Onte perdéronse estes dous cans pola zona de Barro co límite de Moraña, é posible que poidan atoparse polas parroquia de Valiñas e arredores.
Teléfono de contacto:
671 97 18 70

Onte perdéronse estes dous cans pola zona de Barro co límite de Moraña, é posible que poidan atoparse polas parroquia de Valiñas e arredores.
Teléfono de contacto:
671 97 18 70



👕 𝗫𝗼𝘃𝗲𝘀 𝗮𝗼 𝗰𝗹𝗮𝗿𝗲𝗼
Actividades para cativ@s e moz@s desde este mesmo xoves!
⚠️ A 🔐 Scape Room e a 🎉 Festa Holi son recomendadas a partir dos 10 anos.


A Banda de Gaitas ‘Irmandade’ do Centro Social Cultural e Deportivo de Bolos Valle Miñor en Montevideo (Uruguay) ofrecerá unha xira de actuacións por Galicia no mes de setembro para celebrar os 20 anos da súa fundación, cando foi creada por descendentes de emigrantes galegos co obxectivo de continuar coa tradición musical dos seus pais e avós e promover a gaita tradicional galega.
Nesta Xira 20 Aniversario a banda actuará en varias localidades da Coruña e Pontevedra: Gondomar (10 de setembro), Nigrán (11 de setembro), Baiona (12 de setembro), Porriño (13 de setembro), Laxe (14 de setembro), actuación no programa ‘Luar’ de TVG (15 de setembro), Barro (16 de setembro) e Carballo (17 de setembro).
Os membros da banda que participarán nesta xira por terras de Galicia son: Carlos González (gaita), Matías Lorenzo (gaita), Natalia Sanabria (gaita), Alejandra Larrea (gaita), María Eugenia Martínez (tambor), Andy Penna (tambor), Carolina Simoes (bombo), Andrea Méndez (pandeireta), Ana Lina Rey (pandeireta), Vitoria Peña (pandeireta), Adriana Fernández (pandeireta), Delfina González (cunchas) e como músico invitado, Fernando Vilariño (tambor).
Durante 20 anos, por esta formación pasaron distintas xeracións de descendentes galegos, desde nenos ata adultos. Hai que destacar que é a única Banda de gaita galega que existe en Uruguay, que durante o ano participa en actividades do Centro Valle Miñor e doutras asociacións da colectividade galega e española en Uruguay.
Desde os seus inicios, a Banda de Gaitas ‘Irmandade’ estivo dirixida por Vicente Carlos González Siri, fillo dun inmigrante da zona de Baiona, que foi un destacado alumno do gaiteiro Celestino Pichel e tamén imparte clases en distintos Centros galegos de Uruguay.
Na actualidade, a banda está formada por 16 persoas, homes e mulleres, na súa maioría descendentes de galegos, que tocan instrumentos de orixe tradicional: gaitas, tambores, bombos e pandeiretas.
No mes de outubro a banda celebrará un concerto especial no Auditorio Nelly Goitiño de Sodre (Uruguay) para celebrar o seu 20 aniversario, coa colaboración de invitados.
O Centro Valle Miñor en Montevideo fundouse en 1947 por emigrantes galegos procedentes dos municipios de Baiona, Gondomar e Nigrán, que forman a comarca da provincia de Pontevedra ao sur de Vigo, delimitada por un fértil Valle que rega o río Miñor e actualmente está formado polos seus descendentes e familiares que naceron e residen en Montevideo, a capital de Uruguay.



Perderonse gafas na piscina municipal e/ou arredores da mesma o mércores día 23 sobre as 20:00. Son gafas graduadas con montura ao aire e patillas de color verde marca Oxibis. Se alguen as atopa por favor chamar ao 651312264. Gracias




🎸 Concerto en directo de SON DAS TABERNAS.
🍹 Sesión de Coctelería a cargo de Philip Luz.
📅 Data: 25 de agosto
⏰ Hora: A partir das 22:00h
📍 Lugar: Bar Plaza La Cocina de Sergio

