Francisco Javier Moldes Fontán (Porráns, Barro, Pontevedra, 4 de maio de
1949). Político e diplomático español, cofundador do Centro Democrático e Social e Deputado na III Lexislatura de España. Foi tamén profesor de lingua e literatura e crítico literario.
É fillo de José Moldes Castro (1915-1987) e de Nélida Fontán Rodríguez (n.1924). O seu avó materno, Juan Fontán Romero, comerciante e descendente directo de Domingo Fontán, foi o impulsor e propietario do primeiro cine da bisbarra, no Carballal(Porráns, Barro), a mediados de século. O seu pai, José Moldes Castro, foi un emprendedor e empresario, con negocios no sector de ferraxaría e madeira, entre outros; ademais foi o construtor, na década de 1950, do primeiro automóbil deseñado e construído en Galicia.
