOTICIAS SOBRE BARRO

NOTICIAS SOBRE BARRO

NOVAS SOBRE BARRO

CONCELLO DE BARRO

AYUNTAMIENTO DE BARRO

BARRO PONTEVEDRA

XORNAL DE BARRO

VOZ DE BARRO

DIARIO DE BARRO

FARO DE BARRO

Políticos e veciños de Barro pactan as alegacións ao proxecto

Os tres grupos políticos da corporación de Barro (PP, BNG e PSOE), o presidente da Plataforma da PO-531 e os dirixentes das comunidades de montes de Curro e de Portela consensuaron o pasado luns un escrito de alegacións ao proxecto de ampliación previsto por Política Territorial. O documento recolle basicamente as suxestións xa expostas polo Bloque.

Os asinantes piden á Xunta que modifique o proxecto, cambiando a súa concepción de priorizar a circulación de vehículos por outra que humanice o viario PO-531 ao seu paso por Barro. O obxectivo é retardar o tráfico, aumentando a seguridade viaria e permitindo a máxima permeabilidade peonil coa construción de beirarrúas e zonas verdes, integrando a estrada no espazo urbano polo que discorre.

Tamén solicitan que se minimice «todo ou posible» o impacto da obra, tanto de expropiacións de vivendas como de afeccións. Suxiren que se protexa e repoña (de ser necesario) todo o patrimonio cultural afectado polo proxecto e que este se axuste ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Barro.

Finalmente, os partidos e os colectivos veciñais propón que se teña en conta como solución ao tráfico rodado de vehículos entre Vilagarcía, O Salnés e Pontevedra a posibilidade da liberación da peaxe da AP-9 entre Curro e Pontevedra.