II Festival da Cerveza Artesanal das Rías Baixas

LUDOTECA DE VERÁN

A LUDOTECA DE VERÁN está pensada e organizada para compaxinar o horario laboral dos país dos alumnos, do Concello de Barro, no periodo vacacional dos seus fillos. Levarase a cabo pola empresa ISA NAVEIRO e será coordinada pola ANPA “Amor Ruibal”.

Data: Do 2 de Xullo ao 31 de Agosto

LUGAR: COMEDOR ESCOLAR CEIP AMOR RUIBAL

HORARIO:

07:30 A 14:00 HORAS    75 EUROS ALL MES POR NENO

09:00 A 14:00      60EUROS AL MES POR NENO

SUBVENCIÓNS: O Concello achegará 10 euros por alumno mes.

PAGOS: Ingreso da cota mensual, nos cinco primeiros días do mes, na conta corrente da empresa ISA NAVEIRO, Novacaixagalicia Banco, código de conta: 2080-5401-56-3000494864.

MATERIAIS: Tódolos materials achegaranse pola empresa adxudicataria da actividade.

REQUISITOS INSCRICIÓN:

-Nenos e nenas do Concello de Barro, desde os 3 aos 12 anos.

-Estar empadroados no Concello de Barro SEIS MESES antes da data de inscrición.

-Rellenar a ficha de inscrición e pago da matricula.

MATRÍCULA: 6 euros (comprende o seguro de accidentes da actividade). Será ingresada na conta corrente de Novacaixagalicia Banco, APA Colegio Público de Barro, código de conta: 2080-5411-22-3040102393.

DATA INSCRICIÓN: 23 DE MAIO AO 15 DE XUÑO.

MÁIS INFORMACIÓN: ANPA DEIP “AMOR RUIBAL”

TELÉFONOS DE CONTACTO ANPA:

-651637611 ISABEL (PRESIDENTA)

-647724335 ANA BELEN (SECRETARIA)

669035042 ANABEL (COORDINADORA DE ACTIVIDADES).

Preescolar na Casa pecha este mes, afrontando unha liquidación de 400.000 euros

A Fundación Preescolar na Casa pechará o próximo 30 de xuño por non contar con recursos económicos para afrontar o soldo dos 32 traballadores o próximo curso, e deberá afrontar unha liquidación de case 400.000 euros.

A presidenta da Fundación, Mari Sol Fernández, asegurou en declaracións a Efe que “non temos diñeiro, estamos nun ERE e non podemos liquidar á xente con diñeiro de subvencións. Temos recursos propios de algo máis de 100.000 euros que usaremos para pagar unhas liquidacións que ascenden a case 400.000 euros”.

Por iso, prevé que o Fondo de Garantía Social achegue os case 300.000 euros necesarios para completar o proceso.

A pesar de que “quixemos deixar unha porta aberta con poucos traballadores no suposto de obter subvencións”, foi unha posibilidade refugada polo administrador concursal que xestiona a Fundación desde que se presentou fai un par de semanas o concurso de acredores.

“Isto é terrible, non me doe que desapareza Preescolar na Casa, dóeme que desapareza o traballo que facía, e vexo que as Administracións non son conscientes da súa necesidade. Se se pon a facelo, as miñas bágoas deixarán de caer”, lamentou Fernández.

Este programa creado no ano 1977 responde os requisitos de calidade establecidos pola Unión Europea para a mellora da educación en bebés de 0 a 3 anos e as súas familias, segundo recoñeceu a presidenta da Fundación, “non creo na igualdade de oportunidades, hai que dar xente oportunidades para a igualdade”.

Preme aqui para ver mais novas de prescolar na casa no Concello de Barro

https://noticiasbarro.wordpress.com/?s=preescolar

MOSTRA DE VOLUNTARIADO

O paro baixa un 0.95% durante Maio en Barro

A Brilat inicia o luns unha “peregrinación” por patrullas dende Tui a Compostela as cales veremos pasar por Barro

Unha decena de equipos dos tres exércitos e policiais disputarán o Concurso de Patrullas Tui-Santiago para fomentar a cohesión e reforzar a identidade colectiva das Forzas Lixeiras, dar a coñecer a Brilat facendo unha exhibición de resistencia física e habilidades militares e contribuír a poñer no mapa o Camiño Portugués a Compostela. Con este triplo obxectivo a Brigada de Infantaría Lixeira (Brilat) “Galicia” VII organiza a undécima edición do Concurso de Patrullas Tui-Santiago e que se enmarca no programa de actividades conmemorativas do Aniversario da Brilat.
O concurso de patrullas reunirá, segundo as previsións da Brilat, entre dez e doce equipos dos tres exércitos e de distintos corpos policiais que disputarán as probas co obxectivo de alcanzar senón superar o récord do Batallón de Zapadores que o pasado ano cubriu a ruta en menos de 30 horas.
Os participantes teñen 48 horas de marxe para cubrir os 120 quilómetros que separan a localidade fronteiriza de Tui e Compostela e superar ata oito probas puntuables: lanzamento de granadas, percorrido topográfico, tiro de precisión con fusil, pista de aplicación, paso con medios de circunstancias no río Umia, percorrido cronometrado e paso a nado do río Ulla.
Os militares estarán localizados en todo momento vía satélite, cun dispositivo de alta tecnoloxía de recente incorporación ás Forzas Armadas.

O BNG DENUNCIA QUE PP E PSOE APROBAN UN CATASTRAZO EN BARRO

Barro, 29 de maio de 2012. Co único fin de cargar sobre as economías familiares a mala situación económica do Concello, oPP, coa colaboración do PSOE, veñen de aprobar unha revisión do catastro que vai a supor unha suba brutal da contribución para os veciños e veciñas de Barro.

Unha suba que significa triplicar a recadación por este imposto. A revisión non supón un incremento significativo no número de vivendas e, polo tanto, este incremento na recadación vén dado por unha suba abusiva nos recibos, o que é unha verdadeira extorsión ás familias de Barro.

Esta suba vaise sumar ademais á aprobada polo goberno central do PP, que para os recibos do 2012 supón un incremento do 10%.

Unha suba que non se vai producir só para o ano 2013, senón tamén para os vindeiros seis anos até chegar ao máximo do incremento.

O desmedido afán recadatorio do goberno municipal, co apoio do PSOE, queda de manifesto nas construcións existentes en solo rústico. Neste caso a recomendación da xerencia do catastro era aplicar o mínimo coeficiente de pago (0,50), pero o acordo adoptado polo PP e PSOE foi de cobrar o máximo permitido (1), é dicir o dobre do proposto pola xerencia do catastro.

O atraco que isto supón para os veciños é brutal, pois a previsión é de incrementar máis de 300.000 a recadación. Cartos que van saír do peto da xente.Vai haber casos nos que vivendas pequenas que pagan uns 50 euros/ano van pasar a pagar uns 300.

O BNG considera que non se pode facer recaer nas economías familiares a mala xestión económica das Administracións, pois as familias xa están sufrindo día a día os efectos da crise económica que estamos a padecer.

En plena campaña electoral para a reelección, o alcalde prometeu por carta a todos os veciños e veciñas que non os “ía fritir a impostos”. Levamos un ano e, dende aquela, xa tivemos fai seis meses a primeira suba do lixo e do imposto de circulación, ao que se lle engade agora a suba da contribución, que o único que busca é tapar a incapacidade para gobernar do PP.

Despois de 29 anos gobernando o Concello, o PP foi incapaz de aproveitar os momentos de bonanza económica para dotar a Barro dos servizos básicos, e agora carga nos petos dos veciños a súa ineficacia.

Un alcalde que mentíu aos veciños e veciñas para gañar unhas eleccións, e que se ve sobrepasado pola situación que estamos a vivir. está inhabilitado para seguir gobernando o noso concello.

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

https://noticiasbarro.wordpress.com/2011/05/12/promesas-de-landin-para-os-proximos-4-anos/

XXXIII FESTA DO VIÑO

PERCORRIDO EN BICICLETA POLO “CAMIÑO VERDE”

OMIX. Acompañanos o día 9 de xuño no percorrido en bicicleta polo “Camiño verde” no Concello de Barro. Sairemos dende a explanada da escola obradoiro e percorreremos varias parroquias ata chegar a San Breixo, onde pararemos a tomar un descansiño e otra vez de volta. Inscribidevos na OMIX de Barro ou chamando ao 986714806.

REUNION ACEBA (Asociacion de Comerciantes e Empresarios de Barro)

TEMAS A TRATAR

 1 – CONSTITUCIÓN DA  ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE BARRO.

 2 – PROPOSTA DE ACTIVIDADES, CAMPAÑAS DE COMERCIO, ETC.

 ESTA REUNIÓN ESTÁ DIRIXIDA A TODOS OS EMPRESARIOS DE BARRO. HOSTELERIA, COMERCIOS, EMPRESAS E AUTÓNOMOS EN XERAL.

 MARTES 22 MAIO  AS 21.30  NA BIBLIOTECA DE BARRO.

NESTA XUNTANZA CONTAREMOS COA PRESENCIA DE RAFAEL GARCIA REPRESENTANTE DA CENTRO COMERCIAL ABERTO DE CALDAS.

RESUMEN DA XUNTANZA DO DÍA 10 DE MAIO.

NA XUNTANZA CELEBRADA O DIA 10 DE MAIO ACORDAMOS VOLVER A XUNTARNOS. TODOS OS QUE ALI ESTABAMOS DECIDIMOS CONVIDAR A POLO MENOS UN EMPRESARIO MAIS CADA UN, TAMEN SE DECIDIU POÑER CARTEIS E AISMESMO PEDIR A PRESENCIA  DOS REPRESENTANTES POLITICOS DO CONCELLO. FALOUSE DE PROPOÑER FACER ALGUNHA CAMPAÑA INICIAL, PERO SOBRE TODO DESPOIS DE UNHA REUNION CON APROXIMADAMENTE UNS 15 COMERCIANTES, A MAIORIA DO SAN ANTONIÑO, AINDA QUE TAMEN DOUTRAS PARROQUIAS, O AMBIENTE FOI CORDIAL, E CON GANAS DE FACER ALGO QUE EN BARRO CREEN QUE E NECESARIO.

Pontevedra, a cidade galega con menos bens da Igrexa con 42 inmobles taxados en 4,3 millóns

As posesións inmobiliarias da Igrexa no municipio de Pontevedra son 42, taxadas pola Dirección Xeral do Catastro en menos de 4,3 millóns de euros, o que sitúa á capital do Lérez como a cidade de Galicia con menos patrimonio eclesiástico, moi lonxe das 111 posesións catalogadas polo Catastro en Vigo e Lugo ou as 76 de Santiago. De feito, Pontevedra aparece mesmo por detrás, en valoración, de municipios como Sada e Mondoñedo. Todos estes bens están exentos do pagamento do Imposto de Bens Inmobles (IBI), ao igual que sucede cos edificios dalgunhas ONG, os sanitarios, montes comunais e centros docentes.
Varios municipios españois, entre eles Zaragoza, Zamora, Palencia ou Salamanca, anunciaron a súa intención de estudar o posible cobramento deste imposto á Igrexa, malia que o goberno central xa avanzou que non modificará o acordo coa Santa Sé asinado en 1979 e que formaliza esa exención. O goberno local pontevedrés xa descartou por completo esa posibilidade ao entender que “a lexislación o impide de calquera xeito”. O concelleiro de Facenda, Raimundo González Carballo, admitiu que o asunto ” chegou a sopesarse tras coñecer as intencións doutros concellos”, pero “é imposible de aplicarse. O edil sinala que “exploramos todas as vías que permitan incrementar os ingresos municipais” e pon como exemplo ordenanzas novidosas, como as que gravan aos bancos por ter caixeiros autonómicos na rúa ou ás empresas de telefonía móbil polo uso de espazo radioeléctrico local. Non obstante, no caso da Igrexa, non haberá cambios.

O patrimonio relixioso en Pontevedra inclúe “xoias” como a basílica de Santa María, o convento de San Francisco, o Mosteiro de Lérez ou o complexo das Clarisas, todos eles bens protexidos, ademais de numerosas igrexas parroquiais e reitorais. Non obstante, boa parte das demais cidades contan con sedes catedralicias, que elevan o valor catastral.
Nos 14 municipios da bisbarra, o número de inmobles contabilizados polo Catastro é de 268, o que supón o 20% do total (máis de 1.350). Non obstante, o seu valor catastral, de pouco máis de 17 millóns de euros en conxunto só significa o 16% dos 105,3 millóns de toda a provincia. ao respecto, cabe destacar que só en Vigo en patrimonio relixioso está valorado en 46 millóns de euros, dez veces máis que en Pontevedra. Iso si, a cidade do Lérez é a segunda da provincia, pero moi lonxe non só de Vigo senón tamén de Lugo (111 inmobles por 27,5 millóns), Ourense (78, valorados en case 42 millóns) Santiago (76, por 92 millóns), A Coruña (65, por 20,8) e Ferrol (52, por 9,1 millóns).
Sanxenxo é o segundo municipio da bisbarra con máis alta valoración (tres millóns para os seus 22 edificios), mentres que en Poio se chega a 2,2 millóns e en Marín se superan lixeiramente os dous millóns de euros. Menos de 200.000 euros acumula o patrimonio relixioso en Barro, Campo Lameiro e Portas.
Non existe ningunha estimación aproximada do que supoñería para as entidades locais que a Igrexa tributase polos 7.644 inmobles que segundo a Dirección Xeral do Catastro constan ao seu nome en toda Galicia cun valor estimado de 469,2 millóns de euros que se reparten do seguinte xeito por provincias: A Coruña €205 millones€, Pontevedra €105€, Lugo €92€ e Ourense €66€.

A exención do IBI baséase nos Acordos Económicos entre o Estado español e a Santa Sé do ano 1979 e figuran en Lei de Mecenado 49/2002 que o Ministerio de Xustiza descartou modificar. O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, referiuse a este asunto hai uns días asegurando que a non obrigatoriedade á que se acolle a Igrexa “non” é ningún privilexio”, pois da normativa estatal tamén se benefician edificios públicos, os inmobles doutras confesións relixiosas, os pertencentes a gobernos estranxeiros, a Cruz Vermella, colexios concertados ou os terreos ocupados polas liñas de ferrocarrís. Advertiu ademais que revogar o acordo afectaría á axuda que prestan a entidades como Cáritas.

Un valor catastral medio de 102.000 euros por edificio
O prezo medio de cada ben na cidade sitúase en 102.000 euros, por debaixo dos 205.000 que se alcanzan en Poio, con só 11 bens, pero onde a presenza do Mosteiro de San Juan eleva a taxa. Ademais, son rechamantes os datos da Lama, un dos municipios menos poboados da bisbarra pero onde o Catastro contabiliza o censo máis alto dos 14 municipios do ámbito de Pontevedra, con 44 inmobles, máis que na capital e o dobre, por exemplo, que Sanxenxo. Cotobade conta con 27 inmobles e ponte Caldelas con 24, mentres que Marín ten 21. Campo Lameiro e Vilaboa pechan a lista con cinco inmobles en cada caso.

Detida unha persoa por un incendio forestal en Barro

EUROPA PRESS. A Policía Autonómica ten detido a un veciño de Barro (Pontevedra) como presunto autor dun incendio forestal e a outras tres persoas por outro lume rexistrado no municipio coruñés de Oza dous Ríos.

Segundo informa a Consellería de Presidencia, foi imputado un veciño de Barro como presunto autor dun incendio forestal acontecido o pasado 11 de maio no lugar de Parada, na parroquia deSan Mamed dá Portela.

As chamas producíronse a causa dun escape de queima para o cal “non” se observaron as medidas de seguridade preceptivas” e afectaron a unha superficie de 4.000 metros cadrados de arboredo e 1.200 de raso.

Por outra parte, os axentes da Xefatura da Coruña imputaron a tres cidadáns como presuntos autores dun incendio forestal acontecido o día 10 no lugar de Bandoxa, na parroquia de San Martiño, en Ozadous Ríos.

O lume afectou a unha superficie aproximada de 160 metros cadrados de monte raso e 30 de arboredo, provocado, segundo as mesmas fontes, “pola realización neglixente dunha queima”, na que “non” se tomaron as medidas de seguridade preceptivas” e que se viu favorecida polas adversas condicións climatolóxicas da zona.

Para a extinción de ambos os dous lumes, segundo sinala a Policía Autonómica, foron necesarios os labores do Servizo de Extinción de Incendios de Galicia, cuxa “rápida actuación”, segundo resalta aXunta, “impediu que ardese máis superficie”.

A Policía Autonómica xa detivo 80 persoas no que vai de ano por delitos relacionados cos incendios forestais na Comunidade galega.

Saramagal desembarca en New York

Hai tres meses púxose en contacto connosco unha distribuidora norteamericana de produtos españois, interesándose polos nosos produtos. Nunha viaxe de traballo por España viñeron a coñecer a nosa microcervexaría, os nosos procesos produtivos e a “catar” as nosas cervexas artesanais. Tras a súa visita decidiron apostar por nós e polo noso proxecto. Por iso énos moi grato comunicarvos que SARAMAGAL comezará en breve a ser comercilizada en Restaurantes e Cervexarías de New York, New Jersey e Conneticut! (o primeiro pedido xa está a cruzar o Atlántico).

En tempos de crise, noticias así dan alento a unha sociedade adormecida e entristecida. Hoxe, 6 anos despois do noso nacemento, cremos que esta é unha magnífica noticia para o sector da cervexa artesanal española en xeral e para nós, SARAMAGAL, en particular e por iso queremos compartila con todos eles.

“Saramagal. Unha tarde, dous amigos, unha idea, un sono.

Hoxe saboreades a nosa idea, bebedes o noso sono”

Mais noticias sobre saramagal : https://noticiasbarro.wordpress.com/?s=saramagal

LETRAS GALEGAS 2012

RUTAS BTT NO CONCELLO DE BARRO