O viveiro de empresas de Barro-Meis albergará a 16 emprendedores dende finais do verán

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O viveiro de empresas que se está a construír no polígono industrial Barro-Meis terá estrutura modular e capacidade para acoller 16 novos emprendedores. As obras estarán rematada a finais do verán e pasada a época estival poderán xa sacarse a concurso as prazas e empezar a funcionar.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, deu a coñecer este luns os detalles do proxecto no marco dunha visita ás obras na que o acompañaron o presidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía, Miguel Falcón, e o alcalde de Barro, José Antonio Landín. Ambas as dúas institucións están implicadas na xestión do proxecto, pois o viveiro situase en terreos do termo municipal de Barro e a Cámara encargarase de seleccionar os novos emprendedores que utilizarán as instalacións.

Louzán destacou que as obras, que se financian con fondos europeos, se completarán cun centro de apoio empresarial que se construirá na parcela contigua e estará rematado ao longo deste ano 2015. Ambos os dous proxectos teñen un presuposto conxunto de preto de 2,5 millóns de euros.

As empresas que se asenten no viveiro recibirán formación e a Deputación e o Incyde prestaranlles determinados servizos adaptados ás súas necesidades concretas. As empresas instalaranse gratis os dous primeiros anos, soportando só os gastos xerais de mantemento das instalacións. O proxecto facilitará o traballo dos emprendedores, dándolle espazos e servizos axeitados para a posta en marcha das súas iniciativas, e servirá tamén de punto de partida para unha estratexia de impulso do emprendemento e promoción económica en toda a provincia.

O viveiro e o propio polígono converteranse, a xuízo de Louzán, no “motor económico” tanto do Concello de Barro coma das comarcas de Pontevedra, Umia e O Salnés. Como exemplo da vitalidade do proxecto, o alcalde de Barro indicou que na actualidade xa hai sete empresas asentadas na zona ou en proceso de instalación que ocupan arredor do 45% do chan dispoñible.

A empresa máis relevante das que se asentarán en Barro-Meis será o Grupo Froiz, que ocupará 20.000 metros cadrados. Louzán e Landín indicaron que a empresa está aínda pendente dun último trámite administrativo para poder empezar as obras. Trátase dunha modificación puntual do proxecto para poder facer unha permuta na cualificación urbanística dunha das parcelas incluídas dentro dos terreos adquiridos por Froiz, de modo que permita cambiar a situación dunha zona de aparcadoiros por outra. Prevén que en dous ou tres meses estea concluído.

http://pontevedraviva.com/xeral/18983/vivero-empresas-barro-meis-albergara-16-emprendedores-verano/

LANDIN LOUZAN

 

Alegan contra as obras da rede eléctrica de Barro-Meis ao afectar ao Camiño Portugués

PORTADA faro-de-vigo

O inicio das obras para instalar unha rede eléctrica de alta tensión para abastecer ao polígono de Barro-Meis puxo en alerta aos veciños de Valbón (Barro), que acaban de formular alegacións contra estes traballos por realizarse sobre o trazado do Camiño Portugués, provocar danos nas súas traídas veciñais de auga e dificultar o tránsito pola zona “cando existen alternativas para a súa instalación”, segundo púxose de manifesto nunha asemblea urxente por mor da chegada dos traballos ao barrio.

Os veciños quéixanse de que non se busque outro trazado “cando hai posibilidades de facelo” e tamén lamentan a falta de información sobre o proxecto, que estivo exposto ao público ata o pasado sábado sen que fose comunicado aos veciños, que se decataron apenas dous días antes de finalizar ese prazo.

Os afectados din que non se opoñen á subministración eléctrica para Barro-Meis, dada a importancia económica do polígono, pero insisten en que se busque outro trazado xa que as obras recentemente iniciadas “rebentaron varias tubaxes de abastecemento de auga procedentes dos mananciais do Monte de Güimil, das que se fornecen os veciños de Valbón que non teñen pozo”. Engaden que “o tendido discorre enterrado nunha gabia hormigonada cuxa execución require o uso de maquinaria pesada e que en Valbón dificultará inevitable mente o tránsito dos veciños e dos peregrinos”.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/03/23/alegan-obras-red-electrica-barro/1207146.html

CAMIÑO PARTUGUES

A depuradora do polígono de Barro-Meis terá un custo de 1,2 millóns

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres, na súa xunta de goberno, a licitación dunha depuradora para o polígono industrial de Barro-Meis por 1,2 millóns de euros. A nova depuradora ubicaráse na parcela número 41 do polígono, que tén unha superficie de 1.973 metros cadrados.

Segundo informou en roda de prensa o vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa, nas condicións da licitación figura que deberá ser unha planta de depuración con capacidade ampliable no futuro. E establécese que o caudal medio diario actual será de 23,8 metros cúbicos por hora e o caudal punta de horario actual de residuais de 80,2 metros cúbicos por hora. No futuro, a planta deberá posibilitar caudais medio diario de 47,6 metros cúbicos por hora e un caudal punta horario de 160,5 metros cúbicos por hora.

A realización da obra é precisa pola radicación en Barro-Meis dun importante número de empresas, que se incrementa coa compra por parte de Supermercado Froiz de 16 parcelas e 75.194 metros cadrados.

Figueroa destacou o interese crecente dos empresarios por este polígono industrial como demostra as frecuentes chamadas que atenden os técnicos provinciais de persoas que preguntan polo prezo do chan en Barro Meis.

Na actualidade, o polígono tén ocupados máis do 50% do seu chan industrial. Como novas empresas se interesaron polas parcelas, a Deputación ten aberto un periodo de enaxenación directa de parcelas ao prezo de 105 euros o metro cadrado. Este prezo era antes de 125 euros o metro cadrado. A Deputación oferta unha superficie aproximada de 130.000 metros cadrados.

http://pontevedraviva.com/xeral/17940/depuradora-barro-meis-poligono-licitacion-deputacion/

poligono barro meis

 

O PSOE avoga por utilizar o polígono de Barro-Meis para instalar a planta de compost, ´ propiedade da Deputación ´

PORTADA faro-de-vigo

O PSOE pontevedrés xa se decantou definitivamente pola localización que, ao seu xuízo, debe psoe-barroelixirse para a planta de compostaxe que proxecta o BNG de Pontevedra en colaboración coa Deputación: o polígono de Barro-Meis, que precisamente é propiedade” da institución provincial, “o que abarataría os custos”.

Agustín Fernández, concelleiro de Educación e Deportes e aspirante socialista á Alcaldía, mostrou onte as súas dúbidas sobre o interese que, segundo o alcalde, Miguel Fernández Lores, albergan as adegas da bisbarra do Salnés polo futuro compost que se poida fabricar na planta de Canicouva. “Se o sector vinícola ten interese en utilizar aboamento realizado a partir dos residuos sólidos urbanos, non ten que agardar á materialización dun proxecto virtual. Só ten que adquirilo nas plantas de Nostián e Lousame, onde hai moitas toneladas dispoñibles esperando comprador,”. O edil socialista engade que “seguro que as concesionarias destas dúas plantas, que acumulan importantes perdas anuais por falta de saída do seu produto, agradecen a chamada de Louzán“. E é que Fernández sitúa o presidente da Deputación como “impulsor” dese “interese” no Salnés.

Por iso, o edil do PSOE sostén que “a fabricación de compost no polígono de Barro-Meis abarataría os custos de transporte ás viñas desa bisbarra, minimizaría o impacto económico e ademais incrementaría a viabilidade económica, na medida que a Deputación é propietaria dos terreos”.

Fernández tamén fai referencia ás queixas do alcalde polo “cambio de opinión” dalgúns colectivos con respecto ao proxecto, algo que considera “comprensible a medida que vai aparecendo máis información sobre unha iniciativa totalmente falta de transparencia”.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/01/18/psoe-aboga-utilizar-poligono-barro/1167610.html

Medias verdades monaguescas

o veciño denfrente

Ver esto:

http://www.depo.es/web/edepo/-/noticia-la-diputacion-ingresara-10-millones-de-euros-por-la-venta-de-16-parcelas-y-75-194-m2-del-poligono-de-barro-meis-a-las-empresas-froiz-y-novas-r

 …e comprobar que non é certo que o precio fose 105€/m², senon 105€ + 21%IVA = 127,05€.

 É dicir, dos 10M, máis de 1,6M son de IVA: A Deputación o que é ingresar, ingresará apenas 7,9M.

 E tampouco 75.194m² son os 90.000 que pregonaban ó principio:

 
…para todo o demáis… Mastercard (escollédelle a cor)…

 ¡¡¡¡¡SNIFFFFF!!!!! …

​Pero se con eso non chega n​in para asumir as consecuencias da chapuza do Plan Sectorial que foi anulado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia…

 “El suelo de Barro-Meis costará 10M más de lo pactado”

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/86579.html

 Pensade que o último orzamento do Concello de Barro foi de 1,8M (1.857.700€) e… ¿cal foi o da túa casa…?

 http://www.boppo.depo.es/bop-portlet/download?groupId=31603&folderId=1800651&fileName=bop.PONTEVEDRA.20131212.238.pdf

 Sigamos coas contas:

 Din que venden o 50% ingresando 10M (7,9), pero con outro tanto (o 50% que lles queda por vender) apenas da para cubrir gastos: só a obra de urbanización foron 16,8M

​ (un Pasarón, para entendernos)​:

 http://antalsis.com/?portfolio=urbanizacion-del-srau-outeda-curro-espana

 Vale que hai que celebrar que consigan que comece a funcionar (a estas alturas a creación de calquera cousa que un político po​i​da vestir de emprego encubre calquera neglixencia), pero hai que pensar que esta operación leva 10 anos en curso e máis de 5 anos de retraso en canto as previsións de retorno da inversión, é dicir: é unha promoción urbanística e social fracasada na que todas as previsións que fundamentaron o seu suposto interese público resultaron demostrarse falsas e xurídicamente cuestionadas.

 Entremedias, Idom levou a súa parte (proxecto de urbanización), Antalsis a súa (obra de urbanización) e hasta Cotiasa pillou cacho (Plan Parcial):

 http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/01/31/3420453.shtml

 http://pdf.depontevedra.es/ga/108/TidJkHkIMr.pdf

 Cotias a sonaravos porque (mira-ti-qué-coincidencia) foi a empresa que desenrolou o SU-R-3 para o Concello (http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/iotpu.php?iddoc=26346) e a Concentración Parcelaria de Agudelo-Barro-Valiñas para Medio Rural. Redactou os tres traballos case simultáneamente, e tal vez eso explique os misteriosos repartos de parcelas, a non-exclusión dos núcleos, o cambio de mans de solo construible, a apertura de viais abríndolle frente edificable a según quen… pobriños… tanto traballo fixo que lle misturasen nos miolos urbanismo e parcelaria…

 …Pero ese éche outro conto… crudo… sen monagadas posibles…

louzan

O polígono de Barro Meis acada o 50% de ocupación

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A empresa Supermercados Froiz adquirirá 15 parcelas no polígono industrial de Barro-Meis e a firma de autocares Novas Rías, unha parcela de 1.800 metros cadrados situada no interior no parque industrial. Coas novas adquisicións, o parque industrial ten unha ocupación de 97.000 metros, preto do 50%.

Este luns tivo lugar na Deputación de Pontevedra a apertura dos sobres de referencias técnicas das ofertas presentadas para a adquisición de parcelas en Barro-Meis, unha vez concluido o plazo do concurso convocado.

A oferta de Supermercados Froiz é para a compra de 73.394 metros cadrados de chan industrial distribuidos en 15 parcelas ubicadas no espazo situado entre a autoestrada AP-9 e as cabinas de entrada hacia ela vindo dende a Autovía do Salnés.

O concurso convocado saldouse, pois, coa venda de 16 parcelas e un total de 75.194 metros cadrados. A esta cantidade de superficie enaxenada, hai que engadir 22.000 metros cadrados máis, xa adquiridos anteriormente por outras empresas, o que sitúa a cifra de metros de chan industrial vendidos no polígono de Barro-Meis en 97.194 metros. Isto supón unha porcentaxe de ocupación de preto do 50% pois o parque industrial ten unha superficie total de 261.000 metros cadrados á que hai que descontar o espazo ocupado por viais e outros servizos.

O vindeiro venres, día 14, abrirase o sobre C coa oferta económica presentada polas anteditas empresas e na sesión plenaria da Corporación Provincial que terá lugar o 28 de novembro será a súa adxudicación definitiva.

O PROXECTO DE FROIZ

O proxecto de instalacións de Supermercados Froiz nas parcelas de Barro-Meis inclúe dúas naves: unha de almacenamento de productos secos e outra, de productos frescos, que ocuparán unha superficie total de 26.000 metros cadrados.

Ademáis o Grupo Froiz proxecta un anexo á nave principal, para almacenar palés, de 3.500 metros; un edificio de comedor e vestiarios; instalacións de abastecemento de gasoil; un túnel de lavado de camións; e, entre outras construccións, zonas de axardinamento en torno ás naves, nunha superficie de perto de 4.000 metros cadrados.

MÁIS EMPRESAS INTERESADAS

En vista de que varias empresas se interesaron pola adquisición de parcelas, unha vez concluido o concurso antes mencionado e rematado o 3 de novembro, a Deputación estuda agora fórmulas para abrir un periodo de enaxenación directa de parcelas. Algunhas desas empresas gardan relación con tarefas complementarias da actividade de Supermercados Froiz pero, noutros casos, trátase de firmas relacionadas con outros sectores empresariais e industriais.

http://pontevedraviva.com/xeral/15834/supermercados-froiz-autocares-novas-rias-barro-meis-poligono-deputacion-pontevedra/

poligono barro meis