David Landín (fillo do alcalde de Barro) “O camiño dende o doutorado ao viñedo”

PORTADA faro-de-vigo

David Landín foi o autor da primeira tese doutoral centrada no albariño cultivado no Val do Salnés. Pero os seus anos de estudo e investigación remataron coa crise. A súa formación e experiencia leváronlle a lanzar ao mercado as primeiras catro mil botellas da súa propia marca de viño, o Pausa.

Tiña unha bolsa de investigación na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Leiro, en Ribadumia, ata que os recortes se cruzaron no seu camiño. “As bolsas de investigación rematáronse coa crise”, afirma David, que engade “Se non podes seguir nas liñas de investigación, ao final, o que adquiriches, tes que aplicalo na privada xa que coa Xunta non se pode”. Agora, tras acumular experiencia en diferentes adegas, lanzouse de cabeza ao seu novo proxecto persoal, o seu propio albariño.

Nun antigo terreo de monte situado na localidade de Briallos (Portas), propiedade da súa familia, reconvertida agora en terra de cultivo, David creou o seu viñedo. “O terreo está no corazón do salnés, pero o máis importante é o terreo, a súa orientación e as horas de exposición ao sol”, declara David, quen se mostra moi contento coa súa decisión, “traballo para outras adegas facendo exactamente o mesmo, pero neste caso a diferenza é que o viñedo é meu, a uva é miña, a marca é miña e todo mo fago eu sen ter que dar explicacións a ninguén”.

Na súa primeira anada obtiveron un total de catro mil botellas de “cien por cen albariño do noso viñedo, sen outro tipo de uva,” asegura David. O seu segredo non é outro que o traballo ben feito e unha pequena volta á vella escola do albariño “Neste viñedo volvemos un pouco máis ao tradicional. Por exemplo o aboamento que usamos, sempre é orgánico e ademais este terreo fai que se necesite sulfatar menos “.

Ao final, os anos de formación e estudo dan o seu resultado, que non é outro que unha materia prima de óptima calidade que non pasa inadvertida para ao resto de bodegueiros da zona. “A uva é realmente boa, de feito vendémoslle a varias adegas. Chegamos a vender ata o 80% da nosa produción”, afirma David, que non dubida en cualificar a súa experiencia como “moi grata”.

http://galego.farodevigo.es/

javier landin

Hoxe cumpre anos Franscico Javier Moldes Fontán, “Chuco”, nacido en Barro ,que fora co-fundador do CDS

Francisco Javier Moldes Fontán (Porráns, Barro, Pontevedra, 4 de maio de 1949). Político e diplomático español, cofundador do Centro Democrático e Social e Deputado na III Lexislatura de España. Foi tamén profesor de lingua e literatura e crítico literario.

É fillo de José Moldes Castro (1915-1987) e de Nélida Fontán Rodríguez (n.1924). O seu avó materno, Juan Fontán Romero, comerciante e descendente directo de Domingo Fontán, foi o impulsor e propietario do primeiro cine da bisbarra, no Carballal(Porráns, Barro), a mediados de século. O seu pai, José Moldes Castro, foi un emprendedor e empresario, con negocios no sector de ferraxaría e madeira, entre outros; ademais foi o construtor, na década de 1950, do primeiro automóbil deseñado e construído en Galicia.

Para saber mais da súa vida preme aqui