NOTA DE PRENSA COMUNEROS DE A PORTELA

COMUNIDADE DE MONTES DA PORTELA

comunidad portela 1

comunidad portela 2

O FMI propón reducir os soldos en España un 10%

fmi

«A montaxe de escenarios vixíase só tras unha desgraza»

 
diario_pontevedra.750
Como se decatou de que “Amigos de Pontevedra” concedíalle un dos seus premios?
Chamáronme cando estaba na miña oficina, en Barro, e tomando un café, os directivos dixéronme que pensaran en min e que si aceptaba o premio. Contestei que estaría encantado, sen dubidalo, porque é un premio que non ten unha simboloxía política e que me gustará recibir. De feito eu xa coñecía a asociación porque llo deron tamén a un socio meu, Luís López Basalo. É unha persoa moi próxima a min porque, xunto con outros socios, levamos A Lúa, que xa é máis un sitio social que unha discoteca. É curioso que veña tanto a xente maior como a máis nova, a partir das 22.00 ou 23.00 horas. Sobre todo acode a xente que está na hostelería e que non traballa os luns. É a que aguanta alí porque ¡os domingos pechamos tardísimo!

Neste momento atópase inmerso na montaxe das festas da Peregrina, atopará tempo para acudir á comida?

Irei á comida o sábado, si chego alí [risas]. Temos un caos porque estamos na Coruña, en Riazor, co Festival do Noroeste Pop Rock. Tamén estamos no Marisquiño, outro festival que hai en Vigo, e aquí en Pontevedra empezan as festas con Mago de Oz. Dáte conta de que é unha empresa de carácter familiar, aínda que agora no verán collemos moitos empregados. Como teño unha delegación en Madrid e outra en Canarias chegamos a ser 60 ou 70. Agora somos 14. Están os meus fillos, os meus irmáns… o que facemos é traballo directo con persoas.

Como comezou a montar escenarios para concertos?
Empecei no hotel Universo, que tiña unha discoteca. Alí púxenme cos discos, a reparar e montar iluminación, a poñer o son. Despois comecei a montar discotecas e a manexar aos artistas. Tiven un parón cando fun á mili, pero cando volvín seguín coas discotecas porque era o “boom”, nos anos 70 e 80.

Tamén traballou no estranxeiro. Como xurdiu esa oportunidade?

Tiven sorte, ou ben foi porque traballaba moito, porque cando estás en todos os sitios é cando che saen oportunidades. A min chamábanme de Madrid cando estaba en Pontevedra e mandábanme a Bos Aires. En gran parte puiden facelo grazas á axuda dos meus irmáns, e agora a dos meus fillos e o meu sobrino. Unha parte do éxito é conseguir que che entendan, primeiro a túa familia e logo os teus empregados porque pasas moitas horas coas montaxes, ata as 4.00 ou 5.00 da mañá con montaxes e ao día seguinte preparando as facturas. O caso é que nos iamos logo de Reis, no mes de xaneiro, para o festival de Viña do Mar, en Chile. Despois o que faciamos era aproveitar a volta para traballar nos Carnavales e as festas en Perú, Arxentina, Ecuador, Colombia, República Dominicana, Venezuela… ata que empezaba o verán en España.

En que cambiou o seu sector desde entón?

Baixou muítisimo a produción porque dependemos moito dos organismos. Nós facemos moitas cousas para a TVG: Luar, os especiais, a Festa do Cocido de Lalín, os premios de gastronomía, os premios Mestre Mateo, os premios María Casares… todas as montaxes dependen de subvencións da Xunta e iso está parado. O mesmo pasa en Canarias. Antes o cabildo canario e o Goberno da Comunidade pagaban para facer os Carnavales e facturábamos entre 300.000 e 400.000 euros. A montaxe agora é máis ou menos igual, porque por razóns de seguridade non podes reducir moito, e páganche 100.000, porque só faise cargo o consorcio do Carnaval. Antes facíanse montaxes grandes e espectaculares e agora facemos o que podemos: traballo igual pero cobrando menos. O tipo de negocio que eu teño proliferou porque houbo demasiada “alegría” cos créditos bancarios. Podes ser moi bo técnico, que si che falta a parte de administración… Coas discotecas pasou o mesmo, nos 80 empezaron a meterse os DJ como empresarios, e moitas se foron ao garete.
Que papel xoga a Administración?
O problema é que as empresas somos máis rápidas que a Administración. Esta vai moi lenta, e cando quere encaixar xa pasa o que pasa hoxe, con tanta xente que che quere pagar en negro. Iso ocorre porque non se vixía. Só cando hai accidentes e tras unha desgraza empézase a vixiar toda a mecánica… durante dous ou tres meses, ata que se volven a aletargar.
Cal é a súa opinión sobre o programa de festas de Pontevedra?
Este Concello é quizá o que mellor nos paga e o que mellor nos trata, e ten unhas festas acorde aos orzamentos e a artistas de nivel. Pontevedra é unha cidade que permite vivir cómodo, pero notouse que a xente vaise máis cedo a casa. Noutras épocas había máis poboación flotante, agora os representantes quédanse máis na zona de Vigo ou Santiago. En xeral nótase que hai menos xente nos festivales, ata si son gratis, porque os pontevedreses non saen a gastar, e iso é o que o Goberno debería reanimar. Tiven sorte ou foi porque traballaba moito. Cando estás en todos os sitios é cando che saen oportunidades» A Administración vai moi lenta, e cando quere encaixar xa pasa o que pasa, con tanta xente que quere pagar en negro»
EMILIO SACARRERA

PLENOS DO CONCELLO

PLENOS DO CONCELLO: 2013

PLENOS DO CONCELLO: 2012

PLENOS DO CONCELLO: 2011

concellobarro

Novas ofertas de emprego

4 Colaboradores comerciais. Santa Lucía. Pontevedra. 05/08/13

4 Colaboradores comerciais. Santa Lucía. Santiago. 05/08/13

15 Promotores comerciais para banco. AXIS Talento Ejecutivo. Vigo. 05/08/13

15 Promotores comerciais para banco. AXIS Talento Ejecutivo. A Coruña e Santiago. 05/08/13

Comercial produtos de limpeza. Santiago. 04/08/13

7 postos de atención ao público. Big Jump Solutions. A Coruña. 04/08/13

5 postos en departamentos de ventas. Vicus MKT. Vigo. 02/08/13

10 pranchadores/as. Solempleo. Arteixo. 02/08/13

15 Captadores de socios a media xornada. ACNUR. Pontevedra. 02/08/13

15 Captadores de socios a media xornada. ACNUR. Santiago.02/08/13

Xestor de punto de venta. M.P.M Reunidos. A Coruña. 02/08/13

50 Teleoperadores/as. Unisono. Vigo. 02/08/13

Comercial de formación. Eurovendex. A Coruña. 02/08/13

10 Captadores/as de socios. OCU. A Coruña. 02/08/13

10 Captadores/as de socios. OCU. Santiago. 02/08/13

4 Asesores/as financeiros. Gonzalo Anido Herranz. Carballo. 02/08/13

Responsable de sistemas. Ray Human Capital. A Coruña. 02/08/13

Técnico de concursos públicos. Q Talento. Vigo. 02/08/13

2 Administradores/as de bases de datos. Zemsania. Vigo. 02/08/13

Enxeñeiro/a de telecomunicacións. Santiago. Televes. Santiago. 02/08/13

2 Administradores/as de sistemas. Zemsania. Vigo. 02/08/13

Vendedor/a. Women Secret Tiendas. Vilagarcía. 02/08/13

falta emprego

A REVISTA BAROSA EN PDF

barosa

A REVISTA BAROSA EN PDF

Nº 2 ANO 1990revistabarosanº2

BAROSA2

Nº 5 ANO 1997 revistabarosa5

BAROSA5

DATOS DA MEMORIA ESQUECIDA.BARRO

ARTIGO DE ADOLFO GAGO, PUBLICADO NO Nº5 DA REVISTA BAROSA NO ANO 2002

img099

 img100

l TORNEO BIBERÓNS. Horarios do torneo SOLIDARIO.

Remitimos os horarios dos nosos partidos.
EQUIPOS GRUPO A –
SALCEDO A – CALDAS-POIO 

EQUIPOS GRUPO B-
SALCEDO B-VERDUGO-BARRO
grupo B
9.30   Salcedo b – verdugo .
9.55   Barro-perdedor anterior.
10.20 Barro-Ganador 1º partido.
penaltis despois de cada partido.
grupo A
10.45 Salcedo A -Caldas .
11.10 Poio-perdedor Anterior.
11.35 Poio- ganador 1º partido.
penaltis despois de cada partido.

12.00 semifinal 1º grupo B – 2º grupo A
12.25 semifinal 1 ºgrupo A- 2º grupo B

13.00 h. Terceiro e cuarto posto
13.25 h. Final
Sobre as 14.00 h. Entrega trofeos e medallas.
Esperámosvos  cunha enorme colchonetaaa para todos os rapacees que queiran
-tema trofeos entregaranse o remate excepto os dous clubs que queden eliminados que se lle poderán entregar o remate das eliminatorias de grupos sobre as 12.00 h.(como eles queiran)
-haberá un pequeno bocata para cada neno e una botella de auga.

Nota. no cartel que vos envíamos van uns locales colaboradores de Hostelería, se queredes encargar algo alí decille que sodes do torneo biberón , para que vos fagan un menú concertado.

Algunas indicación para chegar dende Pontevedra.
REF. ABUELO PINTOS OU  MUEBLES MAGARIÑOS A CEN METROS  DESTOS LOCALES APROX. HAI UN CAMBIO DE RASANTE, CON UNHA ENTRADA PARA ESQUERDA POLA QUE TEDES QUE COLLER POR UNHA CARRETERA LOCAL SEGUINDO POR ELA TODO PARA ARRIBA UN KILOMETRO E MEDIO, E XA ATOPADES UN GRAN PARQUE TODO PECHADO CON REDE VERDE, E XA CHEGASTES……..
CALQUERA DUBIDA AVISADENOS E TEREMOS UN VOLUNTARIO PARA GUIARVOS.
Para os que veñen de Caldas a ref. é a igrexa de Curro, tedes que coller nesa rotonda de frente hacia arriba, como kilometro e medio, se vos fixades para o alto , vos dades  conta que é fácil chegar, senon o mesmo chamadesnos e teremos un voluntario que vos irá a buscar.

Calquera dúbida.

Saúdos a todos e grazas outra vez por participar.

Jose Sanmartín 605479388

p.d-No caso de moi mal tempo se suspendería e o xogariamos outro día.

ORGANIZACION

biberon

Rajoy Brey e Rueda Crespo no Concello de Barro

ANO1986. Seguindo as súas visitas aos diferentes municipios da provincia, Mariano Rajoy Brey, candidato número un ao Congreso dos Deputados por Coalición Popular, ao que acompañaba José Antonio Rueda Crespo, candidato ao Senado, polo mesmo grupo, visitaron onte do Concello de Barro. Alí foron recibidos polo alcalde, Landín Eirín, visitando posteriormente as obras ao Pavillón de Deportes e Casa Consistorial.

rajoy

Programa da XXXIV Festa do Viño de Barro

festadoviño

A Deputación entrega lotes de libros a 124 bibliotecas da provincia

la voz

A Deputación pontevedresa acaba de facer entrega dun lote de publicacións con 40biblioteca barro títulos a un total de 124 bibliotecas da provincia, a fin de completar as súas coleccións literarias. Trátase de obras cunha temática variada e, entre outras, inclúense «Escritos sobre Velázquez»; «Goya no Museo de Pontevedra»; «As nosas raíces. Pontevedra e Chamoso Lamas»; «Cabargolas e vos artistas galegos do seu tempo»; «Os Granell de André Breton»; «María Victoria de la Fuente. Muller e arte»; «Retratos de Valle-Inclán» ou diferentes publicacións con Castelao como protagonista.

Na comarca, os concellos que recibiron os lotes para as súas bibliotecas foron os de Barro, Bueu, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cotobade, Cuntis, A Lama, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Portas e Sanxenxo.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2013/05/30/diputacion-entrega-lotes-libros-124-bibliotecas-provincia/00031369932173211143319.htm?idioma=galego

Expulsan ao portavoz dos afectados polas preferentes e subordinadas do Umia do Congreso dos Deputados

Esta tarde expulsaron ao portavoz dos afectados polas preferentes e subordinadas do Umia do Congreso dos Deputados e posteriormente foi entrevistado por “La Sexta”.

A plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Umia tivo hoxe representación no Congreso dos Deputados en Madrid, onde se debateu a proposición de Lei do BNG que pretendía rexeitar a quita nos aforros dos afectados por estes productos financeiros.
Alberto Pereira foi expulsado canda os demais afectados galegos que acudiron ao pleno unha vez que o PP votou en contra da iniciativa (e por tanto perseverou na súa actitude de quitarlle os aforros aos estafados), e posteriormente entrevistado polos xornalista de “La Sexta”. Aquí vos deixamos o vídeo. — en Congreso dos Deputados, Madrid.

SEXTA PREFERENTES

Medalla de bronce no Vinis Terrae 2013 para Moraima

https://www.facebook.com/AdegaMoraima

MORAIMA

O alcalde de Barro asegura que negocia construír un novo colexio no municipio

colexio

IMAXES DE BARRO

imaxes de barro