O BNG insiste na necesidade de mellorar a seguranza viaria

BNGA Comisión 6ª do Parlamento Galego debaterá mañá mércores ás 16:50 h. unha Proposición Non de Lei presentada pola deputada do BNG Montserrat Prado para que se mellore a seguranza viaria na PO-531 entre Curro e Pontevedra.

Da recente resposta escrita remitida pola Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas conclúese:

1) Que se deixa todo a expensas das disponibilidades orzamentarias e da construción da A-57. Mentres a Consellaría realizou unicamente unhas actuacións puntuais que poden se calificados como meros parches. Máis alá das declaracións dos responsabeis da Consellaría, o certo é que practicamente todas as semanas se produce algún tipo de accidente nesta estrada, e que non se pode demorar por máis tempo unha solución eficaz aos evidentes problemas de seguranza viaria que padece.

2) Que a Consellaría se nega a construir pasos de peóns nunha estrada tan densamente poboada, argumentando que non serían seguros. Obvian os representantes da Consellaría que existen medios técnicos su ficientes e contrastados para calmar o tráfico e conseguir pasos de peóns seguros. Se non se fai é única e exclusivamente por falla de vontade política.

3) Que a Consellaría non ten pensado facer nada para liberar o treito da AP-9 de peaxe

, argumentado que é unha vía competencia de Fomento. A pesar desta evidencia, esquécese que é a súa obriga facer as xestións que sexan precisas diante do ministerio para conseguir esta demanda histórica. Sen ir máis alá compre lembrar que esta foi unha promesa realizada nas pasadas eleccións galegas polo tandem Hernández-Feijoo-Ana Pastor. Se nada podía facer a administración galega, a que viña tal promesa?

Ante a ausencia de compromisos concretos, o BNG continuará a demandar da consellaría que se adopten as medidas seguranza viaria comprometidas no seu día cos colectivos veciñais e as forzas políticas. Non é de recibo que sabendo o que hai que facer a consellaría fique de brazos cruzados mentres os usuarios e usuarias da N-531 se xogan a vida un día si e outro tamén.

Pontevedra, 9 de decembro de 2014

Asdo: Anxos Riveiro