“Formular a declaración de impacto ambiental do parque eólico Acibal, considerando que o proxecto é ambientalmente viable”. Así se declara na luz verde que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental acaba de outorgar a un polígono de catro aeroxeradores no Monte Acibal, en terreos de Moraña, Barro e Campo Lameiro, ás portas do municipio de Pontevedra. Con propostas eólicas sobre a mesa noutros montes próximos á capital, como en Marín e no Castrove, a iniciativa agora aprobada é o primeiro plan con este permiso ambiental nas proximidades de Pontevedra dentro da actual onda de proxectos que xa xerou unha gran contestación social.
Orzamentos 2022 O Concello de #Barro aproba o orzamento que ascende en gastos e en ingresos a cantidade de 2.700.000,00 € Podes consultar o estado de gastos e ingresos distribuído por capítulos info 👉 https://bit.ly/3mUIVc3
🌰O Apalpador visitará mañá, 24 de decembro, aos nenos e nenas de Barro, será ás 17 horas no Pazo da Crega e trae agasallo para eles. 🌳O Apalpador agasallará cunha árbore para prantar aos nenos e nenas que se acheguen polo Pazo. 👉Aforo limitado👈 Actividade dentro do programa Nadal en Galego da Deputación Pontevedra