Francisco Javier Moldes Fontán: “Sempre hai un lugar para o centro. Sen el non se sabe onde están a esquerda e a dereita”

elCorreoGallego

CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN DA EMBAIXADA DE ESPAÑA EN ARXENTINA 

Francisco Moldes Fontán naceu en Porráns-Barro, Pontevedra, no ano 1949. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade deSantiago, desenvolveu un destacado labor como docente e crítico literario. En 1982, xunto ao expresidente do Goberno Adolfo Suárez, foi cofundador do CDS, o Centro Democrático e Social, partido do que sería o seu primeiro secretario xeral en Galicia e presidente provincial en Pontevedra, nos anos 1982-1990. Deputado por Pontevedra na III Lexislatura, en 1989 abandona a política activa e inicia a súa actividade diplomática. Na actualidade é conselleiro de Educación das Embaixadas de España en Arxentina, Chile, Paraguai e Uruguai.

Vostede chegou á política sen ter ningún pasado dese tipo na súa xuventude, cales eran as súas ideas, as súas inquietudes de entón?
Na miña casa falábase de política… o meu avó fora alcalde deBarro e o meu pai foise á guerra con 21 anos. Eu era un produto de maio do 68 e pensaba que a transición non podían facela os fillos do réxime…

Pero cambiou de opinión…
Si. Cando derruban a Adolfo Suárez, entre o PSOE e a propia xente do seu partido, pensei que había que apoialo, merecíao.

Como se involucra no CDS?
En 1982, cando souben que Suárez ía crear o CDS, afilieime inmediatamente. Semanas despois, coñecino persoalmente nun encontro na Coruña.

Naquel contexto político e social, que representaba o CDS?
Un partido bisagra de ámbito nacional que podía actuar como fiel da balanza. Se o PSOE e Alianza Popular o tivesen visto dese xeito, teríanse evitado moitas chantaxes políticas nacionalistas catalás e vascas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

moldes fontan cds