É o único centro específico destas características que existe en Galicia e está situado no municipio pontevedrés de Barro. Alí, nunha casa, atópase a unidade de primeira acollida (upa) de menores que xestiona a Asociación de Iniciativa Social Berce. Desde a súa posta en funcionamento o 15 de xullo do 2019 este servizo acolleu a 183 nenos.
Ás instalacións de Barro chegan GM Solutions, unha consultoría de asesoramento de empresas e familias, Hidromel Fenrir Galicia, que se dedica á elaboración de produtos alimentarios artesanais, VIPEONREISEN, que enfoca o seu traballo cara a distribución de pensos e suplementos de mascotas, e CDM Showroom, que desenvolve a súa labor no comercio ao por maior e por menor de toda clase de produtos téxtiles de confección, calzado e artigos de coiro.
Tamén estarán presentes no viveiro de Barro Distribuciones Fandimat, que traballa co comercio ao por maior de materiais de construción, e Celquisan Global, de comercio ao por maior de produtos de hixiene e protección.
O Goberno municipal de Barro executará un proxecto para pór en valor toda a contorna do Pazo da Crega. Segundo informan dende o Concello, esta intervención no pazo e no seu entorno irá acorde a unha filosofía que abrace a integración dos espazos e das persoas, creando áreas de convivencia para que o seu desfrute sexa o máximo posible por parte de toda a veciñanza e que sirva para integrar esta parcela dentro da trama urbana da vila como parque público.
O Concello de Barro aprobará no próximo pleno unha modificación de crédito de 400.000 euros procedentes do superávit que destinará a diversos proxectos co obxectivo de mellorar espazos públicos, a seguridade viaria, servizos e instalacións municipais e axudar aos sectores máis golpeados pola crise da covid-19.
CONCURSO “AS VERBAS QUE CONTAN: CONTOS E HAIKUS EN GALEGO”.
Poderán concorrer a este certame, calquera persoa que non sexa profesional que estea empadroada ou escolarizada no Concello de Barro. Os traballos compre que sexan, orixinais e inéditos, en lingua galega.
CONTOS Extensión MÁXIMA dependendo da categoría (consultar Bases)
HAIKUS Os haikus escríbense, en tres versos sen rima. Adoitan facer referencia a escenas da natureza ou da vida cotiá, e a miúdo inclúen unha referencia a unha época ou momento do ano.