O Halloween ou Samaín máis alternativo vivirase esta noite en dous locais da
comarca. Por unha banda a Casa dos Druídas de Vilaboa acollerá o seu celebérrimo concurso de calacús e este ano a Muiñada Barosa, reconvertida en espazo cultural, ten unha proposta de cea temática e concurso de calacús. O último, desde as 17.00 horas de hoxe, con taller incluido e trofeos. A cea, por 25 euros para adultos, ten un suxestivo menú que se inicia con ‘ Tortilla de defuntos’ e segue con outros sete pratos igual de tétricos.
Na Casa dos Druídas, o máis importante é o nomeado concurso que premia con 150 euros ao máis orixinal, o máis grande e o máis elaborado dos calacús. De 18.00 a 02.00 horas, será a deliberación. Mañá dende as 18.00 horas, exposición, magosto e chulas.
