Barro é un dos municipios que máis diñeiro solicitaron en relación coa súa poboación

Datos do paro no mes de abril en Barro

A Comunidade de Usuarios “Os Vintedous”obteñen unha concesión de caudal de auga

ESTOU NA BANCA ROTA

MOCIÓN referida ao mantemento do servizo de axuda no fogar

Sr. Alcalde:

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do BNG no concello de Barro presenta a seguinte MOCIÓN referida ao mantemento do servizo de axuda no fogar

 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

  1. O goberno do PP na Xunta de Galiza acaba de publicar o decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. No mesmo estabelécese que o Servizo de Axuda no Fogar é un servizo social comunitario básico de carácter público que debe ser garantido polos concellos. Tamén regula o financiamento do conxunto dos  servizos sociais comunitarios e concretamente no que se refire aos gastos derivados da prestación do Servizo de Axuda no Fogar Básico soamente financiará ás corporacións locais de 20.000 ou máis habitantes, onde só financiará ao traballador/a social. Deste xeito, a inmensa maioría dos concellos galegos, que son os que contan con menos de 20.000 habitantes, entre eles o noso, van a ser excluídos das axudas que até o de agora viñan recibindo da administración galega.
  2. As axudas da Xunta aos servizos sociais comunitarios xa foron recortadas os anos 2010 e 2011, especialmente no que se refire ao Servizo de Axuda no Fogar. O Plan de 2011 dispoñía de preto de 24 millóns de euros para as prestacións sociais básicas, servizos sociais comunitarios e plan de desenvolvemento xitano, e o goberno do PP os recortou en 2,4 millóns de euros.
  3. Para este ano 2012, o plan concertado quedou na metade, en 12,4 millóns de euros. As partidas do programa de servizos sociais comunitarios foron eliminadas e o plan de desenvolvemento xitano ten unha partida simbólica de pouco máis de 100.000 euros.
  4. O decreto publicado vén a corroborar que o goberno do PP na Xunta de Galiza se desentende por completo dos servizos sociais comunitarios nos concellos de menos de 20.000 habitantes, en especial do Servizo de Axuda no Fogar Básico, o que obrigará no mellor dos casos aos concellos a financiar estes servizos e aos usuarios e usuarias a pagar máis nas súas aportacións como copago, ou no peor dos casos a que os servizos desaparezan e só se manteñan para as persoas dependentes coa prestación asignada no seu Plan Individual de Atención.
  5. O propio decreto estabelece que as Deputacións terán que prestar axuda económica e técnica aos concellos de menos de 20.000 habitantes. Non obstante, non as obriga con cantidades nin porcentaxes. En cambio obriga aos concellos a aumentar o 20% para os concellos de menos de 20.000 habitantes, o 25% para os de 20.000 até 60.000 e o 33% para os de 60.000 ou máis habitantes.
  6. Compre salientar que o Servizo de Axuda no Fogar Básico ou de libre concorrencia é ao que teñen que recorrer as persoas con problemas de desestruturación familiar, casos de enfermidade aguda tras alta hospitalaria, persoas en situación de dependencia aínda non valoradas, persoas en situación de dependencia valorada e con dereito pero que non teñen o acceso ao Servizo de Axuda no Fogar ou outra prestación asignada (por estar en lista de espera que hoxe en Galiza supera as 27.000 persoas).
  7. O que se pretende con este decreto é trasladarlle aos concellos unha competencia, facer unha descentralización administrativa, pero sen financiamento, onde a Xunta de Galiza abdica das súas competencias para impoñerlle aos Concellos que poñan a disposición da Xunta as dependencias municipais, asumindo todos os custes, a xestión de todos os sistemas informáticos e as horas de traballo do persoal do Concello, para facerse cargo do Servizo de Axuda no Fogar Básico.
  8. A Xunta de Galiza debe asumir as súas competencias e garantir uns servizos sociais comunitarios acorde coas necesidades da poboación. E garantir e xestionar un servizo público básico que debe chegar en igualdade de calidade e dereitos a todos os galegos e galegas independentemente do concello onde vivan, como acontece coa sanidade e co ensino.
  9. Se non se fai así as consecuencias van a ser moi graves. En primeiro lugar para as persoas usuarias do servizo, en segundo lugar para as xa depauperadas arcas municipais e para os traballadores e traballadoras que realizan este servizo xa que perderán o seu emprego, pasando a incrementar a alta taxa de desemprego existente.
  10. O mesmo decreto tamén estabelece unha nova regulación da participación económica das persoas usuarias no custe do Servizo de Axuda no Fogar que incrementa de xeito substancial en case todos os tramos de renda o copago a realizar. Incrementos grandes para as persoas que teñen recoñecidas as prestacións por dependencia e aínda moito maiores para as que sen ter recoñecida as prestación están en grave situación de risco ou vulnerabilidade.
  11. O goberno do PP na Xunta de Galiza ten a obriga de garantir o funcionamento do Sistema Galego de Servizos Sociais e con este decreto lesiona gravemente os dereitos das persoas e pon en grave risco o sistema de servizos sociais.

Por iso, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

ACORDO

Instar á Xunta de Galiza a:

a) Manter o financiamento dos gastos derivados da prestación do Servizo de Axuda no Fogar Básico ás corporacións locais de menos de 20.000 habitantes, así como asegurar un financiamento equivalente ao de anos anteriores aos concellos de máis de 20.000 habitantes.

b) Contribuír economicamente ao mantemento da totalidade dos servizos sociais comunitarios dos concellos.

c) Non incrementar a participación económica das persoas usuarias no custe do Servizo de Axuda no Fogar.

d) Derrogar o decreto e negociar outro no marco da FEGAMP.

Barro a 23 de abril de 2012

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

 

Boletín de ofertas de emprego

A Xunta planea cobrar pola comida nos hospitais

Xuntanza informativa de ACEBA

Este xoves 10 de maio as 21.15 na biblioteca de Barro xuntanza informativa para falar da posible constitución da Asociación de comerciantes e empresarios de Barro, de aí o nome desta páxina ACEBA.Contaremos coa presencia de persoas que xa forman parte de asociacións similares e tamén o presidente de unha asociación.

Promoción do Ximnasio “Punto de Encontro”

Este mes de Maio todo socio ou novo Socio collendo a Oferta de 3 X 6 meses! Un Suadoiro do gym GRATISSS!!!!!!!!

 

Ponteemprego. Boletín semanal de emprego nº 91

O corte da autovía ameaza con colapsar o centro de Mosteiro durante dous meses

Os veciños de Mosteiro, en Meis, están moi preocupados, posto que o corte parcial da Autovía do Salnés que a Xunta de Galicia pretende levar a cabo desde o mércores obrigará a circular polo centro da localidade a miles de condutores cada día. A Consellería de Infraestruturas ten que facer obras no tramo inicial da autovía –o que conecta co nó de Curro–, para o que se vai a cortar o tráfico entre o 2 de maio e o 29 de xuño. Durante todo ese tempo, case dous meses, os vehículos que pretendan incorporarse á Autovía do Salnés desde Curro deberán facelo a través da ligazón desta localidade, situado no punto quilométrico 1,2 desta vía de alta capacidade. Iso significa pasar polo centro do pobo.

Os operarios xa estiveron onte colocando os carteis de sinalización provisional, e é así como os veciños decatáronse dos plans da Xunta de Galicia, posto que o xoves a Consellería enviou un comunicando avisando de desvíos de tráfico entre os puntos quilométricos 0 e 1,2 da autovía (AG-41), pero sen especificar por onde se vai a mandar os automóbiles. Os residentes en Mosteiro están preocupados, posto que nesta época do ano pasan pola autovía máis de 12.000 coches e camións diarios, e suponse que todos eles cruzarán agora as rúas da vila. Mesmo se van a levar a cabo cambios no sentido de circulación, pois a rúa que descende desde a praza ata a avenida de Cambados polo bar Bruxelas será provisionalmente de sentido único de baixada.

O problema pódese agravar os sábados, que é cando se celebra o mercado ambulante no Campo dá Feira, e existe preocupación tanto polo aumento de ruído e o colapso circulatorio en si como pola seguridade viaria de condutores e peóns. Por iso, algúns veciños xa expoñen a necesidade de falar coa Xunta para que modifique os seus plans e non corte do todo o acceso á vía rápida, pois entenden que a circulación podería regularse temporalmente por un só carril.

E é que os residentes en Mosteiro aínda lembran o calvario que pasaron hai uns anos, cando houbo que cortar a vía rápida –aínda non se converteu en autovía– para cambiar os tubos metálicos de drenaxe. O que quere facer a Xunta de Galicia a partir do mércores é executar a obra de conexión entre o macronudo de Curro e a Autovía do Salnés. A administración galega gastará 39 millóns de euros nas obras do nó.

Denunciará ao Concello de Barro ante a sospeita de que crea un vial ilegal

´Petra´ deixa árbores e colectores caídos pero pouco máis

O forte vento e a choiva rexistrada esta madrugada en Galicia deixou árbores caídas e colectores de lixo tirados en diversos puntos, principalmente de zonas costeiras, sen que se produciron danos persoais, informaron a Efe fontes do servizo de Emerxencias.

A borrasca “Petra”, que deixou amplas precipitacións e fortes refachos de vento ao seu paso durante a noite, aínda que xa non ao amencer, afectou a diversos puntos de Galicia, pero a súa intensidade foi máis notoria en zonas costeiras e en puntos altos da xeografía.

Segundo o servizo de Emerxencias, rexistráronse un total de 23 incidencias na provincia da Coruña, 18 na de Pontevedra, 13 na de Lugo e só una na de Ourense.

Entre as localidades nas que se rexistraron maiores problemas, segundo Emerxencias, destacan os municipios coruñeses de Teo ou Arzúa, así como nos pontevedreses de Rodeiro e Pontecesures, ou no lucense de Viveiro.

Na provincia de Pontevedra rexistráronse incidentes nos municipios de Barro, Mos, Valga, Vilagarcía de Arousa, Meis, Vilaboa, Pontecesures, A Estrada, Redondela, Vigo, Baiona, Sanxenxo e Pontevedra, e na de Ourense só o de Melón, indicaron as citadas fontes.

NOTICIAS SOBRE BARRO

NOTICIAS SOBRE BARRO

NOVAS SOBRE BARRO

CONCELLO DE BARRO

AYUNTAMIENTO DE BARRO

BARRO PONTEVEDRA

XORNAL DE BARRO

VOZ DE BARRO

DIARIO DE BARRO

FARO DE BARRO