Manuel Busto, pintor e mestre de debuxo, Manuel compaxina a súa carreira
como mestre coas suas exposicións. Natural de Barro pero afincado en Cambados dende hai anos, estudiou na escola de Bellas Artes de San Fernado.
Manuel Busto define a súa obra como de «abstracción lineal», nela intenta fomertar múltiples lecturas, que dependerán moito «do carácter e da personalidade do que observe». Pasou dende os seus comezos por diversos estilos, ata o 95 que topou coa abstracción, tendencia na que se encontra «moi a gusto» ata o de agora, ainda que non descarta que a súa obra poida desenvolverse noutros eidos.
_¿Qué pretendes transmitir nas túas obras?
_Partindo de que somos seres creativos trato de transmitir situacións e vivencias persoais. As miñas imaxes danme a clave en moitas ocasión da forma e da perspectiva. De tódolos xeitos a interpretación e moi subxectiva, polo tanto moi rica, feito que promove a abstracción. Pola contra, antes de exponer, eu teño unha visión moi monolítica da obra.
_¿Qué che aporta como artistas as exposicións?
_Sácaslle moito partido porque é fascinante ver como a xente toma contacto coa obra e discute sobre ela. Encántame que a xente comente conmigo o que pensa da miña pintura, sexa bo ou malo. Se unha obra non é discutida non ten o mesmo valor. As exposicións deberían ser unha actividade máis, igual que ir a discoteca.
_¿Como mestre de debuxo ti animas os teus alumnos a que creen?
_Anímoos a que desenvolvan as súas capacidades artísticas porque é unha maneira de coñecerse a si mesmos. Quédanse moi sorprendidos cando ti descobres a súa personalidade por medio dos seus traballos. O ego do artista consiste neso, creas para que te queiran, te admiren, te compren.

42.525000
-8.647222