Curso de memoria en colaboración coa Cruz Vermella:
🟢 Destinatarios/as: Persoas maiores de 65 anos 🟢 Datas de celebración: Os luns desde o 2 de outubro ata o 27 de novembro de 2023 🟢 Horario: De 17:00 h a 18:30 h 🟢 Lugar de Celebración: Salón de Plenos do Concello de Barro 🟢 Inscricións: Oficina de Servizos Sociais do Concello de Barro
“DEPOrte Escolas” é un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar.
Modalidades de “DEPOrte Escolas” no Concello de Barro: Taekwondo.
👉A quen está destinado A única condición que tes que cumprir é ter moitas ganas de pasalo ben practicando a túa modalidade deportiva preferida.
As escolas estarán destinadas a nenas e nenos en idade escolar de toda a provincia de Pontevedra.
O próximo sábado 16 de setembro a diseñadora Luz Prado, dona e xerente da marca Luz Prado Moda presentará súa nova colección de moda no Pazo de Mos. O Mar de Ardora inspira esta colección, que está bañada con mais de 6000 cristales de Swarovski, fusionándose co traballo artesanal dos encaixes de Camariñas, creando así unha colección de tres pezas únicas.
A colección Ardora desfilará no Pazo de Mos, despois do concurso de noveles deseñadores, organizados polas palilleiras de Mos.
O evento comezará as 20:30h , as entradas son gratuitas e todos os interesados poden asistir con reserva previa en pazodemos.org ou ben no tlf 639 300 974.