Os concellos de Cuntis, Caldas de Reis, Portas, Barro e Moraña, van a poñer en marcha un novo Programa Integrado de Emprego.
O programa integrado de emprego do Concello de Cuntis 2023/2024 esta cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Servizo Publico de Emprego Estatal.
🧐Nos proxectos precedentes conseguiuse un alto porcentaxe de colocación das persoas participantes no programa.
👫As persoas que poden participar son aquelas que sexan demandantes de emprego e que están empadroadas nalgún dos cinco concellos mencionados e que pertenzan aos colectivos aos que vai orientado o programa
Levaranse a cabo accións relacionadas con: a) Información, orientación e asesoramento. b) Formación en diversos cursos c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación. d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista. e) Fomento da capacidade emprendedora. f) Prospección empresarial. g) Emparellamento de ofertas de traballo h) Prácticas profesionais non laborais en empresas. i) Obradoiros sobre mobilidade laboral
✅Todas as persoas inscritas no programa percibiran unha axuda de 10€/día pola súa asistencia as diferentes actividades nas que participen. Tamén se contempla a posibilidade de sufragar servizos de gardaría para aquelas persoas que teñan fillos a cargo, para facilitarlles a súa participación no programa.
☎️Todas as persoas interesadas poden poñerse en contacto nos teléfonos dos diferentes concellos. Barro 986714806 – 690722812, Cuntis 986548708,986532579, Caldas 986530814, Portas 986536925, Moraña 986553005