O Barro, 25 anos dedicados ao fútbol

diario_pontevedra.750

O BARRO CLUB DE FÚTBOL está de celebración. Tras pasar por altibaixos superou todas as adversidades e hoxe en día encóntrase disposto a seguir formando xogadores como mellor sabe facer.

O Barro C.F. está composto na súa totalidade por 54 deportistas e catro categorías diferentes. Nelas, tres son de fútbol sala: sénior feminino, prebenxamín e biberón, e unha é de fútbol: equipo de Terceira Rexional masculino.

O club conta cunha serie de valores e particularidades que o definen, como indica o seu novo lema, «Con respecto gañamos todos/ás» co que o club quere facer fincapé nos seus principios, mostrando cual é a base do seu sistema de ensino. «O lema é unha declaración de intencións. O principal é que todos o nenos participen. Ademais, queremos fomentar valores como o respecto aos compañeiros, aos directivos, adestradores e, por suposto, entre eles. Mesmo temos unhas normas para os pais. Á fin e ao cabo, os nenos son nenos e son os pais os que deben orientalos polo bo camiño», comenta José Sanmartín, presidente do Barro C.F. Sanmartín recalca así a necesidade de facer comprender os máis pequenos que os resultados competitivos deben estar nun segundo plano: «Os nenos algunhas veces son moi crueis entre eles. Pais, adestradores e directivos deben facelos ver que o principal é pasalo ben».

O presidente fai unha mención especial ao fomento do deporte, especialmente entre os máis novos: «O deporte é moi importante para nenos e adolescentes. Sempre lle dicimos aos pais que non castiguen aos nenos con quitarlles o fútbol, teñen que velo como algo positivo, nunca negativo,».

A motivación e o cariño por parte dos titores son tamén aspectos moi importantes que José Sanmartín non dubida en resaltar: Gústanos que os pais estean presentes nos partidos para animar os nenos. Ademais, sempre dicimos que unha mirada cómplice ou un xesto de ánimo é mellor que un berro».

A nivel competitivo o club está a lograr bos resultados, pois hai unha evolución progresiva dos mozos. «As cousas van moi ben en xeral. Os nenos evolucionan, especialmente o equipo de prebenxamín, que se encontra neste momento segundo do seu grupo,».

O club celebra este ano o seu 25 aniversario tras a súa creación en 1990 da man de Leoncio Vicente Longa, por aquel entón director do colexio, en colaboración cuns cantos veciños de Barro.

Para celebralo e conmemorar o seu aniversario, o club está a preparar unha serie de eventos. Xa se levaron a cabo os torneos interparroquiais, que o Barro C.F. leva organizando dous anos cun resultado moi exitoso. Agora o club está centrado na organización dunha gala, que contará con convidados especiais, e un torneo solidario para os máis pequenos. «Estamos a preparar unha gala especial, na que haberá colaboracións de humoristas, deportistas, grupos musicais… Aínda que aínda está sen pechar, probablemente será realizada no mes de abril. Ademais, tamén realizaremos a terceira edición do Torneo de Fútbol Sala de Biberón Solidiario, que facemos en Curro dende hai 3 anos,».

Neste torneo, que será realizado no próximo mes de xuño, cada club participante entregará unha caixa de alimentos ou calquera achega para os nenos que non teñen recursos. «Co queremos tamén fomentar os valores nos nenos, que vexan que algúns iguais que eles non teñen para comer, e poidan así se involucrar e implicarse de primeira man».

O presidente destaca o arroupo que está a recibir o club e agradece a colaboración do Concello, os patrocinadores, e de todas as persoas que fixeron que, 25 anos despois, o club poida ser unha realidade. «Con gala ou sen gala, o que queremos é resaltar e dar as grazas ante todo, a todos aqueles que fixeron posible que o Barro C.F. chegue aos seus 25 anos. Sen eles, nós non teriamos razón de ser», conclúe orgulloso.

BARRO 3

BARRO 4

BARRO 5

BARRO 1

BARRO 2

 

O alcalde non ía detido

diario-pontevedra1

O alcalde de Poio, Luciano Sobral, Nito, é un tipo serio e responsable. Sabémolo. Sabémolo todos sanmartinos días, pero cando hai noticias como a que tocou onte, de derrubamentos no Vao, sabémolo máis. E é que os operarios da picaraña estaban convocados para as 9.00 da mañá e con puntualidade británica apareceu tamén el para comparecer ante a prensa. Ademais, a operación non se puido completar, e moi seria e amablemente, Sobral pediu desculpas á prensa por facerlles «vir para nada». O máis rechamante foi que, unha vez disolta a ‘reunión’ o rexedor e o concelleiro de Urbanismo, Xulio Barreiro, abandonaron a zona no asento traseiro do coche da Policía Local. Digo eu que sería por economizar e evitar ter que ir en varios vehículos.

Cambio de municipio e pásome ao tema electoral. Non o van crer pero eu vexo a cousa moi apagada

E para o pouco que falta e o moito que se xogan algúns nas eleccións. Non é o caso do PSOE de Barro. Este fin de semana elixiron como candidato ao voceiro, e nese acto de elección, o que xa é voceiro deu todo un exemplo do bo tipo que é. A todo o mundo lle chamou a atención que Sanmartín comparecese tras un atril cuberto por un tapete de punto de cruz. Ese é o tapete que un bo día lle regalou e que xa nos ensinou en 2013. A este simpatizante dáselle de vicio o punto de cruz e fíxolle unha rosa e mesmo o nome e apelido no tapete. Sanmartín considera que ese detalle vale máis que un cartel ou unha José Sanmartín, Marcos Gregorio tarxeta de presentación, e úsao como un elemento corporativo máis. Dei que si, home, que xa tivese querido Zapatero un detalle tan persoal. Por certo, en Barro o único que falta por postularse á Alcaldía é Será que o noso alcalde está a pensar en Landín. ‘Sean Connery‘ xubilarse? José Antonio

sanmartin

Para os que non tendes facebook

Aclaración dos Socialistas de Barro

Aclaración para con unha nota de prensa de un informativo dixital local. Está visto que lles gusta difamar e incluso ainda sen ter información. Temos claro que o traballo que fan ” é moi brillante “, pero tamén por eso nos fai pensar que as persoas que levan esta páxina, que ainda que algunhas se delatan soas polo seu alineamento coas ideas anti PSOE e antiBNG, emulando a outra voz como pode ser a subvencionada pola Xunta e PP. Cada cousa que neste concello se intenta facer e non a propoñen eles, teñen que manipiulala e botala abaixo, mirade que empezar a ir buscando algunhas pastillas para esa enfermidade de plaxiar todo.
Polo que se refiere a presencia de a nosa compañeira SILVIA TORRES LANDÍN como membro do comité Porvincial foi unha decisión comarcal, e non houbo ningunha exclusión ó noso secretario xeral JOSE SANMARTIN, xa que a nosa comarca lle tocaba unha muller e salvo que fixese unha operación de cambio de sexo, non podería ser. Ademais nesta agrupación a diferencia que noutras que coñezo, sobre todo no PP, tentamos facer un equipo e non crear marionetas animadas. Amigos de VOZ de Barro , sempre fostes con nos mais ou menos correctos, pero creo que desta vez, como en algunha outra buscades dende a manipulación das noticias que os veciños de Barro se confundan, pero como xa ides comprobando, engañades a ben poucos.

Con esta aclaración queremos informar que a nosa agrupación non ten fisuras e que o noso Secretario Xeral, non está en ningún caso excluído de nada.

Saúdos.