Ramón Mourente Castro naceu o 26 de setembro de 1907 en Santa María de Perdecanai, onde transcorre a súa infancia. Ós dezaséis trasladouse a Bos Aires, onde traballou en diversas ocupacións, con preferencia na rama gastronómica, e estudiou en varios centros porteños.
Traballador incansable, emprendedor tesonero, pronto investiu os seus primeiros aforros nun negocio; así independizouse e comezou a actuar por conta propia.
Contraeu matrimonio con Adelina Suárez Lasserre e deste matrimonio naceu a súa única filla, Beatriz Alicia.
Simultáneamente co seu quefacer comercial, iniciouse como corredor e martillero público en cómpra-venda de negocios. Grazas á súa rectitude e probada seriedade, foi obtendo éxito tras éxito, de xeito que se colocou entre os representantes máis notables da colectividade española na Arxentina. Presidiu a Asociación de Balanceadores e Martilleros Públicos; a Asociación Casa de Galicia; o Centro Galego de Bos Aires e a Federación de Sociedades Españolas da República Arxentina. Integrou comisións directivas de distintas institucións e foi vicepresidente do Club Deportivo Español de Bos Aires.
No eido cultural, creou diversos premios que distribuíu o Centro Galego, e en 1960 fundou o semanario español Faro de España. A súa recoñecida rectitude e a súa solvencia económica e financeira levárono a participar en múltiples empresas.
Foi presidente de Mourente e Cía, S. A.; Occidente Compañía de Seguros S.A; Lyons S.A; Editora Faro, S.A.; Vivendas Cenit Arxentino S.A; Banco Español do Río da Prata S.A; Papelera Mar de Prata S.A., entre outras.
prensa-galega-da-arxentina-19351964–17

