Eleccións 24M: O PP perde a maioría absoluta en Barro e abre a porta da Alcaldía ao BNG

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Tras manterse na alcaldía dende 1983 -cunha paréntese de sete anos nos que foi alcaldesa a súa muller ao estar el inhabilitado- José Antonio Landín Eirín deixará de ser alcalde de Barro. O Partido Popular perdeu a maioría absoluta ao obter un respaldo do 45,24% (993 votos). Con este resultado, os populares quedan con cinco concelleiros dos once que hai na corporación.

En total, o PP cae máis de dez puntos con respecto ás últimas eleccións municipais e perde un concelleiro, o sexto, xusto o que os priva de revalidar a maioría absoluta.Concretamente, quedou a 33 votos de manter a Alcaldía.

Todo apunta a que o novo alcalde do municipio será o nacionalista Xosé Manuel Abraldes. El deu ao BNG a súa primeira alegría da noite na comarca ao coñecerse os resultados definitivos. Obtivo 684 votos, un 31,16% do total, o que lle garante catro concelleiros na próxima corporación municipal.

Este resultado supón sete puntos máis que en 2011 (102 votos máis), o que lle permite subir de 3 a 4 concelleiros.

Para ostentar o bastón de mando, o candidato do BNG terá que pactar co PSdeG-PSOE de José Sanmartín, que tamén mellorou os seus resultados con respecto ás últimas eleccións. Alcanzou os 491 votos, un 22,37% de apoios por parte dos veciños de Barro. Son 79 votos e case cinco puntos máis que hai catro anos.

Serán dous os concelleiros socialistas que se senten na nova corporación.

A participación nestas eleccións foi do 70,89%, case cinco puntos menos que hai catro anos.

http://pontevedraviva.com/xeral/20314/eleccions-24m-pp-perde-maioria-absoluta-barro-abre-porta-alcaldia-bng/

bng de barro

o PP presenta o seu equipo para as eleccións de Barro

PORTADA faro-de-vigo

O PP de Barro presentou a candidatura coa que José Antonio Landín aspira á alcaldía. Serán as cuartas eleccións municipais para o médico xubilado e actual rexedor do municipio. Acompáñano nos postos de cabeceira María Teresa Roig, Jesús Manuel Moreira, María Dores Martiñán, Emilio Ucha, Manuel Rivas Reboredo, José Cons e Modesto Axude.

PP DE BARRO

Candidatura do PP de Barro ás Eleccións Municipais do 24 de Maio

novas de barro pp de barro

PP

Pleno Aberto 8-4-2015 José Antonio Landín

O alcalde non ía detido

diario-pontevedra1

O alcalde de Poio, Luciano Sobral, Nito, é un tipo serio e responsable. Sabémolo. Sabémolo todos sanmartinos días, pero cando hai noticias como a que tocou onte, de derrubamentos no Vao, sabémolo máis. E é que os operarios da picaraña estaban convocados para as 9.00 da mañá e con puntualidade británica apareceu tamén el para comparecer ante a prensa. Ademais, a operación non se puido completar, e moi seria e amablemente, Sobral pediu desculpas á prensa por facerlles «vir para nada». O máis rechamante foi que, unha vez disolta a ‘reunión’ o rexedor e o concelleiro de Urbanismo, Xulio Barreiro, abandonaron a zona no asento traseiro do coche da Policía Local. Digo eu que sería por economizar e evitar ter que ir en varios vehículos.

Cambio de municipio e pásome ao tema electoral. Non o van crer pero eu vexo a cousa moi apagada

E para o pouco que falta e o moito que se xogan algúns nas eleccións. Non é o caso do PSOE de Barro. Este fin de semana elixiron como candidato ao voceiro, e nese acto de elección, o que xa é voceiro deu todo un exemplo do bo tipo que é. A todo o mundo lle chamou a atención que Sanmartín comparecese tras un atril cuberto por un tapete de punto de cruz. Ese é o tapete que un bo día lle regalou e que xa nos ensinou en 2013. A este simpatizante dáselle de vicio o punto de cruz e fíxolle unha rosa e mesmo o nome e apelido no tapete. Sanmartín considera que ese detalle vale máis que un cartel ou unha José Sanmartín, Marcos Gregorio tarxeta de presentación, e úsao como un elemento corporativo máis. Dei que si, home, que xa tivese querido Zapatero un detalle tan persoal. Por certo, en Barro o único que falta por postularse á Alcaldía é Será que o noso alcalde está a pensar en Landín. ‘Sean Connery‘ xubilarse? José Antonio

sanmartin

Landin ameaza a Sanmartin a levalo ante a fiscalia por insultos e insinuacións insidiosas

Noticias de Barro

Extracto do pleno extraordinario celebrado o 13-08-2013.

“8.4.- Polo Sr. Alcalde, e en relación con escrito presentado polo Sr. Sanmartin nolandin 1 rexistro Xeral do Concello en data 29 de maio de 2013 no que se formulan 11 preguntas, e dado que algúnhas delas xa se lle habían contestado con anterioridade e outras supoñen sembrar dúbidas sobre a honorabilidade do Sr. Alcalde e da Xunta de Goberno Local, insultos e insinuacións insidiosas, vai dar traslado á Fiscalía do mesmo para que se depuren as responsabilidades penais correspondentes. Ademáis o escrito atópase colgado nas redes sociais dende maio coa intención de danar persoalmente ao Alcalde. Asimesmo manifesta que nin na vida nin na política vale todo, e que poderá haber xente tan honrada coma el persoal e políticamente pero dubida que alguén poida se-lo máis.

O Sr. Sanmartín Soto, rógalle ao alcalde non proceder a xudicializar a política, manifesta as súas disculpas públicamente se o contido do escrito non foi o máis axeitado ou puidese dar lugar a interpretacións non adecuadas. Asimesmo comprométese a retirar o escrito das redes sociais, volvendo a solicitarlle disculpas ao Sr. Alcalde.
A sesión rematou ó fio das vinteunha horas cincuenta e cinco minutos. Dou fe.”

descarga pdf13-08-13 (1)pleno en pdf

 

A Corporación de Barro apoia os preferentistas

diario_pontevedra.750

Apoio dos tres grupos da Corporación. O alcalde, José Antonio Landín, quen dende o principio lles preguntou aos preferentistas se «se vai poder celebrar o Pleno», accedeu a ler e debater un texto que acabou converténdose nunha moción consensuada entre os afectados e os tres grupos políticos. En particular o ‘popular’, prometeu prestar o seu apoio en todo o posible, sen considerar que as demandas dos afectados por esta estafa poidan considerarse un asunto partidista ou político.

 MOCIÓNS. En canto ao resto da sesión, a ecasez de temas para o debate foi compensada cunha longa lista de mocións da cal varias foron aprobadas por unanimidade. Tamén relacionada coa crise a proposta para adherirse ao convenio da Fegamp que permitirá prestar asesoría xurídica gratuíta ás persoas en risco de desafiuzamento, foi unha das ideas máis relevantes das aprobadas onte. O Concello debe pedir ao Goberno de Caldas de Reis que solicite o servizo á Fegamp, pois se tramita a través da cabeceira de bisbarra. Ademais deuse luz verde ao texto do BNG para evitar o desmantelamento dos xulgados de paz nos pequenos concellos, e apoiouse unha proposta do PP para ofrecer actividades escolares de Educación Vial. Outra moción do PSOE para implantar vaos en San Antoniño e contar cos servizos dunha grúa estudarase formalmente.

landin preferntes

A tesoirada aos salarios dos alcaldes confunde aos rexedores

la voz

A limitación que o Goberno central propón impor aos soldos dos alcaldes e ao número de dedicacións exclusivas nos landin-31Concellos creou un gran desconcerto entre moitos dos afectados, mentres que algúns dubidan sobre as súas consecuencias. O alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, foi contundente ao tachar a medida como «cortina de fume» destinada a desviar a atención do público dos casos de corrupción. Ademais, resaltou que é unha proposta máis adecuada para os tempos de Franco, ao reforzar o papel das Deputacións fronte aos concellos.

En todo caso, Lores é un dos rexedores que podería saír beneficiado da norma, porque tería unha marxe legal para ampliarse o soldo, cousa que non figura nos plans do goberno local. A popular María Ramallo, alcaldesa de Marín, tamén se atoparía nesta situación vantaxosa, porque o seu salario é menor do previsto para os municipios de máis de 20.000 habitantes. O socialista José Luis Poceiro, rexedor de Vilaboa, é outro que gaña menos do que o Goberno central considera que debería ser o límite máximo de percepcións para o seu concellos.

Os municipios con menor poboación ven máis afectados pola tesoirada. Un dos casos é A Lama, rexido polo popular Jorge Canda. A aplicación da norma impulsada por Rajoy báixalle o seu soldo en tres mil euros. «Que hai algo que facer na Administración local, de acordo», indicou, pero engadiu que un alcalde debe ter un salario «digno». «Eu dedícolle moitas horas ao Concello, non só pola mañá, dedicámonos en pleno ao traballo do Concello». O alcalde de Cuntis, o popular Antonio Pena, reiterou esta idea. «Eu non entrei en política para enriquecerme, pero a responsabilidade dun alcalde é moita e traballamos 24 horas. Espero que esta medida non sexa só para os alcaldes, senón para todos», concluíu.

O expopular e agora independente Roberto Vázquez, alcalde de Portas, foi máis incisivo. «Hai que empezar por arriba, non por abaixo. É moi fácil apertar aos alcaldes, ¿pero non sería máis fácil que empezasen por viaxes en primeira, dietas e esas cousas?», ironizou devolvendo os dardos aos deputados.

No outro extremo, o alcalde popular de Barro, José Antonio Landín, que non cobra un salario do Concello senón do seu traballo como médico. «Ao meu paréceme ben que se poña coto».

A escola infantil puxo fotos novas na súa páxina, míraas

http://escolasinfantis.net/blogue_centro/de_barro/

escola infantil

Desfibriladores para o Concello

faustinoO Concello de Barro estará entre os concellos nos que se instalarán desfibriladores, que ppconxuntamente coa Deputación de Pontevedra, forman parte dun plan provincial de apoio ao deporte que axudará a paliar riscos cardiovasculares e respiratorios ás persoas que o practican. Noraboa ao Concello pola iniciativa que tamén supón un desembolso económico nestes tempos complexos.

Faustino representa ao pp de Barro, no Congreso do Partido Popular de Galicia.

FAUSTINO BATALLAN

FESTA ILEGAL

faustino batallanFAUSTINO BATALLÁN CONS: Bueno, hoxe vai tocar pedir explicacións desta foto que ides ver. Hai espallado por Barro, locais, bares, etc, este panfleto, no que se propón que se participe nunha “FESTA DE FIN DE AÑO 2012” no Pub Garaxe, das Baladas. Unha festa “privada

 e autorizada por veciños” (é a primeira vez na miña vida que escoito, que uns veciños poden autorizar unha festa privada, cando iso é competencia dunha administración, que é o Concello). Aparecen dous teléfonos e dous nomes, cos que contactar el “pagar” 15 euros por unha festa privada. A tres días de pechar as solicitudes para participar voume preguntar varias cousas, e que seguro que nuns días poderei responder:Esa festa está autorizada de maneira legal polas administracións competentes? Seguro que se fose eu, non iría, xa que todos recordamos o que pasou hai pouco co tema do Madrid Arena, e ademáis tódolos anos, recórdase que as festas organizadas desta maneira, son ilegais.

Por outra banda, quen son os que organizan esto? Explícome, ese local está pechado, sen actividade, polo que ademáis entendo que estará sin seguro de Responsabilidade Civil, e a empresa que tiña a explotación ao cesar a actividade, cesou coa licencia…que pode pasar entón? Esas persoas alquilan un local (aquí o arrendatario está exonerado de culpas, él só se preocupa de facer un alquiler e ganar cartos) e fano de maneira física, como empresa? Son eles realmente os que alquilan? A quen pedir responsabilidades nunha festa privada destas características?

Pero hai máis, e se ademáis estivesen implicadas en todo isto persoas que ademáis son os “maiores defensores” do comercio e do pago de impostos, e resulta que o que buscan é montar un “tinglado” no que ganar uns cartiños, facerlle competencia desleal aos empresarios de hostelería de Barro (eu penso que aquí a Asociación de Comerciantes de Barro, Acebarro Barro debería de denunciar esta práctica que perxudica a un sector como é a hostelería, que ben coñece o seu Presidente, dono dun local) e algún obxectivo máis?

Podería seguir preguntando, pero penso que sólo con isto xa chega. Eu sí vou a informarme e investigar, seguramente me atoparei con algunha sorpresa. Xa vos conto.

FESTA EN BARRO FIN DE ANO

O PP de Barro inicia a andaina para solicitar á Xunta un novo colexio

Iso, polo menos, é o que se desprende da información dada polo alcalde, José Antonio Landín, no Pleno ordinario do pasado martes, que se celebrou de modo adiantado por motivos de axenda de membros da Corporación.Ao termo da sesión o alcalde informou verbalmente de dous asuntos que está preparando o Goberno local: a revisión dos custos de aseguradores e a petición para a construción dun novo colexio.Con respecto a isto último, o alcalde indicou que a posibilidade de pedir formalmente á Xunta a construción dun novo centro xa se consultou co delegado territorial de Educación. Ao parecer, as instalacións do Amor Ruibal están obsoletas e necesitarían reformas. Ademais, o municipio ten unha curva positiva de poboación que fará que, en próximas xeracións, aumente o número de alumnos sen que, na parcela, haxa demasiadas posibilidades de ampliación.
O centro, ademais, adoece de certos problemas de accesibilidade, dado que a entrada principal está composta por unha longa escalinata de acceso.

Segundo os datos que hai actualmente na web do centro, 180 alumnos de Infantil e Primaria reciben clases nesta instalación, que conta cun corpo docente de 20 mestres.

O alcalde solicitou saber a opinión da oposición e os dous grupos manifestáronlle que estarán dispostos a apoiar a idea, aínda que, de momento, o alcalde non desvelou onde ten previsto implantar o novo colexio. O centro necesitará unha parcela de 20.000 metros, polo menos, segundo manifestouse na sesión.

Tamén se aprobou parcialmente a moción do BNG sobre o uso dos locais sociais, para que exista certo rigor na concesión dos mesmos e todas as asociacións poidan solicitalo. O PSOE, pola súa banda, pediu ao PP que se situase contra a supresión da axuda estatal á Teleasistencia e os edís ?populares? respondéronlle que a Deputación xa asumira ese custo.

O PP de Barro presenta unha moción para a construcción dun novo colexio público.

PP de Barro.José Antonio Landín, alcalde de Barro, e en nome do grupo municipal do PP, presentou unha moción hoxe no pleno do Concello de Barro, na que insta á Xunta de Galicia á construcción dun novo colexio público.
O alcalde explicou no pleno de hoxe que esta proposta xa conta cos informes favorables da Inspección de Educación da Xefatura Territorial de Pontevedra da Xunta de Galicia.
Landín sinalou que agarda por a disposición da Administración Autonómica os terreos necesarios para que o novo centro conte con todos os servizos como pistas deportivas, etc.
Tamén indicou que se facilitarán os terreos coa mellor ubicación posible, como xa se fixo na construcción do actual IES de Barro.

Información do pleno de hoxe por Faustino Batallán

 Faustino Batallán Cons. PP de BARRO

 Hoxe no pleno, outra curiosa anécdota: O portavoz do PSOE de Barro leva unha moción para reclamar a solución á desaparición do convenio de Teleasistencia do Ministerio, e resulta que iso xa foi solucionado hai unhas semanas pola Deputación no marco dun convenio cos Servizos Sociais cos concellos da provincia (asumindo agora a Teleasistencia pola Deputación), incluidos os que goberna o PSOE e comunicado en prensa, etc…. Chegou tarde, ou non puido ler a prensa?… ·