A diseñadora Luz Prado, natural de Barro, presentará a súa nova colección no certamen de moda de Camariñas

O Concurso de Noveis Diseñadores de Moda que se convoca en paralelo á Mostra do Encaixe de Camariñas será este ano especial. O certamen cumpre nada menos que 25 anos, tres menos que a propia Mostra, que se celebrará do 28 de marzo ao 1 de abril do 2018. Sandra Insua Rial, concelleiro responsable da Mostra e a edila de Servizos Sociais, Igualdade e Promoción do Encaixe deu a coñecer onte aos mozos diseñadores finalistas, que chegan desde distintos puntos de Galicia, pero tamén do resto de España e ata doutros países, como é o caso de Portugal.

MAIS INFORMACIÓN PREME NO ENLACE:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/camarinas/2017/12/16/camarinas-jovenes-disenadores-finalistas/0003_201712C16C11995.htm

luz prado

 

Sanxenxo loce “Alegría” de Luz Prado

Dúas situacións de Sanxenxo, a adega Eidos de Padriñán e as embarcacións de Servinauta no Portoluz prado Deportivo de Sanxenxo serviron hoxe para o shooting fotográfico da deseñadora de Barro, Luz Prado Magariños, de Divina by Luz e a súa colección “Alegría”.

Nun multi shooting, Urbano García Barros, Xoan ArcoVella e o sanxenxino Alberto R. Medrano, lograron captar a esencia de cores e trazos das creacións da deseñadora, en cinco modelos, combinándoas coas instalacións da adega ou coas embarcacións e o mar. Os seus traballos serán un escaparate turístico de Sanxenxo a través das redes sociais e blogs tanto da deseñadora, coma dos propios fotógrafos e modelos. A iniciativa debido á proxección turística proxectada, foi apoiada por Turismo de Sanxenxo.

Podes seguir a Luz en:  en Facebook, en Twitter, e Instagram.

IMG_3719

IMG_3721

IMG_3805

IMG_3873