Unha marea vermella solidaria de 1.200 persoas

la voz

Unhas 1.200 persoas tomaron a saída na Pontevedrada 2016, a marcha solidaria a pé entre a cidade e Santiago para fomentar a doazón de sangue, órganos e tecidos. A iniciativa abriuse na praza da Ferrería e concluirá ao longo desta mañá na praza do Obradoiro, en Santiago.

Unhas 1.200 persoas tomaron a saída na Pontevedrada 2016, a marcha solidaria a pé entre a cidade e Santiago para fomentar a doazón de sangue, órganos e tecidos. A iniciativa abriuse na praza da Ferrería, onde a marea vermella escoitou o testemuño de Ángela Lemiña Dacosta (no centro da imaxe), que contou que está viva tras recibir no 2015 dous pulmóns. Esta muller de 33 anos dixo que ela é o exemplo de que doar salva vidas. A Pontevedrada, que alcanza a súa sexta edición, realízase de noite con paradas en San Amaro (Barro), Caldas de Reis, Valga e Padrón. Remata no Obradoiro.

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2016/05/01/marea-roja-solidaria-1200-personas/0003_201605P1C6992.htm

pontevedrada

 

Diversos colectivos de Barro colaborarán coa “Pontevedrada”

 PORTADA faro-de-vigo

A 72 horas para que teña lugar a “Pontevedrada 2015″, unha marcha solidaria nocturna que transcorre durante 63 quilómetros dende Pontevedra ata Santiago de Compostela a través do Camiño Portugués, e que conta con máis de 900 inscritos nesta ocasión, a sociedade de Barro implícase nesta iniciativa que atravesará o municipio na tarde noite do próximo sábado. A “Pontevedrada” trata de fomentar a doazón de órganos e ano tras ano foi aumentando o número de persoas participantes.
Un colectivo cultural, “AmigosFervenzaBarosa“, tres locais hostaleiros, Furancho do Niní, Mesón Don Polbo e Taberna Pousada do Peregrino e a panadaría Pasarín, uniron os seus esforzos para que a primeira parada “técnica” no lugar de San Amaro (Portela, Barro) para repoñer forzas, tras máis de dúas horas de camiño que fará esta marcha e que serán no concello de Barro, sexa o máis solidaria posible.
Contribuirá tamén á seguridade de máis dos xa máis de 900 inscritos, Protección Civil de Barro, que os escoltará ao seu paso polo municipio para minimizar calquera tipo de incidencia de seguridade.

Colaboración
Durante as últimas semanas ademais a AC FervenzaBarosa promoveu o envío a través de whatsapp, viber, line, e distintas redes sociais a participación.
O vicepresidente da AC, Faustino Batallán, sinalou que “renovamos novamente un ano máis a colaboración coa Pontevedrada e a súa causa no tempo e de xeito indefinido por terceiro ano, axudando na difusión e promovendo esta iniciativa solidaria no municipio de Barro“.
Tamén, poderase seguir esta marcha solidaria en “directo” a través do twitter @FervenzaBarosa e o hastag #Pontevedrada2015.
Recordar, así mesmo, que non é obrigatorio completar todo o percorrido da Pontevedrada, así como que se conta co apoio loxístico de vehículos de asistencia en ruta.
Por outro lado, a organización aconsella aos participantes levar chaleco reflectante, lanterna ou frontal e pilas de reposto, teléfono móbil cargado, bebida e alimento lixeiros, roupa de abrigo e chuvasqueiro, bastóns de trekking, calzado e calcetíns de reposto e unha pequena caixa de primeiros auxilios, ao tempo que insistiron en que o retorno a Pontevedra corre por conta de cada un dos inscritos.
Os participantes tamén farán un pequeno descanso na vila de Caldas de Reis.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/04/23/diversos-colectivos-barro-colaboraran-pontevedrada/1225987.html

diversos-colectivos-1

 

Entre a solidariedade e o esforzo

diario_pontevedra.750

Movidas polo deporte e a solidariedade, ao redor de 600 persoas 687547iniciaron onte a ‘Pontevedrada 2014′, unha iniciativa a través da cal se percorren os 63 quilómetros que separan a praza da Ferrería da do Obradoiro co obxectivo de concienciar da importancia da doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos

Deporte e solidariedade fusiónanse na ‘Pontevedrada‘, unha iniciativa de Raúl Álvarez, un rioxano afincando en Pontevedra dende hai anos, e Miguel Martínez, os que decidiron importar á cidade doLérez a marcha solidaria que se celebra dende hai 37 anos entre Logroño e o Mosteiro de Valvanera. Ambos os dous, doadores a nivel particular, viron nos 63 quilómetros que separan a praza da Ferreríae a do Obradoiro, en Santiago de Compostela, a oportunidade perfecta para concienciar dun xeito máis global sobre a importancia da doazón altruísta de órganos, sangue e tecidos.

O éxito da iniciativa, que vai pola súa cuarta edición, queda reflectido na participación e na cara de alegría dos seus dous fundadores. O primeiro ano foron só eles que realizaron este tramo do Camiño Portugués a Santiago, pero para a seguinte edición xa sumáranse 58 persoas. Dende ese momento, a afluencia non deixou de crecer. Máis de 600 persoas acudiron onte á praza da Ferreríapara iniciar esta ruta nocturna que efectuou breves paradas voluntarias de descanso e refrixerio en Barro, Caldas de ReisValgae Padrón.

Momentos antes da saída, que tivo lugar ás 20.00 horas, e co obxectivo de trasladar a mensaxe da ‘Pontevedrada‘, se puxo voz aos beneficiarios da doazón, demostrando que a solidariedade colectiva salva vidas. Un pontevedrés que recibiu un transplante de medula ósea hai dous anos e o pai dun dos primeiras persoas en realizar esta intervención en España acudiron A Ferrería para dar unha charla a todos os presentes, algo que fixo especial ilusión tanto á organización coma aos participantes.

Compañeirismo

Se hai algo no que coinciden todos os participantes é que a ‘Pontevedrada‘ xera compañeirismo. Independentemente de que uns participasen polo reto e outros polo fin da marcha, todos coinciden en que os lazos que se crean durante a ruta é algo que os leva a repetir. Non obstante, esta solidariedade comeza antes de botar andar. Sen presuposto, a marcha lévase a cabo grazas ás achegas voluntarias. Francisco Pérez elaborou de xeito altruísta os números que locen os participantes, mentres que outros compañeiros se encargaron doutras funcións como a elaboración de carteis.

Os vehículos equipados de asistencia, que acompañaron aos ‘marchosos‘ durante todo o camiño, tamén foron achega de particulares e institucións como a Deputación de Pontevedra, que habilitou un microbús de 18 prazas, a Fundación Amigos do Camiño Portugués, cunha furgoneta con nove prazas, ou a Escola Naval Militar.

Un equipo de Osteópatas Sin Fronteras trasladouse ata o hotelScala de Padrón para atender ás persoas que necesitaron axudan para rematar o camiño ou as que quixeran plantarse alí. Con 40 quilómetros recorrido, este punto é o que se producen máis baixas. «Cansos pero contentos», é o sentimento xeral.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/328062-solidaridad-esfuerzo?lang=gl