O Carballo dá Portela xa esta automaticamente ascendido

O Carballo da portela a falta de varias xornadas para finalizar o campionato e que actualmente ocupa o terceiro posto pódese considerar como ascendido debido á diferenza de puntos que lle leva aos seus perseguidores.
Este equipo fundado no 2011 pode dicirse que leva unha carreira pletórica, xa que na súa primeira tempada consegue o ascenso e o pasado agosto se fixeron co “ll Torneo festas de Curro”, un triangular no que participaron os outros dous equipos do Concello, o Barro e o terras de Curro.
Dende este blog felicitamos a todos os xogadores, directivos e a esa numerosa afección que acompaña ao equipo en todas as súas saídas.

 

Xuntanza informativa de ACEBA

Este xoves 10 de maio as 21.15 na biblioteca de Barro xuntanza informativa para falar da posible constitución da Asociación de comerciantes e empresarios de Barro, de aí o nome desta páxina ACEBA.Contaremos coa presencia de persoas que xa forman parte de asociacións similares e tamén o presidente de unha asociación.

CONCURSO DE CONTOS 2012

Ponteemprego. Boletín semanal de emprego nº 91

A atención dos comerciantes, hosteleiros e empresarios locais.

Barro a 25 de abril de 2012

Moi  Srs. Nosos  pola presente queremos informarlle da realización dunha xuntanza co fin de levar a cabo a formalización dunha asociación de comerciantes e empresarios local. Para este grupo de persoas que estamos a propoñer esta inicativa,  gustaríanos contar coa vosa asistencia a dita reunión , que se celebrará na Biblioteca de Barro o dia  dez de maio as 21.15 h.

Nesta charla estarán presentes varios expertos que nos guiarán o camiño, expoñendo os beneficios que dita asociación  vai aportar o comercio en xeral.

Sen mais e esperando poder contar coa vosa asistencia, reciba unha cordial saúda.

Atentamente.

Xestora da Asociación.

Boletín de ofertas de emprego

´Petra´ deixa árbores e colectores caídos pero pouco máis

O forte vento e a choiva rexistrada esta madrugada en Galicia deixou árbores caídas e colectores de lixo tirados en diversos puntos, principalmente de zonas costeiras, sen que se produciron danos persoais, informaron a Efe fontes do servizo de Emerxencias.

A borrasca “Petra”, que deixou amplas precipitacións e fortes refachos de vento ao seu paso durante a noite, aínda que xa non ao amencer, afectou a diversos puntos de Galicia, pero a súa intensidade foi máis notoria en zonas costeiras e en puntos altos da xeografía.

Segundo o servizo de Emerxencias, rexistráronse un total de 23 incidencias na provincia da Coruña, 18 na de Pontevedra, 13 na de Lugo e só una na de Ourense.

Entre as localidades nas que se rexistraron maiores problemas, segundo Emerxencias, destacan os municipios coruñeses de Teo ou Arzúa, así como nos pontevedreses de Rodeiro e Pontecesures, ou no lucense de Viveiro.

Na provincia de Pontevedra rexistráronse incidentes nos municipios de Barro, Mos, Valga, Vilagarcía de Arousa, Meis, Vilaboa, Pontecesures, A Estrada, Redondela, Vigo, Baiona, Sanxenxo e Pontevedra, e na de Ourense só o de Melón, indicaron as citadas fontes.

España entra de novo en recesión

Disminúe a porcentaxe de abandono escolar pola falta de emprego

Bo Día do Libro

 Un curtido guerrilleiro que loitara contra os franceses nas terras de Deza e Lemos é o autor do primeiro libro impreso en galego, hai agora 200 anos. O coruñés Xosé Fernández e Neira «escolle a lingua galega para armar unha conversa entre vos compadres Chinto e Mingote. Velaquí ou libro Proezas de Galicia non que dous labregos, afervoados defensores do país, relatan coloridos episodios dá loita popular contra ou exército de Napoleón»


“Dos diversos instrumentos inventados polo home, o máis asombroso é o libro; todos os demais son extensións do seu corpo… Sólo o libro é unha extensión da imaxinación e a memoria”. Jorge Luis Borges.

“Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que espera; esquecido, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora,”. Proverbio Indú.

“O regalo dun libro, ademais de obsequio, é un delicado eloxio”. Anónimo.

“É un bo libro aquel que se abre con expectación e se pecha con proveito”. Bronson Alcott.

“Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro”. Emily Dickinson.

“Os libros son, entre os meus conselleiros, os que máis me agradan, porque nin o temor nin a esperanza lles impiden dicirme o que debo facer,”. Alfonso V.


O BNG leva ao Parlamento o soterramento do tráfico no nó pequeno de Curro

Carme da Silva leva ao Parlamento a demanda política e veciñal de soterrar o tráfico no nó pequeno de Curro, para dar seguridade a veciños e tráfico, xa que se trata dun dos puntos máis perigosos da estrada debido a elevada intensidade de tránsito tanto de peóns como de vehículos.

Na Proposición Non de Lei presentada por Carme da Silva lémbrase que o actual proxecto, aprobado e pendente de execución, foi froito de combinar as solucións técnicas coa negociación cos representantes políticos e veciñais para acadar a solución máis segura. Neste proxecto soterrábase o tránsito de paso, deixando unha rotonda a nivel, tanto para a circulación do tráfico local como, sobre todo, para que as persoas que, en grande número, se moven a pé neste entorno poidan facelo con total seguridade.

A deputada nacionalista agarda que “a seriedade e rigor que debe rexer as actuacións do goberno faga que se execute, canto antes, a obra tal e cmo está prevista e orzamentada, sen introducir modificacións substanciais a respecto do proxecto pactado coas forzas políticas e sociais de Barro