III CAMPUS TECNIFICACIÓN DE VERÁN BARRO, C.F.

BARRO CELEBRA A SÚA I XORNADA APÍCOLA PARA POÑER EN VALOR A LABOR DAS PERSOAS APICULTORAS E A IMPORTANCIA DAS ABELLAS.

O Concello de Barro converterase o vindeiro domingo 1 de xuño nun punto de encontro para a divulgación e posta en valor da apicultura, grazas á I Xornada Apícola de Barro, organizada pola Asociación Cultural Barosa. O evento, que terá lugar na Escola de Cangrallo (Barro) a partir das 11:00 horas, busca destacar os beneficios ambientais desta práctica tradicional e o papel esencial que xogan as abellas na preservación dos ecosistemas.
Ao longo da xornada, o público asistente poderá mergullarse no fascinante mundo das colmeas a través de actividades pensadas para todos os públicos.
Esteban Jamardo, presidente da A.C. Barosa e apicultor local, será o encargado de guiar a sesión, que comezará cunha exposición didáctica sobre os compoñentes dunha colmea, os produtos apícolas máis comúns e os perigos que ameazan actualmente á poboación de abellas.
Despois da charla introdutoria, haberá unha demostración práctica dunha colmea real, que permitirá comprobar en directo como viven e traballan estes insectos, que son imprescindibles para a biodiversidade. As persoas asistentes
que o desexen incluso poderán participar na extracción de mel, empregando material facilitado polos apicultores e apicultoras locais.
Como colofón, a xornada rematará unha cata de diferentes tipos de meles, unha oportunidade para descubrir matices, así como para aprender a recoñecer a súa calidade.
Esta iniciativa, aberta ao público, nace coa intención de fomentar a conciencia ecolóxica, visibilizando o importante traballo das persoas que se dedican a coidardas abellas e preservar o seu hábitat.
Para máis información: Esteban Jamardo (647742581)

PROGRAMA ”+BENESTAR” 2025

Anuncio interesados no Aluguer de Bar na PISCINA MUNICIPAL 2025

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

D.E.P. AROA VICENTE LÓPEZ

CANS PERDIDOS

Bos días desapareceron estos cans en verducido era para ver si podíades compartir para ver si andan por ahí ou alguien os viu

Anuncio BOE Núm 118 do 16 -05-2025 Auxiliar Administrativo Barro

D. MANUEL SILVA MARTÍNEZ

CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE

D.E.P.D. CELSO GÓMEZ FERNÁNDEZ

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

ANUNCIO da convocatoria dun posto de administrativo/a correspondente á oferta pública de emprego de 2025.

D.E.P. Dña. DOLORES CERVIÑO FERRIN

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO