O BNG leva ao Parlamento o soterramento do tráfico no nó pequeno de Curro

Carme da Silva leva ao Parlamento a demanda política e veciñal de soterrar o tráfico no nó pequeno de Curro, para dar seguridade a veciños e tráfico, xa que se trata dun dos puntos máis perigosos da estrada debido a elevada intensidade de tránsito tanto de peóns como de vehículos.

Na Proposición Non de Lei presentada por Carme da Silva lémbrase que o actual proxecto, aprobado e pendente de execución, foi froito de combinar as solucións técnicas coa negociación cos representantes políticos e veciñais para acadar a solución máis segura. Neste proxecto soterrábase o tránsito de paso, deixando unha rotonda a nivel, tanto para a circulación do tráfico local como, sobre todo, para que as persoas que, en grande número, se moven a pé neste entorno poidan facelo con total seguridade.

A deputada nacionalista agarda que “a seriedade e rigor que debe rexer as actuacións do goberno faga que se execute, canto antes, a obra tal e cmo está prevista e orzamentada, sen introducir modificacións substanciais a respecto do proxecto pactado coas forzas políticas e sociais de Barro

Imputan a cinco persoas varios roubos cometidos en Barro

Cinco persoas  foron postas a disposición xudicial como sospeitosas de cometer varios roubos no municipio de Barro en marzo e setembro deste ano.

Nun comunicado oficial, a Garda Civil sinalou onte que axentes do destacamento de Vilagarcía de Arousa procederon o pasado venres, ás 11 horas, á imputación de cinco acodes, unha delas menor de idade, como presuntos autores dos feitos delituosos mencionados. As dilixencias instrúeas o Xulgado de Instrución número dous de Caldas de Reis, que é quen seguirá o caso.

Segundo explicaron fontes da Garda Civil, os imputados son todos homes e bastante novos. Un dos sospeitosos é veciño de Poio e ten 25 anos, respondendo ás siglas S.????G.???B. Así mesmo, tamén se procedeu a acusar dos mesmos cargos de roubo a un veciño de Pontevedra, J.???M.???J.???M., de 32 anos de idade.

Os restantes integrantes do que se cre que é un grupo de ladróns son J.???G.???A., de 22 anos, R.???G.???R, da mesma idade que o anterior, e un adolescente. Todos eles veciños do municipio de Barro.

O primeiro dos feitos delituosos obxecto das pesquisas das forzas da orde tivo lugar o 22 de marzo deste ano. Tratouse da tentativa de roubo dun quad no garaje dunha vivenda en Barro.

O segundo foi o roubo de dous rebarbadoras marcha Bosch e máis de douscentos litros de gasoil nun aserradero de pedra tamén de Barro. Ocorreu o pasado 1 de setembro.

Para rematar, nove días máis tarde, tívose coñecemento do roubo dunha máquina de lavar a presión e o hurto de máis duns 150 litros de gasoil noutro aserradero de pedra no mesmo municipio.

NOTICIAS SOBRE BARRO

NOTICIAS SOBRE BARRO

NOVAS SOBRE BARRO

CONCELLO DE BARRO

AYUNTAMIENTO DE BARRO

BARRO PONTEVEDRA

XORNAL DE BARRO

VOZ DE BARRO

DIARIO DE BARRO

FARO DE BARRO