Un informe provisional atribúe o accidente da avioneta de Barro a que o motor “detívose repentinamente”

O accidente rexistrado o domingo 26 de outubro cando unha avioneta privada aterrou de urxencia nunha zona boscosa de Barro paralela á autoestrada AP-9 produciuse cando o vehículo levaba uns 40 minutos de voo e o único motor da aeronave “detívose repentinamente”.

Así o recolle unha información provisional do accidentedivulgada pola Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil (CIAIAC), que mantén aberta unha investigación para aclarar as causas do suceso.

Técnicos da CIAIAC desprazáronse ata Barro xa na noite do accidente e durante a mañá seguinte analizaron os restos do avión para poder emitir o seu ditame. Agora difundiron esta información provisional, da que a propia Comisión recorda que “só contén algúns feitos establecidos no momento da súa publicación”.

Estas conclusións técnicas están suxeitas ás “modificacións ou correcciones que poidan xurdir no transcurso da investigación”. O informe final que se publicará nun boletín informativo ou de forma individual, será o documento que recolla o resultado definitivo.

Segundo este documento provisional, a aterraxe de urxencia da aeronave Piper PA-28-180 produciuse sobre as 12.00 horas cando o vehículo sobrevoaba o término municipal de Barro por mor da parada do motor. A aeronave despegara do aeroporto de Vigo para realizar un voo privado local sobre rías de Vigo e Pontevedra con catro persoas a bordo.

O piloto, que resultou ferido grave tralo accidente, coordinou co servizo de control aéreo unha altitude de voo de 2.000 pés. Transcorridos uns 40 minutos de voo o motor detívose repentinamente e o piloto intentou aterrar no polígono industrial de Barro-Meis, pero non tivo éxito.

Tras un primeiro contacto co terreo, a aeronave prolongou o seu percorrido sobrevoando perpendicularmente a autopista AP-9, ata caer sobre un área arborada adxacente a esta. A consecuencia do impacto, o piloto e os tres ocupantes resultaron lesionados de gravidade e o vehículo sufriu danos estructurais “moi importantes”.

Os restos da aeronave foron retirados da zona na tarde-noite do luns 27 de outubro, xornada seguinte ao accidente, e trasladados ao aeródromo de Rozas, en Lugo, ondepermanecerán custodiados nun hangar ata que a CIAIAC conclúa o seu traballo.

http://pontevedraviva.com/xeral/15764/informe-provisional-accidente-avioneta-barro-motor-detuvo-repentinamente-/

avioneta