Máis de 200 persoas de toda Galicia concentráronse frente a Subdelegación
do Goberno e a Deputación de Pontevedra esta mañán para denunciar a persecución que sofren os Emigrantes Retornados por parte da Axencia Tributaria. Este colectivo tiñan solicitadas entrevistas tanto co Subdelegado como co Presidente da Deputación de Pontevedra para transmitirlle as súas reivindicacións. Pero ningún dos dous fixo por recibilos. No caso do Subdelegado do Goberno púxose en contacto co Presidente da Asociación para decirlle que xa era coñecedor da problemática e que o único que podía facer era intermediar para solicitar unha entrevista coa Directora da Axencia Tributaria en Pontevedra. Este desinterés por parte de ámbolos dous políticos non é máis que unha mostra da actitude do Partido Popular ante o noso problema.
Celso Domínguez Búa
Presidente da Asociación de Emigrantes Retornados Ulla – Umia

42.525000
-8.647222