BARRO ADOPTARÁ MEDIDAS PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AUGA NA TRAÍDA MUNICIPAL 

O Concello de Barro elaborou a sua propia auditoria para minimizar as perdas de auga rexistradas na rede de abastecemento municipal.

O documento, que foi aprobado por unanimidade no pleno da corporación municipal, é un plan a catro anos para conseguir que as fugas non superen un promedio dun 20%, cando actualmente se situan nun 47%, como indica a propia auditoria.

Segundo o estudio, elaborado a través dunha subvención de Augas de Galicia, non todas as fugas son provocadas por roturas ou avarías senon que tamén unha gran parte son consecuencia dos consumos nom contabilizados nas instalacións públicas, como centros educativos, deportivos, Casa Consistorial, locais municipais, etc.

O Tenente de Alcalde e Concelleiro de Obras e Servizos, José Sanmartín, explica que “para revertir a situación e en base ás conclusións da auditoría, a partir do vindeiro ano, poremos en marcha un total de once medidas que pretenden, especialmente, contabilizar eses consumos das instalacións municipais”

Entre elas, o control de contadores en remoto, a renovación daqueles que teñen máis de doce anos de antigüedade, realización de campañas para busca de fugas na rede de abastecemento e colocación de reductores de presión en dúas zonas do sector de San Antoniño.

“Precisamente a elaboración desta auditoría coincidiu no tempo cunha serie de pequenas roturas encadenadas en diversos puntos da traida municipal, resoltas con inmediatez, e que están moi ligadas á alta presión da propia rede”, apunta Sanmartín.

CAN PERDIDO EN VALIÑAS

𝐎 𝐁𝐚𝐫𝐫𝐨 𝐂.𝐅 𝐞 𝐨 𝐌𝐨𝐫𝐚𝐧̃𝐚 𝐂.𝐅 𝐜𝐫𝐞𝐚𝐧 𝐮𝐧 𝐞𝐪𝐮𝐢𝐩𝐨 𝐱𝐮𝐯𝐞𝐧𝐢𝐥 𝐜𝐨𝐧𝐱𝐮𝐧𝐭𝐨 𝐧𝐮𝐧𝐡𝐚 “𝐜𝐨𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐡𝐢𝐬𝐭𝐨́𝐫𝐢𝐜𝐚”

🎶 MÚSICA E MOVEMENTO🎶

TORNEO SAN BREIXO

Taekwondo GRATUÍTO no Concello de Barro.

DEPORTE ESCOLAS 2024.

XA PODEDES CUBRIR O FORMULARIO PARA COMEZAR O 7 DE OUTUBRO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE PERDECANAI.

Formulario de inscripción:
Busca a modalidade TAEKWONDO e despois cubre o formulario.

Fíxate no horario:
BARRO LUNS DE 16 A 17H DE 4 A 7 ANOS
BARRO LUNS DE 17 A 18H DE 8 A 12 ANOS

Máis información e formulario na páxina da Deputación de Pontevedra¨: https://www.depo.gal/es/-/deporte-escolas

DOAZÓN DE SANGUE EN BARRO🩸

😮‍💨 Un enfermo de leucemia pode precisar ata 200 bolsas de sangue.
🤰Un parto que se complica pode precisar ata 10 bolsas.
🏥 Un transplante de fígado pode precisar entre 30 e 200 bolsas.
🤔 Que máis precisas saber para facerte doante de sangue?

📞 Dúbidas 900 100 828
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

EXCURSIÓN A CORUÑA

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

ROMARÍA DE SAN BREIXO BARRO 2024

Anuncio da convocatoria

CONCURSO CURTAS D-MEDO 2024 CONCELLO DE BARRO

🎥 Tes unha historia por contar? Unha visión que compartir? É hora de mostrar o teu talento detrás da cámara!

🎥Desafiámoste a crear unha curtametraxe, de 3 minutos en galego, que mostre a túa creatividade, paixón e perspectiva única.

Xa sexa drama, comedia, documental ou calquera xénero que elixas, este é o teu momento.

🎥Este ano propoñemos que empreguedes nas vosas creacións, aos seres mitolóxicos galegos que sobreviviron no folclore e na tradición oral. 👉 Que precisas?

A túa imaxinación, unha cámara (incluso a do teu teléfono é suficiente), e un equipo de amigos apaixonados polo cinema. 👉 Que hai en xogo?

Ademais da oportunidade de mostrar o teu traballo a noite o 31 de outubro, teremos premios emocionantes para as curtas máis destacadas, así que a recompensa é doce!

📅ENTREGA DAS OBRAS
Prazo de presentación de solicitudes e curtas ata o 24/10/2024

PREMIOS

📀 Premios na categoría Xeral:
1º premio: 200 €
2º premio:100€
3º premio: 70€.

📀Premio categoría D-Medo no IES:
Vale de gasto 60€

📀Premio do público:
Vale de gasto 60€

💞 PROXECCIÓN CURTAS

31/10/2024 a partir das 21:00h

Consulta as bases e descarga os formularios en https://barro.sedelectronica.gal/info.0 (busca no taboleiro o día 18 de setembro)

Información na OMIX de Barro.
Horario: luns, mércores, venres de 9:00 a 14:00 horas
Martes e xoves de 16:00 a 21:00 horas

☎️986714806 – 690722812.

ACTO PARA FALAR SOBRE A NOSA TOPONIMIA E A SÚA RECUPERACIÓN

O vindeiro 27 de setembro a Real Academia Galega realizará un acto para falar sobre a nosa toponímia e a súa recuperación. Será ás 20 horas no edificio do Concello de Barro.

D.E.P. DON MIGUEL ÁNGEL GAGO PULLEIRO

Can atopado en Agudelo

Atopouse este can en Magdalena, Agudelo, rógase difusión.