Barro, 7 de decembro de 2023. O equipo de goberno socialista do Concello de Barro pon en marcha diversas iniciativas para relanzar a Feira de Barro.
A raiz da pandemia, o mercado ambulante, que chegou a ser un referente na comarca, sufriu un certo declive tanto na presencia de postos como de público, polo que a intención do grupo socialista é recuperar unha actividade que xera movemento económico e turístico no municipio.
O tenente de alcalde José Sanmartín explica que “cando entramos no goberno no 2015 conseguimos que a feira pasase a ser de xestión municipal xerando beneficios para as arcas locais e agora queremos que o mercado volva a ser a gran feira de Barro dos domingos pola tarde”.
Para elo, como primeira medida, a Concellería de Turismo, Festas e Feiras que dirixe a socialista Rocío Touriño, organiza para este domingo día 10 de decembro unha “feira multisectorial” onde ademáis dos postos habituais do mercado estarán presentes sectores como automoción, antigüedades, productos ecolóxicos e artesanía.
A Feira abrirá, igual que cada domingo, ás 15 horas no lugar habitual na contorna do Pazo da Crega e para dinamizar a actividade estará a charanga Fanfarria Furruxa.
Asimesmo, dende a Concellería de Feiras tamén se pretende consolidar o número de postos actuais e aumentalos cara o vindeiro ano, para o que está aberto o prazo de inscripción da anualidade 2024.
A ordenanza do Concello de Barro fixa un prezo de un euro por metro lineal e día, de xeito que o custe anual para un posto de cinco metros suporía apenas 250 euros ao ano.
Quisiéramos proponerles nuestra actividad de costura para niños y niñas de entre 8 y 14 años (ambos incluidos). Actividad que se desarrollará en un taller de Navidades del 22 al 29 de Diciembre, y del 1 al 5 de Enero de 11:00h a 13:30h en Villagarcía de Arousa.
Escuela de diseño y moda Luz Prado, cl Julio Camba bajo 4, Urb. O Piñeriño Las Pistas.