D.E.P.DOÑA MARIA PRECIOSA MAQUIEIRA BREA

_20180223_141134

UNHA BIBLIOTECA CHEA DE PEGADAS

AYUNTAMIENTO DE BARROFB_IMG_1519158808217

17 persoas doaron o seu sangue de forma altruísta o xoves en Barro

Na doazon de sangue realizada o xoves en Barro houbo 17 doazóns en total, das cales duas correspondíase a duas que doaban por vez primeira. Moitas grazas.

_20180219_171627

Unha empresa de Barro porá luz ao Entroido de Pontevedra

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O Entroido da cidade de Pontevedra contará coa iluminación dunha empresa da comarca. Trátase de Iluminaciones Pintos, unha compañía especializada de Barro, que foi contratada polo Concello ante o atraso da nova adxudicación.

Esta empresa cobrará 8.974,80 euros máis IVE.

O encargo do goberno municipal inclúe a instalación de iluminación en Michelena, Benito Corbal, Praza de España, Praza da Ferrería, Praza Curros Enríquez, Praza da Verdura, Praza de Ourense e Loureiro Crespo.

Mentres tanto, os técnicos municipais seguen tramitando o novo contrato de iluminación para o Entroido, as Festas da Peregrina e o nadal.

Sairá a licitación por dous anos nas mesmas condicións que o contrato actual.

http://pontevedraviva.com/xeral/43105/empresa-barro-pondra-luz-entroido-pontevedra/

 

ILUMINACION BARRO

 

 

Ramon Mourente Castro, fillo predilecto

Ramón Mourente Castro naceu o 26 de setembro de 1907 en Santa María de Perdecanai, onde transcorre a súa infancia. Ós dezaséis trasladouse a Bos Aires, onde traballou en diversas ocupacións, con preferencia na rama gastronómica, e estudiou en varios centros porteños.

Traballador incansable, emprendedor tesonero, pronto investiu os seus primeiros aforros nun negocio; así independizouse e comezou a actuar por conta propia.
Contraeu matrimonio con Adelina Suárez Lasserre e deste matrimonio naceu a súa única filla, Beatriz Alicia.
Simultáneamente co seu quefacer comercial, iniciouse como corredor e martillero público en cómpra-venda de negocios. Grazas á súa rectitude e probada seriedade, foi obtendo éxito tras éxito, de xeito que se colocou entre os representantes máis notables da colectividade española na Arxentina. Presidiu a Asociación de Balanceadores e Martilleros Públicos; a Asociación Casa de Galicia; o Centro Galego de Bos Aires e a Federación de Sociedades Españolas da República Arxentina. Integrou comisións directivas de distintas institucións e foi vicepresidente do Club Deportivo Español de Bos Aires.

No eido cultural, creou diversos premios que distribuíu o Centro Galego, e en 1960 fundou o semanario español Faro de España. A súa recoñecida rectitude e a súa solvencia económica e financeira levárono a participar en múltiples empresas.
Foi presidente de Mourente e Cía, S. A.;  Occidente Compañía de Seguros S.A; Lyons S.A; Editora Faro, S.A.; Vivendas Cenit Arxentino S.A; Banco Español do Río da Prata S.A; Papelera Mar de Prata S.A., entre outras.

prensa-galega-da-arxentina-19351964–17

mourente castro