Fervenza de Barosa reúne a máis de 300 persoas no Pazo da Crega nun desfile benéfico

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Barro entregouse este sábado á solidariedade e a moda nun Pazo da Crega que se quedou pequeno para albergar as máis de 300 persoas que alí se deron cita para o desfile benéfico organizado pola Asociación Cultural Amigos da Fervenza da Barosa.

As achegas de alimentos, na súa maioría de leite, cacao, azucre ou aceite entregáronse á Fundación Amigos de Galicia, que realiza un gran labor humanitario e que en palabras do seu director, Jesús Busto, presente no acto agradeceu a organización de “iniciativas como esta que axudan e contribúen a un mundo mellor”.

Durante os 90 minutos que durou o desfile puidéronse ver todo tipo de creacións de moda de home, muller, ou neno, ademais de tocados, estética ou xoias realizadas en papel.

Faustino Batallán, vicepresidente de Fervenza da Barosa e portavoz mostrou o seu “agradecimiento aos veciños, que contribuíron a que entre todos poñamos un broche final exitoso do terceiro Nadal Solidario de Barro con este desfile benéfico”.

Ao terminar o desfile unha sesión lounge music patrocinada por Viña Moraima e queixos Pazo de Anzuxao prolongou unhas horas máis devandito evento.

http://pontevedraviva.com/xeral/17491/fervenza-de-barosa-pazo-da-crega-desfile-benefico/

DESFILE BARRO

 

Fervenza da Barosa mantén activa ata 23 de xaneiro a recollida de alimentos para familias de Barro

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A Asociación Cultural Amigos da Fervenza da Barosa aínda non dá por pechada a campaña ‘Nadal Solidario en Barro’, posta en marcha durante o mes de decembro.

Esta iniciativa, que chega á súa terceira edición, seguirá recollendo alimentos non perecedoiros para as familias necesitadas do municipio ata o día 23 de xaneiro.

O obxectivo pasa por superar os 500 quilos de alimentos recadados o pasado ano, e para iso mantéñense habilitados diversos puntos de entrega: os supermercados Día e San Antoniño en Perdecanai, o Froiz de Curro, as igrexas parroquiais de Perdecanai, Valiñas, Agudelo, Portela e Curro, o centro de saúde, o colexio público Amor Ruibal, IES Público de Barro e locais como Casa Oubiña, a de Maruja, a de Rial e Café-Bar Lareira.

Todos os alimetos que se recollan serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Barro.

Como acción de remate da campaña, o dís 23 Fervenza da Barosa organizará un desfile benéfico.

http://pontevedraviva.com/xeral/17164/fervenza-barosa-manten-activa-ata-23-xaneiro-recollida-solidaria-alimentos/

fervenza barro

Dez produtores de cervexa artesá cítanse o día 16 na segunda #BarroCervexaFest

O próximo domingo 16 de novembro o Pazo da Crega, en San Antoniño, acollerá a segunda edición da #BarroCervexaFest, unha mostra das cervexas artesanais que actualmente se están a elaborar en Galicia.

A iniciativa organizada pola Asociación Cultural Amigos da Fervenza da Barosa crece considerablemente con respecto ao pasado ano, no que contou con catro produtores.

Nesta ocasión serán dez as fábricas presentes. Ademais do produtor local, Saramagal, expoñerán os seus produtos Menduiña de Cangas, Dama Alaricana de Allariz, De Lago de Vigo, Cervexa Nós de Mos, Galponbier de Vilanova de Arousa, Suevia de Vilagarcía, Cervexa Meiga de Poio e Cervexa Áncora de Ourense. Tamén acode á cita a fábrica de Sidra Ribela da Estrada.

A oferta complétase coa gastronomía das hamburguesas de vacún galegas Facendo O Agro ‘Galeguesa’.

A #CervexaBarrofest abrirá as súas portas ás 12:00 do mediodía e prolongarase ata as 20:00 horas.

barrocervexafest2014