O concello de Barro, en colaboración co Club Atletismo +9, pon en marcha a I Carreira Popular da Festa do viño, nunha primeira edición que renderá homenaxe a Julio César Constenla, veciño de Barro pioneiro neste deporte na localidade de Barro.
A distancia a percorrer será de 1️⃣0️⃣ kilómetros, contará con 14 categorías distintas e con circuitos adaptados para todas as idades.
O PP de Barro traslada propostas reais e necesarias para os veciños e maiores do noso concello neste caso concreto.
O candidato á alcaldía Eduardo Ruadas e o seu equipo do PP, construirán un servicio necesario e imprescindible para o nosos maiores, cómo é un Centro de Día, e contan con compromisos de axuda para levar adiante o proxecto.
A ubicación escollida en base a criterios técnicos, sería na contorna do Tanatorio, na parte traseira do Pazo da Crega, zona de San Antoniño (Perdecanai).
Desde onte pola tardiña estraviouse este gatiño en Fonte de Curro. É moi casero. Probablemente esté asustado e escondido. Moi cariñoso. Chámase MARCELO. Leva posto collar antiparasitario. Pido difusión. 609718144
Tras escoitar as inquedanzas dos veciños da parroquia de Curro, Eduardo Ruadas reuniuse có Delegado Provincial da Xunta, Luis López, para transmitirlle as necesidades da veciñanza na zona da PO-531, que van ser estudadas polo seu equipo.
Para dar cumprimento da 𝘓𝘦𝘪 3/2007 𝘥𝘰 9 𝘥𝘦 𝘢𝘣𝘳𝘪𝘭 𝘥𝘦 𝘱𝘳𝘦𝘷𝘦𝘯𝘤𝘪𝘰́𝘯 𝘦 𝘥𝘦𝘧𝘦𝘯𝘴𝘢 𝘤𝘰𝘯𝘵𝘳𝘢 𝘰𝘴 𝘪𝘯𝘤𝘦𝘯𝘥𝘪𝘰𝘴 𝘧𝘰𝘳𝘦𝘴𝘵𝘢𝘪𝘴 da Xunta de Galicia, todas as persoas e entidades propietarias deberán cumprir as súas obrigas antes do 31 de maio.
Os deputados nacionais do PP de Pontevedra, Juan Constenla e Javier Bas, xunto a vicepresidenta 2ª do Congreso, Ana Pastor e a voceira de vivenda do grupo popular, Ana Zurita Expósito, reuníronse esta mañá en Madrid cos veciños de Barro en risco de desafiuzamento para interesarse pola súa situación, e comprometéronse a facer un seguimento do proceso.
Constenla sinala que “entendemos perfectamente a situación preocupante que están atravesando, están en risco os seus fogares, os seus proxectos de vida e, como mínimo, merecen ser escoitados e intentar ofrecerlles todo o apoio”.
O encontro celebrouse grazas á mediación do presidente da xestora e candidato do PP á alcaldía de Barro, Eduardo Ruadas, que agradeceu aos deputados provinciais a disposición que amosaron en todo momento para atender e escoitar aos veciños de Barro e interesarse pola súa problemática.
Eduardo Ruadas, reuniuse có Delegado Provincial da Xunta, Luis López, para tratar diversos temas de interese para a veciñanza. O delegado comprometeuse coa nosa candidatura a prestar o apoio necesario para a posta en marcha da área de autocaravanas, así como a mellora do Parque da Natureza do río Barosa e a iniciación de novas rutas de senderismo nas súas inmediacións.
A presencia femenina é un valor engadido da lista electoral deseñada polo Partido Socialista de Barro para os comicios municipais do 28 de maio.
O candidato á alcaldía, José Sanmartín, realiza unha decidida aposta pola aportación das mulleres á política local e ata catro delas estarán nos seis primeiros postos da lista que se presentará este venres 31 de maio.
O acto será na Praza do Viño ás 20.30 horas e contará coa presencia do secretario xeral do PSdG da provincia de Pontevedra, David Regades.
En caso de chuvia, trasladarase ao Centro Cívico.
Ao remate compartirase un viño de Barro e un pincho con todas as persoas asistentes
Pero ademáis da candidatura, tamén o programa electoral do Partido Socialista de Barro terá importantes propostas cara o avance da muller no ámbito profesional e social que lle permitan competir en igualdade.
Un obxectivo que só se pode conseguir si acadamos a plena conciliación laboral e familiar
Así, baixo o lema “Un goberno para todos e todas”, o proxecto socialista porá en marcha iniciativas para que as familias teñan todas as opcións de conciliación.
Por unha banda cara aos nosos nenos e nenas, extendendo a ludoteca a todos os períodos de vacacións escolares, concebido como un servizo integral que, ademáis, abarque todas as idades.
Pero igualmente cara aos nosos xóvenes e maiores, cun proxecto interxeracional que poremos en marcha nos distintos locais municipais con accións atractivas e adecuadas para cada idade.
Ademáis, para os mozos e mozas crearemos espazos de estudo en época de exámes e grupos de voluntariado para colaborar en actividades municipais ou doutros colectivos.
Será parte dun amplo programa que os e as socialistas de Barro estamos preparando con ilusionantes actuacións para mellorar o noso concello.
En definitiva, un proxecto de goberno para todos e todas, liderado por José Sanmartín, que saque a Barro da parálise dos últimos catro anos de nula xestión que non supuso ningún avance para o municipio.
“O noso obxetivo é ser a primeira forza política e liderar un Goberno que represente a toda a veciñanza, contando cun equipo cheo de ilusión, ideas, capacidade de xestión e ganas de traballar por Barro”, expresa o candidato socialista.
Para detectar con maior precisión as necesidades da veciñanza, o partido socialista iniciou a precampaña escoitando aos veciños e veciñas de cada parroquia co fin de ter en conta as súas suxerencias na elaboración do proxecto de goberno para os vindeiros catro anos
Tralos encontros celebrados en Valiñas, Agudelo, A Portela e Barro, as últimas citas de precampaña coa veciñanza serán en Perdecanai o 14 de abril e en Curro o 16 de abril.