Acebarro asegura que ningún comerciante foi excluído da campaña estival

diario_pontevedra.750

A directiva da asociación Acebarro manifestou o seu malestar ante as acusacións que afirmaban a exclusión dos comerciantes de Barro na campaña de verán.

A asociación sinala que un exsocio de Acebarro é o encargado de «enredar» o asunto. Así mesmo, a asociación manifesta que as cotas anuais de xaneiro a decembro cobren todos os actos e sorteos, e que non finalizan o 30 de agosto, tal e como afirma o denunciante.
Por outra parte, a directiva de Acebarro asegura que está disposta a recoller, tratar ou informar de forma detallada todas as suxestións, propostas ou dúbidas dos asociados.

Así mesmo, a asociación reitera que ningún comerciante foi excluído da promoción estival e que o único que pretenden é traballar en beneficio dos comerciantes e empresarios da parroquia.

A devandita denuncia prodúcese ante a proximidade da celebración do sorteo que se celebrará mañá ás 21.00 horas na Praza do Viño. Os asociados e o público en xeral tamén poderán gozar dun curso de cociña no mes de outubro.

acebarro

CAMPAÑA DE NADAL.aceBarro

ACEBARRO RÉUNESE CON REPRESENTANTES DE ECOVIDRIO

Na tarde de hoxe e coa presenza de D.Germán fernández, xerente de ecovidrio para galicia e D.Pablo Rouco xefe de servizo de ascan a asociación Acebarro reuniuse na Biblioteca Municipal de Barro, chegando a un principio de acordo para mellorar e potenciar a recollida selectiva do vidro en Barro, razón pola cal se pon en coñecemento dos seus asociados.