O consumo enerxético do alumeado do polígono de Sequeiros será un 75% máis barato

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Co obxectivo de conquerir un aforro importante no consumo de enerxía eléctrica, o Concello de Barro elaborou o proxecto de mellora de eficiencia enerxética na iluminación pública do parque empresarial de Sequeiros, cun orzamento de 20.228,63 euros.

Este proxecto conta cunha subvención do 80% do seu custo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, por importe de 15.998,46 euros, dentro da liña de axudas para a habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais.

A actuación foi executada pola empresa Elecnor S.A. e consistiu na substitución das luminarias existentes nos 46 puntos de luz do polígono por unhas novas con tecnoloxía LED, coa que se vai conseguir un aforro aproximado dun 75% no consumo de enerxía eléctrica e, ao mesmo tempo, nas facturas a pagar polo Concello.

http://pontevedraviva.com/xeral/40598/consumo-energetico-alumbrado-poligono-sequeiros-75-mas-barato/

sequeiros

A Xunta aproba unha axuda para melloras no polígono de Sequeiros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou este martes que a Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou apoios para parques empresariais co obxectivo de mellorar o servizo que se presta ás compañías xa instaladas.

Esta convocatoria prevé axudas do 80% do custo subvencionable.

Deste xeito, a Parroquia da Portela recibirá unha subvención de 16.000 euros co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética do  polígono de Sequeiros.

poligono-sequeiros-barro