𝗔𝗽𝗲𝗿𝘁𝘂𝗿𝗮 𝗱𝗮 𝗽𝗶𝘀𝗰𝗶𝗻𝗮 𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗹

A piscina municipal reabrirá o vindeiro sábado día 3 de xullo . A reapertura destas instalacións está condicionada pola situación epidemiolóxica actual provocada pola pandemia da COVID-19 e as normas e protocolos fixados serán susceptibles a modificacións en base á evolución da situación sanitaria.

Este ano, debido á limitación de aforo e á imposibilidade de uso de servizos como cafetería ou vestiarios, a entrada será gratuíta. Así mesmo, ante a limitación de aforo e para reducir todo o posible o risco de contaxios e cumprir estritamente coas normas e recomendacións marcadas polas autoridades sanitarias, 𝗼 𝗮𝗰𝗰𝗲𝘀𝗼 𝗮́𝘀 𝗶𝗻𝘀𝘁𝗮𝗹𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝘀𝗲𝗿𝗮́ 𝗲𝘅𝗰𝗹𝘂𝘀𝗶𝘃𝗼 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝘃𝗲𝗰𝗶𝗻̃𝗮𝘀/𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗼.

◼️ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼: de martes a domingo de 15:00 h a 21:00 h
◼️ 𝗔𝗳𝗼𝗿𝗼: só poderán acceder ás instalacións un máximo de 150 persoas
◼️ 𝗠𝗮́𝘀𝗰𝗮𝗿𝗮: o uso de máscara dentro das instalacións é obrigatorio, excepto no momento do baño ou mentres se permaneza nun espazo determinado sen desprazarse e sempre e cando se poida manter a distancia interpersoal de 1,5 metros
◼️ No momento do acceso ás instalacións será necesario retirar un tícket e aportar datos persoais co fin de posibilitar a comunicación por parte do concello e das autoridades sanitarias de calquera incidencia relacionada coa situación epidemiolóxica
◼️ No momento da entrada todas as persoas deberán acreditar que están empadroadas en Barro, mediante un documento de identidade ou un certificado de empadroamento
◼️ Os vestiarios e a cafetería estarán pechados
◼️ Os aseos estarán abertos e realizaranse tres limpezas e desinfeccións diarias
◼️ Os grupos nas zonas de repouso terán un límite máximo de 15 persoas

III RUTA CABALAR BARRO 2021

CADELA DESAPARECIDA EN CURRO

D.E.P.D. ÁNGEL AGRASO RIVAS

BARRO APRAZA OS CONCERTOS DO VIÑO POR CAUSA DAS PREVISIÓNS DE CHOIVA PARA A FIN DE SEMANA

O Goberno municipal tomou a decisión de aprazar os Concertos do Viño programados para esta fin de semana por causa das previsións de choiva tanto para o sábado como para o domingo e ante a imposibilidade de trasladar o evento a un lugar cuberto cumprindo coas normas de distanciamento social ditadas polas autoridades sanitarias.
O concello xa está buscando novas datas para a realización deste evento e anuncia que valerán as mesmas entradas para as novas datas.

𝗣𝗲𝗿𝗶́𝗼𝗱𝗼 𝗱𝗲 𝗶𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗼 𝗘𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗶𝗹𝗶𝗮

O concello de Barro pon en marcha unha nova edición do Espazo Concilia nos meses de xullo e agosto co obxectivo de favorecer a conciliación laboral e familiar.

Devido á crise sanitaria, este ano ofrécense 50 prazas para o mes de xullo e outras 50 para o mes de agosto, cumprindo as limitacións ditadas pola Xunta de Galiza e con todas as medidas de seguridade. O horario será desde as 8:30 h até as 14:30 h.

Para o Espazo Concilia de Barro o concello conta cunha subvención da Deputación de Pontevedra para o Fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero 2021.

🗓️ O prazo para reservar praza será desde o día 14 ao día 21 de xuño, no Departamento de Servizos Sociais.

📋 Na selección de solicitudes terán prioridade as nenas e nenos que teñan os dous proxenitores traballando; as demais solicitudes tramitaranse seguindo a orde do rexistro de entrada.

La diseñadora de moda Luz Prado pública su primer libro de enseñanza de patronaje de corte y confección

La diseñadora de moda Luz Prado, natural de Barro acaba de patentar y registrar su primer libro de “enseñanza de patronaje de corte y confección” que ya se encuentra a la venta.

Luz Prado, natural de Barro, diseñadora de moda y fundadora de la escuela de moda Luz Prado Diseño y moda, ubicada en Villagarcía de Arousa, acaba de patentar y registrar con derechos de autor y propiedad intelectual en la consellería de Cultura, Educación e ordenación universitaria, su primer libro de “Enseñanza de patronaje, corte y confección”.
Un sistema de enseñanza donde alumn@s o cualquier usuario, podrá aprender a realizar sus propios patrones desde el nivel 0, de todo tipo de prendas y sus transformaciones, para así lograr llevar a la realidad cualquier diseño que sea capaz de imaginar.
Un libro que contiene 455 páginas dedicados a la enseñanza, que está dividido en módulo de hombre, mujer y niñ@.
Cada módulo se divide en unidades didácticas, con textos e ilustraciones
realizados por la autora y dignificado con un cuestionario al final de cada uno de ellos, para que el usuario aprenda desde como realizar una correcta medición, como cubrir la tabla de medidas, la realización de
patrones paso a paso, que materiales utilizar, la colocación del patrón, de la tela y la marcada.

“un año de trabajo en el que escribí las primeras páginas durante el
confinamiento” Luz Prado

info@luzpradomoda.es

D.E.P. Dña. ÁUREA PREGO SOLLA

REAPERTURA DO MERCADO MUNICIPAL DE BARRO

ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA NO CASTRO DO MONTE GÜIMIL

MELLORAS DE ACCESIBILIDADE NA BIBLIOTECA

COCHE ROUBADO EN CURRO

COÑECES A REALIDADE AUMENTADA? SOCIAL PILGRIMS

📆O venres día 4 de xuño podedes participar na actividade SOCIAL PILGRIMS .
Obradoiro presencial e GRATUÍTO onde os participantes aprenderan:

👉Que é a realidade aumentada
👉Exemplos de contidos aumentados
👉As redes sociais.
👉 Spark AR. Introducción ao seu uso
👉O meu primeiro filtro de AR
👉Integración nunha rede social
👉Deseño dun filtro sobre o Camino de Santiago.

👀✏️PRAZAS LIMITADAS
A inscripción realizarase a través do correo electrónico: socialpilgrims@gmail.com

ESPAZO CONCILIA

FOGUEIRAS DE SAN XOAN E SAN PEDRO 2021