A Policía Local de Pontevedra realizou un seguimento durante tres días para
demostrar que unha condutora estaba realizando un uso ilícito dun cartón de discapacitados que estaba a nome doutra persoa, un veciño de Barro.
Foi a denuncia dunha veciña de Pontevedra a que puxo sobreaviso aos axentes municipais. Ao parecer, estes foron informados dunha moza que, diariamente, acudía ao seu posto de traballo e estacionaba en Augusto González Bicada nunha praza específica para discapacitados sen que ela tivese ningunha afección visible e sen que acompañase a ningunha persoa que a padecese.
Con esta información, a policía, entre o 25 e o 27 de marzo, realizaron un seguimento da suposta infractora. Deste xeito, comprobaron como aparcaba nesta praza e se esta estaba ocupada, acudía a outra tamén próxima ao seu posto de traballo.
Así mesmo, verificaron que, unha vez concluída a xornada laboral, a moza montábase no seu vehículo soa e percorría o traxecto inverso ao que a trouxo ao seu traballo a Pontevedra.
Con estas probas, o 27 de marzo, o guindastre municipal retirou o automóbil. Posteriormente, os axentes identificaron á suposta infractora, á que comunicaron a interposición de catro multas por outros tantas infraccións. Tres delas relativas aos tres días nos que estacionou nunha praza non autorizada, mentres que a cuarta foi polo uso indebido do cartón de discapacitados.
Ademais, a Policía Local de Pontevedra tramitou unha proposta para que se retire o cartón a nome dun veciño de Barro.
Consecuentemente, ademais do enganche do guindastre, a moza terán que abonar douscentos euros por cada unha das multas.
A pesar de que este non é o primeiro caso que se dá, un portavoz da Xefatura municipal destacou onte que Pontevedra é unha cidade «moi respectuosa co uso deste tipo de estacionamentos». Ao mesmo tempo, incidiu na educación da maioría de condutores que asumen a necesidade que existan este tipo de estacionamentos específicos para discapacitados.
As sancións por aparcar nestes estacionamentos son o 3,4 % do total anual
390 Multas por este motivo
42.525000
-8.647222