O paro sobe un 9.54% durante Outubro en Barro

José Antonio Landín: “sen fretirvos a impostos”

Fai seis meses, cando o BNG  denunciou a suba dos impostos de circulación e do lixo, que aprobou o goberno municipal CO ÚNICO VOTO EN CONTRA DO BNG, algunha xente non lle deu moita importancia.
Agora cando xa se pagou o imposto de circulación, e están a chegar os avisos de cobro do lixo, moita xente está a botar as mans á cabeza.
Pois cando saiban o que lles vai a subir a contribución para o 2013, despois do CATASTRAZO APROBADO POLO PP E O PSOE DE BARRO, moitos vanse arrepentir de ter votado a un alcalde que lles prometeu que non os ía “FRITIR A IMPOSTOS”

https://noticiasbarro.wordpress.com/2011/05/12/promesas-de-landin-para-os-proximos-4-anos/

Grandes proxectos para Barro

En Barro estamos acostumados a promesas por parte do noso alcalde que ao final non se ven realizadas. Esperemos que esta nova idea-proposta sobre a supresión da peaxe, a vexamos cumprida.

Velaí vos quedan uns enlaces doutras propostas que, por sorte, non se cumpriron, así como outras que decía que nunca as faría, é son as que vemos realizadas, tales como os impostos.

Enlaces de interese:

Monumento Nacional ao Inmaculado Corazón de María consistente nunha estrutura de 38 metros de alto

Línea de buses para conectar as parroquias

Subida de impostos

tema do mercadillo está solucionado

Hai uns meses….Landin decia

Nota de Prensa do Partido Popular de Barro

O Partido Popular de Barro, quere amosar a súa ledicia pola confianza que lle otorgou o pobo de Barro nas pasadas eleccións do 22M. Para nós é moi importante continuar coa laboura que nos últimos anos estamos facendo, na que pretendemos asentar unhas bases de desenrolo local, con proxectos turísticos e culturais, como Barosa, con proxectos empresariais como o polígono de Curro, e con proxectos dunha mellor calidade de vida para tódol@s veciñ@s.

Tal e como pedimos durante a campaña o voso apoio, devolverémovolo con infraestructuras, con servicios, con traballo e tentando manter o mesmo nivel de impostos que coñecedes tod@s. Agárdanos un Centro de Día ou residencia da terceira idade, completar o desenrolo industrial con polígono de Curro,fomentar máis traballo no noso concello e rematar as obras pendentes que temos.

Mañán, celebraráse o pleno de constitución da corporación municipal, donde queremos darlle as gracias polo traballo feito durante estes anos @s concelleir@s que deixan as súas responsabilidades, e darlle a benvida ós nov@s concelleir@s.

O noso alcalde seguirá sendo José Antonio Landín, coñecido de tod@s, no que confiamos a maioría de veciñ@s no pasado 22M, para levar este concello adiante durante 4 anos máis co resto de compañeir@s.

Contade con nós, e contamos con vós.

Xunta Local

Partido Popular de Barro.

Os carteis xa pasan de moda

Ao candidato á alcaldía do PP en Barro, José Antonio Landín, non lle chegan cos carteis electorais que decidiu anunciarse con luces, coma se a campaña fose un acto festivo. E é que os valos xa non chaman tanto a atención. foto capotillo

PROGRAMA OCULTO DO PP

Ao longo de toda esta campaña, o PP volve intentar meterlle medo á
xente contra o BNG, cos vellos argumentos de fai 20 anos. Que somos os do
non, e que se gobernamos imos subir os impostos. Ante esa falta de
propostas, só aclarar, que os do non saber facer as cousas ben son os do
PP.
Con respecto aos impostos, os únicos que falan de subilos se volven
gobernar son os do PP, tal como pode comprobarse no plan que aprobaron
cos orzamentos de 2010, e que remata no 2012. Nel tamén recoñecen a
nefasta xestión económica que leva facendo o PP, tal como ten denunciado o
BNG.
– Reproducimos aquí algún dos parágrafos literais de dito plan do PP:
PROPOSTA PLAN DE MELLORA E SANEAMENTO FINANCIEIRO DO CONCELLO DE
BARRO (2010-2012)

“Da primeira análise da situación económica do Concello de Barro a modo de resumo,
detéctanse como causas da situación actual, entre outras as seguintes:
-Desequilibrio total entre as previsións de ingresos correntes do orzamento e os
gastos correntes do mesmo, que ano a ano van incrementado o remanente
negativo de tesourería.
-Destacar como principais as contratacións de persoal con custos subvencionados
que se adican a acometer diversas obras para as que non se conta con suficiente
financiamento ou que obrigan ao concello a costear locais, maquinaria,
ferramentas ou materiais para as obras, para os que non se conta con suficiente
capacidade económica.
-A execución de obras de investimento ao longo de anualidades anteriores, e na
presente, con consignación insuficiente, ou cofinanciadas, nas que as aportacións
do Concello en relación cos dereitos vinculados, non tiveron a súa realización.
-A execución de obras de investimento ao longo de anualidades anteriores, e na
presente, con consignación insuficiente, ou cofinanciadas nas que as aportacións
do Concello en relación cos dereitos vinculados, non tiveron a súa realización.
Dito plan terá que realizarse nun período de tres anos para axustar o aforro neto negativo
da Entidade a cero.”

“Trátase dun plan de carácter táctico, dado que vai dirixido ao saneamento
económico e financieiro da entidade nun máximo de tres exercicios económicos, segundo
dispón a norma para a súa implantación.”
“Finalmente, as medidas de carácter económico-financieiro e orzamentario, apostan por
controlar que non se produzan gastos sen consignación, redución de gastos correntes,
subidas tributarias para Impostos, Taxas e Prezos Públicos municipais, implantación de
Impostos contemplados na Lei de Facendas Locais e pendentes de implantar.”

“4.2.4.- En materia de ingresos correntes (período de implantación 12 meses)
A precaria situtación económica-financieira do Concello de Barro, aconsella a
adopción de medidas correctoras en materia de ingresos, medidas que teñen que pasar
obrigatoriamente polo aumento da presión fiscal, así como unha mellor xestión dos
ingresos que se recadan directamente polo Concello. Neste sentido, proponse a adopción
das seguintes medidas:

1º.- En relación co IBI de urbana, proponse a revisión dos valores catastrais,
mantendo o tipo minimo do 0,4%, delegando no ORAL a xestión, revisión e cobro.

2º.- En relación co Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, revisión da tarifa.
3º.- Implantación do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza
urbana.

4º.- Taxa por recollida de lixo. Acutalización do Padrón así como do prezo da taxa, en
función das propostas do ORAL.

5º.- Confección do padrón da Taxa por conexión ao saneamento muncipal, e fixar
prezo en función das propostas do ORAL.

6º.- Confección do padrón da taxa por alcantarillado, e fixar prezo en función das
propostas do ORAL.

.7º.- Revisión do prezo por suministro de auga, con cuotas axustadas aos custos reais
do servicio e similares aos concellos do entorno, así como fixar prezo en función das
propostas do ORAL.

8º.- Actualización e aplicación da taxa por expedición de documentos administrativos.

9º.- Actualización da taxa polo uso do pavillon.

10º.- Aplicación da ordenanza de Vados.

11º.- Delegar no ORAL, a liquidación definitiva do imposto de Construcións.

12º.- Implantar a taxa por licencias urbanísticas.”

Este é o programa oculto que ten o PP. Por iso mentres o BNG fai as
suas propostas, o PP limítase a criticalas, sen falar das súas para que a
xente non saiba das súas verdadeiras intencións. Tamén propoñen moitos
outros recortes dos que non se atreven a falar. O triste é que mentres non lle
cobran os 48.000 Euros á empresa do mercado, o concello débelle cartos a
empresas de Barro, aos rapaces e rapazas da Banda Xuvenil, ou do grupo
de danzas, o que lles crea moitos problemas a estas entidades para seguir
coa sua gran labor.

Landín examina a súa gestión dos resultados desde o 2007

Os conflitos veciñais derivados de infraestruturas viarias como a reforma da estrada de Vilagarcía, a PO-531, en Curro , ou o trazado do AVE por Porráns marcaron o mandato que está a piques de culminar en Barro. O triunfo do PP na Xunta permitiu ao alcalde, o popular José Antonio Landín, retomar o proxecto de mellora do parque da Barosa, actualmente en execución e no que se introduciron cambios substanciais respecto ao paralizado polo bipartito.

Landín Eirín é, con Julio Sayáns, dos rexedores da comarca de Pontevedra máis veteranos no cargo. Este médico de profesión goberna con maioría absoluta e hai catro anos logrou case o 60% do apoio dos electores de Barro.

O rexedor volve repetir como candidato e enfronte terá ao nacionalista Xosé Manuel Fernández Abraldes e ao socialista José Sanmartín, que se estrea nestas lidees buscando maior tirón para o seu partido. A oposición recrimina ao equipo de goberno que encabeza Landín Eirín a súa falta de liderado para xestionar servizos básicos e evitar a perda de poboación neste municipio ben comunicado e situado a dez minutos da capital da provincia. Tamén critican a súa «falta de diálogo» con algúns colectivos e a súa «escasa sensibilidade» cara ás demandas da asociación de pais de alumnos (ANPA) do colexio Amor Ruibal.

PP

1.387 votos e sete concelleiros 59,76%

BNG

628 votos e tres concelleiros 27,06%

PSdeG-PSOE

288 votos e un concelleiro 12,41%

Landin «Non teño ningún interese en contestar»

O alcalde de Barro, o popular José Antonio Landín Eirín, non quixo participar na enquisa que La Voz de Galicia pasou a todos os candidatos do municipio para explicar aos seus lectores algúns dos temas de maior relevancia para os veciños ante a contenda electoral.

Os cuestionarios remitíronse aos tres candidatos á vez o pasado xoves, día 12, dando unha marxe de tempo para respondelas, e tanto Abraldes como Sanmartín as contestaron en tempo e forma. Os cuestionarios remitíronse para que os candidatos elixisen e meditasen ben as súas respostas e recomendóuselles que fosen concretos e breves.

A reacción do alcalde de Barro foi primeiro o silencio e despois de varios intentos para conseguir contactar con el, Landín só dixo a este xornal que: «Non teño ningún interese en contestar».

pp josé antonio landín eirín

Promesas de Landin para os próximos 4 anos

LISTAS PP DE BARROpromesas de landin para os próximos 4 anos.PDF

Candidatura que presenta o Partido Popular de Barro

Esta é candidatura que presenta o Partido Popular de Barro ás eleccións do 22 de Maio.

Barro tramita una línea de buses para conectar las parroquias

El alcalde de Barro, el popular José Antonio Landín, anunció que el Concello está iniciando los trámites para la puesta en funcionamiento de una línea de transporte urbano e interparroquial. Esta línea de buses dará servicio a San Antoniño, las parroquias y los polígonos del municipio.

Para la entrada en funcionamiento de este programa, se tendrán en cuenta las necesidades de desplazamiento de los vecinos a la capital del municipio, así como los de estos y los de otras parroquias a los polígonos industriales y la guardería municipal. Landín precisó que se trata, con esta medida, de fomentar el uso del transporte público en el concello de Barro.

Landín reclama a Política Territorial que se manteñan as paradas de bus no viario de Porráns

O alcalde de Barro, o popular José Antonio Landín, remitiu onte un escrito á delegada provincial da Consellería de Política Territorial, Isabel Domínguez, para que se emenden varias «deficiencias» detectadas tras percorrer o tramo da estrada de Porráns a Moraña (PO-226) que discorre polo municipio.

En concreto, o rexedor considera necesario que se manteñan as tres paradas de autobús que estaban situadas en Mane, Triabá e Barroca, e que utilizan tanto os usuarios do transporte de viaxeiros que se desprazan a Moraña ou Pontevedra como os nenos para o uso do transporte escolar.

Tamén demanda que se melloren as beiravías en moitas zonas da estrada ao entender que son insuficientes, co consecuente perigo para os peóns.

Landín Eirín engade que, se a Xunta non quere acometer esas melloras, procédase ao estaquillado das liñas de expropiación para que as execute o Concello de Barro.

Políticos e veciños de Barro pactan as alegacións ao proxecto

Os tres grupos políticos da corporación de Barro (PP, BNG e PSOE), o presidente da Plataforma da PO-531 e os dirixentes das comunidades de montes de Curro e de Portela consensuaron o pasado luns un escrito de alegacións ao proxecto de ampliación previsto por Política Territorial. O documento recolle basicamente as suxestións xa expostas polo Bloque.

Os asinantes piden á Xunta que modifique o proxecto, cambiando a súa concepción de priorizar a circulación de vehículos por outra que humanice o viario PO-531 ao seu paso por Barro. O obxectivo é retardar o tráfico, aumentando a seguridade viaria e permitindo a máxima permeabilidade peonil coa construción de beirarrúas e zonas verdes, integrando a estrada no espazo urbano polo que discorre.

Tamén solicitan que se minimice «todo ou posible» o impacto da obra, tanto de expropiacións de vivendas como de afeccións. Suxiren que se protexa e repoña (de ser necesario) todo o patrimonio cultural afectado polo proxecto e que este se axuste ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Barro.

Finalmente, os partidos e os colectivos veciñais propón que se teña en conta como solución ao tráfico rodado de vehículos entre Vilagarcía, O Salnés e Pontevedra a posibilidade da liberación da peaxe da AP-9 entre Curro e Pontevedra.