Landín súmase á polémica: «Non somos unha parroquia de Pontevedra»

diario_pontevedra.750

A idea de Agustín Fernández de que a planta de compostaxe se sitúe no polígono BarroMeis levantou unha poeira que parece difícil de extinguir. Onte, tras un fin de semana cheo de polémica nas redes sociais, foi o alcalde, José Antonio Landín (PP), o que saíu ao paso dos comentarios. «Cada pau que aguante a súa vela» pide o alcalde, nunha versión (realmente edulcorada) do seu «cada can que resgue os seus carrachos», frase que soltou no espazo de Facebook de la Alcaldía a mediados de 2014, cando o debate pola planta de compost estaba en pendes e apuntouse, por primeira vez, ao polígono Barro-Meis como posible situación.
«O grupo de Goberno quere facer un chamamento aos veciños, así como aos que se lían en dispoñer do seu territorio ou as súas instalacións. Como se manifestou noutras ocasións, Barro ten Concello propio, con personalidade xurídica e competencias,» recorda, para engadir que sabemos moi ben o que beneficia ou prexudica aos nosos veciños, concretamente ao polígono Barro-Meis».
Por último, Landín recorda que se noutros tempos «algún conselleiro se empeñaba en situar Ence e Elnosa neste polígono e hoxe en día outras forzas políticas queren facer o mesmo coa planta de compost, a uns e outros lles dicimos que non somos unha parroquia de Pontevedra e traballamos noutra dirección».

Tamén se desmarcou da idea, por enésima vez, o voceiro do PSOE de Barro, José Sanmartín, quen recorda que xa en 2014 publicaron unha carta rexeitando a idea. Nas redes sociais, os seus seguidores recomendábanlle aclarar posturas con Agustín Fernández, algo que, ao parecer, puido facer a responsable comarcal da agrupación.

landin louzan

O BNG DE BARRO PIDELLE AO PSOE RESPECTO POLOS VECIÑOS E VECIÑAS DE CURRO, E QUE DEIXE DE ALARMAR SOBRE A UBICACIÓNDA PLANTA DE COMPOSTAXE

bng barroO PSOE no seu pronunciamento contra a construción dunha planta de compostaxe para un tratamento sustentábel dos residuos orgánicos está facendo declaracións alarmistas nas que considera unha instalación desas características moi nociva e molesta para os veciños de Pontevedra, pero apropiada para as veciñas e veciños de Barro, ao propor que se instale no polígono de Barro-Meis.

A ubicación xa está decidida.

O proceso de escolla de terreos para instalar esa planta consistiu en que as comunidades de montes ou particulares con terreos adecuados para a mesma llos ofertaran ao Concello de Pontevedra. Ningunha parroquia de Barro ofertou terreos para a mesma, pero si o fixeron varias parroquias do Concello de Pontevedra, decantándose este pola oferta da parroquia da Canicouva, por reunir as mellores condicións técnicas.

A compostaxe dos residuos orgánicos é o tratamento máis racional e ecolóxico dos mesmos, tanto polo aproveitamento do compós que se produce, para a súa reutilización como abono, como ao ser o máis respectuoso co medio ambiente ao evitar a súa incineración, é por iso que o BNG ten demandado no concello ese tratamento para os residuos orgánicos.

Sería bo que o PSOE se aclare e deixe de enredar con este tema. Se se está contra a incineración dos residuos e se no Parlamento se presentaron iniciativas para apostar pola compostaxe non se debe alarmar a cidadanía cando hai administracións que intentan levalo a cabo.

No BNG sempre defendemos un tratamento sostíbel para os residuos urbanos defendendo a reciclaxe e a compostaxe, dándolle así un tratamento ecolóxico e acaído ao século XXI. É por iso que valoramos positivamente os esforzos daquelas administracións que buscan conquerir eses obxectivos.

O PSOE avoga por utilizar o polígono de Barro-Meis para instalar a planta de compost, ´ propiedade da Deputación ´

PORTADA faro-de-vigo

O PSOE pontevedrés xa se decantou definitivamente pola localización que, ao seu xuízo, debe psoe-barroelixirse para a planta de compostaxe que proxecta o BNG de Pontevedra en colaboración coa Deputación: o polígono de Barro-Meis, que precisamente é propiedade” da institución provincial, “o que abarataría os custos”.

Agustín Fernández, concelleiro de Educación e Deportes e aspirante socialista á Alcaldía, mostrou onte as súas dúbidas sobre o interese que, segundo o alcalde, Miguel Fernández Lores, albergan as adegas da bisbarra do Salnés polo futuro compost que se poida fabricar na planta de Canicouva. “Se o sector vinícola ten interese en utilizar aboamento realizado a partir dos residuos sólidos urbanos, non ten que agardar á materialización dun proxecto virtual. Só ten que adquirilo nas plantas de Nostián e Lousame, onde hai moitas toneladas dispoñibles esperando comprador,”. O edil socialista engade que “seguro que as concesionarias destas dúas plantas, que acumulan importantes perdas anuais por falta de saída do seu produto, agradecen a chamada de Louzán“. E é que Fernández sitúa o presidente da Deputación como “impulsor” dese “interese” no Salnés.

Por iso, o edil do PSOE sostén que “a fabricación de compost no polígono de Barro-Meis abarataría os custos de transporte ás viñas desa bisbarra, minimizaría o impacto económico e ademais incrementaría a viabilidade económica, na medida que a Deputación é propietaria dos terreos”.

Fernández tamén fai referencia ás queixas do alcalde polo “cambio de opinión” dalgúns colectivos con respecto ao proxecto, algo que considera “comprensible a medida que vai aparecendo máis información sobre unha iniciativa totalmente falta de transparencia”.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/01/18/psoe-aboga-utilizar-poligono-barro/1167610.html

Froiz prevé aumentar entre un 20 e un 30% o seu persoal co seu novo centro operativo en Barro-Meis

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Froiz ampliará substancialmente o seu número de traballadores coa apertura do seu futuro centro operativo e loxístico no polígono industrial de Barro-Meis. Estas novas instalacións empregarán a máis de 500 persoas, o que obrigará á empresa de alimentación a aumentar un “20 o 30% como mínimo” o seu equipo, segundo avanzou o empresario Magín Froiz na súa visita á parcela na que se situará esta nave.

O proxecto queSupermercados Froiz vai desenvolver en Barro-Meis instalarase nun espazo de 73.394 metros cadrados de terreo onde, tal e como indicou Magín Froiz, se creará inicialmente unha nave de 24.000 metros cadrados dedicada á venda, “con superficie suficiente para trabajar y acomodar la mercancía con cierta calidad”. Ademais habilitarase unha área para acoller a “flota potente de camiones” do grupo.

Pero esta iniciativa é aínda máis ambiciosa. O empresario adiantou que se contempla a creación dunha gardería infantil para os fillos dos traballadores da empresa, un comedor para os empregados, unha estación propia de autoservizo ou unha estrulladora de cartón, similar a que xa ten o grupo na súa sede central de Lourido.

Para completar o espazo, Froiz prevé a creación de amplas zonas verdes acondicionadas para lecer e descanso do persoal, “porque como la parcela es grande y bonita queremos hacer jardines para que la gente, al salir de trabajar o en los descansos, pueda estar paseando y distrayéndose”, sinalou Magín Froiz. “Tenemos que pensar en el futuro para hacerlo mejor como empresa y para que los trabajadores estén mejor”.

Como xa adiantara o empresario pontevedrés, estas novas instalacións non suporán o peche da sede de Froiz en Lourido. Magín Froiz insistiu que a matriz do grupo permanecerá en Poio e as oficinas centrais seguirán alí. Ademais, crearase un ‘cash and carry’ que estará aberto ao público e que suporá que “igual cerramos el de A Barca o lo convertimos en un supermercado” que dea servizo á Caeira, trasladando aos traballadores actuais a Lourido.

Ademais, a estas instalacións de Poio trasladarase tamén parte das liñas de conxelados ou froita que, actualmente, están repartida en varias naves como a que o grupo ten en Lérez “porque se nos han quedado pequeñas”. E todo iso traso “tremendo esfuerzo” que supuxo para o grupo a compra de Supermercados Moldes, unha operación na que ambas partes “quedamos contentas”, dixo.

FROIZ, LOCOMOTORA DE BARRO-MEIS

Na visita ao polígono tamén estivo presente o presidente da Deputación, Rafael Louzán, quen amosou a súa “gran satisfacción” polo acordo acadado con Froiz. Vai a permitir, sinalou, o “despegue definitivo” do polígono de Barro-Meis, xa que espera que a empresa de alimentación actúe como “locomotora” de todo este ámbito e permita atraer o interese de máis compañías.

Neste sentido , Louzán lembrou que desde o vindeiro mes de xaneiro de 2015, se abrirá un novo período para que outras empresas interesadas en instalarse en Barro-Meis poidan presentar as súas propostas. Este prazo permanecerá aberto durante todo o ano e as condicións serán as xa establecidas na convocatoria á que se presentaron Froiz e Novas Rías.

O presidente da Deputación confía en que os traballos para a creación das novas instalacións de Froiz se poidan realizar canto antes e a empresa conte con todos os servizos. “Por parte da Deputación non vai faltar nada para que no prazo que estableza a empresa, poida empezar a traballar”, asegurou Rafael Louzán.

Nestes momentos xa está adxudicada a construción da liña de alta tensión que abastecerá de enerxía o polígono e que permitirá poñer en marcha as obras en canto se rematen. A maiores, a Deputación está a construír nestes momentos o viveiro de empresas e está en licitación a construción dun Centro de Servizos e Apoio ás empresas instaladas que proporcionará espazos complementarios como oficinas, salas, auditorio, servizo de restauración, cafetería e outros.

http://pontevedraviva.com/lugar/barro/

POLIGONO BARRO MEIS

Proxectan un centro en Barro- Meis con cafetería, auditorio e salas de reunións de traballo por 900.000 euros

a Diputación de Pontevedra convoca a contratación dunha obra para construír un centro de servizos e de apoio empresarial no polígono industrial de Barro-Meis. Dita infraestructura situarase nunha parcela de algo máis de 5.100 metros cadrados, e o prezo de saída do concurso é de 898.000 euros. O prazo de ejecución é de 11 meses.
A Diputación quere complementar o desenvolvemento deste parque empresarial unha vez que xa se adxudicou o vivero de empresas para emprendedores e que o polígono alcanzou un nivel de ocupación do 50 por cento. Así, este centro dispoñerá de salas para a celebración de reunións de empresas ou de cursos de formación, un auditorio para eventos con moita afluencia de xente ou cafetería e restaurante.
O ente que preside Rafael Louzán explica que o novo centro será un edificio de planta baixa, primeiro e baixo cuberta. Na planta baixa haberá unha cafetería, servizos e oficinas. Na primeira resérvase un espazo para auditorio e salas multiusos, ademais de almacéns e outras dependencias. No baixo cuberta, irán os cuartos necesarios para o funcionamento e ubicación das instalacións.
Os promotores do proxecto sinalan que a edificación terá unha forma baseada en volumes octogonales, cunha superficie útil aproximada de 1.200 metros cadrados.
Por outra banda, a Diputación tamén convoca un concurso para uns traballos na cuberta do Pazo Provincial.

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2014/12/11/proyectan-centro-barro–meis/1147888.html

poligono barro meis

Sacan a concurso un centro de servizos en Barro-Meis e as obras da cuberta do Pazo Provincial

Unha vez adxudicado o viveiro de empresas que acollerá no parque industrial a novos emprendedores e que o polígono acadou unha porcentaxe de ocupación do 50%, a Deputación quere complementar o desenvolvemento urbanístico do parque cun Centro de Servizos e Apoio ás empresas instaladas que, ao tempo, proporcione novos espazos para a celebración de reunións, oficinas, salas, auditorio, servizo de restauración, cafetería e outros.

O novo centro será un edificio de planta baixa, primeira e baixo cuberta. Na planta baixa estará situada unha cafetería, servizos e oficinas. Na primeira, un espazo para auditorio e salas multiusos, ademais de almacéns e outras dependencias. No baixo cuberta, irán os cuartos precisos para o funcionamento e localización das instalacións.

A edificación terá unha forma baseada en volumes ortogonais, cunha superficie útil próxima aos 1.200 metros cadrados.

CUBERTA DO PAZO PROVINCIAL

Doutra banda, a Deputación tamén convocou concurso para obras de conservación na cuberta do Pazo Provincial por 164.459 euros e un prazo de execución de catro meses.

http://pontevedraviva.com/xeral/16559/sacan-concurso-centro-servizos-barro-meis-obras-cuberta-pazo-provincial/

poligono barro meis

Medias verdades monaguescas

o veciño denfrente

Ver esto:

http://www.depo.es/web/edepo/-/noticia-la-diputacion-ingresara-10-millones-de-euros-por-la-venta-de-16-parcelas-y-75-194-m2-del-poligono-de-barro-meis-a-las-empresas-froiz-y-novas-r

 …e comprobar que non é certo que o precio fose 105€/m², senon 105€ + 21%IVA = 127,05€.

 É dicir, dos 10M, máis de 1,6M son de IVA: A Deputación o que é ingresar, ingresará apenas 7,9M.

 E tampouco 75.194m² son os 90.000 que pregonaban ó principio:

 
…para todo o demáis… Mastercard (escollédelle a cor)…

 ¡¡¡¡¡SNIFFFFF!!!!! …

​Pero se con eso non chega n​in para asumir as consecuencias da chapuza do Plan Sectorial que foi anulado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia…

 “El suelo de Barro-Meis costará 10M más de lo pactado”

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/86579.html

 Pensade que o último orzamento do Concello de Barro foi de 1,8M (1.857.700€) e… ¿cal foi o da túa casa…?

 http://www.boppo.depo.es/bop-portlet/download?groupId=31603&folderId=1800651&fileName=bop.PONTEVEDRA.20131212.238.pdf

 Sigamos coas contas:

 Din que venden o 50% ingresando 10M (7,9), pero con outro tanto (o 50% que lles queda por vender) apenas da para cubrir gastos: só a obra de urbanización foron 16,8M

​ (un Pasarón, para entendernos)​:

 http://antalsis.com/?portfolio=urbanizacion-del-srau-outeda-curro-espana

 Vale que hai que celebrar que consigan que comece a funcionar (a estas alturas a creación de calquera cousa que un político po​i​da vestir de emprego encubre calquera neglixencia), pero hai que pensar que esta operación leva 10 anos en curso e máis de 5 anos de retraso en canto as previsións de retorno da inversión, é dicir: é unha promoción urbanística e social fracasada na que todas as previsións que fundamentaron o seu suposto interese público resultaron demostrarse falsas e xurídicamente cuestionadas.

 Entremedias, Idom levou a súa parte (proxecto de urbanización), Antalsis a súa (obra de urbanización) e hasta Cotiasa pillou cacho (Plan Parcial):

 http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/01/31/3420453.shtml

 http://pdf.depontevedra.es/ga/108/TidJkHkIMr.pdf

 Cotias a sonaravos porque (mira-ti-qué-coincidencia) foi a empresa que desenrolou o SU-R-3 para o Concello (http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/iotpu.php?iddoc=26346) e a Concentración Parcelaria de Agudelo-Barro-Valiñas para Medio Rural. Redactou os tres traballos case simultáneamente, e tal vez eso explique os misteriosos repartos de parcelas, a non-exclusión dos núcleos, o cambio de mans de solo construible, a apertura de viais abríndolle frente edificable a según quen… pobriños… tanto traballo fixo que lle misturasen nos miolos urbanismo e parcelaria…

 …Pero ese éche outro conto… crudo… sen monagadas posibles…

louzan

A Deputación ingresará dez millóns de euros pola venda das parcelas a Froiz e Novas Rías

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Deputación de Pontevedra ingresará dez millóns de euros pola venda de parcelas ás empresas LOUZAN FUTBOL 2Supermercados Froiz e Autocares Novas Rías, según manifestou o presidente da institución provincial, Rafael Louzán, este venres en rolda de prensa.

O vindeiro mes de xaneiro abrirase o prazo para que durante todo o ano 2015 as empresas interesadas poidan adquirir terreo no polígono de Barro Meis.

A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou ademais o proxecto para construir un Centro de Servizos e Apoio Empresarial no polígono industrial cun orzamento de 898.000 euros e un prazo de execución de oito meses.

Unha vez adxudicado o Viveiro de Empresas que acollerá no parque industrial a novos emprendedores e unha vez que o polígono acadou unha porcentaxe de ocupación do 50%, a Deputación quere complementar o desenvolvemento urbanístico do parque cun Centro de Servizos e Apoio ás empresas instaladas que, ao tempo, proporcione novos espazos para a celebración de reunión, salas, auditorio, servizo de restauración, cafetería e outros.

O presidente da Deputación afirmou que o polígono de Barro-Meis será un polo de atracción de empresas e para a creación de emprego pois a ubicación nel de Supermercados Froiz actuará de locomotora para a implantación de novas empresas, moitas delas complementarias da súa actividade.

http://pontevedraviva.com/xeral/15929/deputacion-ingresara-diez-millones-euros-parcelas-froiz-novas-rias/

O polígono de Barro Meis acada o 50% de ocupación

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A empresa Supermercados Froiz adquirirá 15 parcelas no polígono industrial de Barro-Meis e a firma de autocares Novas Rías, unha parcela de 1.800 metros cadrados situada no interior no parque industrial. Coas novas adquisicións, o parque industrial ten unha ocupación de 97.000 metros, preto do 50%.

Este luns tivo lugar na Deputación de Pontevedra a apertura dos sobres de referencias técnicas das ofertas presentadas para a adquisición de parcelas en Barro-Meis, unha vez concluido o plazo do concurso convocado.

A oferta de Supermercados Froiz é para a compra de 73.394 metros cadrados de chan industrial distribuidos en 15 parcelas ubicadas no espazo situado entre a autoestrada AP-9 e as cabinas de entrada hacia ela vindo dende a Autovía do Salnés.

O concurso convocado saldouse, pois, coa venda de 16 parcelas e un total de 75.194 metros cadrados. A esta cantidade de superficie enaxenada, hai que engadir 22.000 metros cadrados máis, xa adquiridos anteriormente por outras empresas, o que sitúa a cifra de metros de chan industrial vendidos no polígono de Barro-Meis en 97.194 metros. Isto supón unha porcentaxe de ocupación de preto do 50% pois o parque industrial ten unha superficie total de 261.000 metros cadrados á que hai que descontar o espazo ocupado por viais e outros servizos.

O vindeiro venres, día 14, abrirase o sobre C coa oferta económica presentada polas anteditas empresas e na sesión plenaria da Corporación Provincial que terá lugar o 28 de novembro será a súa adxudicación definitiva.

O PROXECTO DE FROIZ

O proxecto de instalacións de Supermercados Froiz nas parcelas de Barro-Meis inclúe dúas naves: unha de almacenamento de productos secos e outra, de productos frescos, que ocuparán unha superficie total de 26.000 metros cadrados.

Ademáis o Grupo Froiz proxecta un anexo á nave principal, para almacenar palés, de 3.500 metros; un edificio de comedor e vestiarios; instalacións de abastecemento de gasoil; un túnel de lavado de camións; e, entre outras construccións, zonas de axardinamento en torno ás naves, nunha superficie de perto de 4.000 metros cadrados.

MÁIS EMPRESAS INTERESADAS

En vista de que varias empresas se interesaron pola adquisición de parcelas, unha vez concluido o concurso antes mencionado e rematado o 3 de novembro, a Deputación estuda agora fórmulas para abrir un periodo de enaxenación directa de parcelas. Algunhas desas empresas gardan relación con tarefas complementarias da actividade de Supermercados Froiz pero, noutros casos, trátase de firmas relacionadas con outros sectores empresariais e industriais.

http://pontevedraviva.com/xeral/15834/supermercados-froiz-autocares-novas-rias-barro-meis-poligono-deputacion-pontevedra/

poligono barro meis

Varias empresas interésanse “fóra de prazo” por adquirir unha parcela en Barro Meis

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, manifestou este venres que a institución provincial estudia abrir unha nova convocatoria de alleamento de parcelasdo polígono de Barro-Meis toda vez que a compra dun importante número de parcelas por parte de Supermercados Fróiz provocou o interés doutras firmas para radicarse no polígono.

Louzán destacou que a decisión del Grupo Froiz de comprar un espazo situado entre a AP-9 e a cabina de peaxe da saida da Vía Rápida do Salnés está actuando como “locomotora” do polígono e son varias as empresas de servizos auxiliares ou complementarios que se dirixiron á Deputación para interesarse pola compra de parcelas, unha vez rematada a convocatoria anterior o pasado luns 3 de novembro.

“Estudiaremos a posibilidade de abrir unha nova convocatoria para atender as demandas destas empresas”, dixo Louzán.

O vindeiro luns, día 10, abriráse o sobre B, de referencias técnicas, coas ofertas presentadas por Froiz e pola empresa de autocares Novas Rías. Catro ou cinco días despois, abriráse o sobre coa súa oferta económica e o alleamento definitivo das parcelas irá á comisión informativa do día 21 e aprobaráse definitivamente no Pleno do día 28.

Louzán afirmou que “andaremos por unha porcentaxe de ocupación do polígono do 55 ou 60% do polígono e quedará unha superficie disponible en torno ao 40%”.

http://pontevedraviva.com/xeral/15769/deputacion-barro-meis-froiz-supermercados-autocares-novas-rias-parcelas-locomotora-rafael-louzan/

poligono barro meis

O PSOE sitúa a planta de compost nunha canteira de Marcón

diario_pontevedra.750

A incerteza sobre a situación da planta de compostaxe proxectada polo grupo do BNG no Concello e o do PP na Deputación volveu desatar as alarmas no PSOE. O concelleiro de Educación e Deportes e líder dos socialistas pontevedreses, Agustín Fernández, situou onte o centro de tratamento de residuos orgánicos nunha canteira de Marcón.

O edil di dispoñer de informacións contrastadas «de veciños e outras fontes» que aseguran que a empresa que realiza o plan de viabilidade da planta de compost, Lagares Gansa, visitou terreos na citada parroquia, onde reside o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.

A firma en cuestión encárgase de analizar a localización dunha planta cuxa situación se descoñece, polo menos de forma oficial, e de cuestións como a tecnoloxía do futuro complexo, a man de obra ou o custo de construción. As únicas localizacións que transcenderon ata a data son as que pasaron o filtro do Rexistromunicipal: a da empresa Comercial Inmobiliaria Ipamar 96 S.L., enSilleda, a dun particular en Reiriz (Alba), a de comuneros noRibeiro (Campañó) e a das comunidades de montes de Verducido-Xeve.

Todas estas alternativas foron descartadas xa polo Concello, que é a institución que asume a busca de terreos para a planta de compost, sobre a base de supostos informes técnicos.

Agustín Fernández instou de novo aos seus socio de Goberno, oBNG, a facer públicas as posibles situacións da futura instalación. «Toda esta incerteza o que está a provocar é máis alarma. Ademais da que xa se desatou noutras parroquias, agora tócalle a quenda a Marcón. Hai veciños intranquilos que xa se puxeron en contacto connosco por esta cuestión», asegura o concelleiro socialista.

barro-meis. Fernández cre que tanto o BNG coma o PP deben incluír nos seus programas electorais o seu posicionamento claro respecto á planta de compost, un proxecto que ambos os dous partidos defenden e que sacarán adiante sobre a base do «interesexeral» deste. O candidato ás primarias do PSOE para elixir oalcaldable para as municipais de 2015 asegura que o seu belixerante postura non responde a un interese electoral. «Non» é «oportunista. Só quero que se fale claro do asunto», engade.

O concelleiro cre que a mellor saída para unha infraestrutura deste tipo, que cataloga como «vertedoiro», sería un polígono industrial. E concretamente o de Barro-Meis.

O edil Agustín Fernández insta de novo o BNG a facer públicas as posibles situacións da instalación

O polígono de Barro-Meis recibe dúas ofertas para ocupar pouco máis do 30% do chan

diario

O prazo de presentación de ofertas para ocupar o polígono de Barro-Meis finalizou onte coa recepción de dúas únicas ofertas: unha do grupo Distribucións Froiz e outra de Novas Rías, unha empresa con sede en Poio que se dedica ao transporte de viaxeiros en autocares.

A máis suculenta é a presentada polo imperio fundado por Magín Froiz, que pretende adquirir 72.000 metros cadrados de chan industrial valorados en algo máis de 7,5 millóns de euros. A Deputación calcula que o volume requirido traducirase na ocupación de entre 17 e 22 parcelas, pero todo dependerá das necesidades de superficie que se detecten na proposta o vindeiro luns, cando se procederá á apertura de sóbrelos.

Pola súa banda, Novas Rías solicitou unha soa parcela de 1.800 metros cadrados para construír unha nave que sirva de garaxe para os seus medios de transporte. Devandita proposta requirirá dun investimento duns 190.000 euros, dado que as bases do concurso estableceron un prezo de 105 euros máis IVE por metro cadrado.

Poderían aparecer máis

A pesar de que o prazo expirou, a institución provincial podería recibir máis ofertas a través de correo postal e electrónico, modalidades para as que se concederon uns días máis de espera.

No entanto, todo fai presaxiar que a pretensión de ocupar o 100% de Barro-Meis caerá en saco roto. O polígono conta cunha superficie de 237.354 metros cadrados repartidos en 77 parcelas, das que só once foron ocupadas. Anos logo da súa construción, permanecen vacantes 66 e é moi probable que o concurso en fase de tramitación conclúa con terreos libres. Froiz e Novas Rías apenas superan coas súas ofertas o 30% da superficie do polígono, pese ao intento da Deputación de ofrecer prezos razoables e facilidades de pago, coa posibilidade de pagar as parcelas nun prazo de 15 anos.

A única saída á vista para garantir o funcionamento ao 100% do polígono é a construción do porto seco proposto pola propia institución para salvar a sentenza que ordena retirar os recheos do Porto de Marín. Iso si, a alcaldesa marinense María Ramallo, xa advertiu de que os empresarios só aceptarán propostas con peirao e nin en Barro nin en Meis hai auga salgada.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/369910-poligono-barro-meis-recibe-ofertas-ocupar-30-suelo?lang=gl

POLIGONO

A Deputación pecha o prazo para optar a 66 parcelas en Barro-Meis

PORTADA faro-de-vigo

A Deputación pecha hoxe o prazo para que as empresas interesadas reservan parcelas no polígono de Barro-Meis, dentro dun novo intento por adxudicar polo menos 66 solares desocupados neste parque. A empresa Froiz, que acaba de adquirir a cadea de supermercados de Moldes, subscribe unha das solicitudes de maior calado, xa que pretende adquirir máis de 70.000 metros cadrados, o que supón un terzo de toda a superficie en oferta. A empresa de distribución inclinouse por Barro-Meis ante o atraso do polígono de Fragamoreira, en Poio, onde tiña desde hai anos unha ampla reserva de terreos. O presidente da Deputación, Rafael Louzán asegurou que ademais de Froiz hai polo menos outras dúas empresas interesadas.

Para lograr a venda de parcelas, a Deputación decidiu rebaixar o prezo destas 66 parcelas, que ocupan un total de 237.354 metros cadrados. O prezo é 105 euros por metro cadrado (127 con IVE) e o terreo pode ser obxecto de transmisión ou adquisición do dereito de propiedade, ou ben de constitución dun dereito de superficie por un prazo mínimo de cinco anos e un máximo de 25. Ademais, amplíanse os prazos de pago, que poden chegar ao quince anos.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/11/03/diputacion-cierra-plazo-optar-66/1124563.html

POLIGONO

Adxudicadas a Vila Miño S.A., en 1,3 millóns de euros, as obras do viveiro de empresas de Barro-Meis

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A Xunta de Goberno da Deputación procedeu este venres á adxudicación definitiva das obras do viveiro de empresas de Barro-Meis, por un importe de 1,3 millóns de euros.

Ao concurso presentáronse 17 empresas, sendo a oferta gañadora e polo tanto a adxudicataria das obras,Construcciones Vila Miño S.A.

Con esta adxudicación, a Deputación avanza na creación de condicións favorables para o emprendemento na provincia, ao habilitar dous viveiros de empresas, un en Lalín e outro en Barro-Meis, para acoller proxectos emprendedores. Os dous viveiros póñense en marcha ao abeiro dun convenio de colaboración entre a Administración provincial e o Incyde, que conta cunha dotación económica total de 2,5 millóns.

DESEÑO

No caso do viveiro adxudicado hoxe, situarase nunha parcela de máis de 5.000 metros cadrado do polígono de Barro-Meis e centrará o seu peso nas “naves-nido” para un tipo de proxecto empresarial orientado a produción, a industria, a talleres ou a oficinas.

O deseño do edificio decidiuse por medio dun concurso de ideas, do que resultaron gañadores os arquitectos viguesesJuan B. Pons e Lucas Gándara.

No deseño, os arquitectos combinan a calidade estética cun deseño funcional, que aposta pola flexibilidade e capacidade de adaptación ás necesidades dos emprendedores.

Con este obxectivo, o inmoble terá un carácter modular, para que poida adecuarse aos proxectos que neles se instalen e para poder ser ampliados en caso de necesidade.

http://pontevedraviva.com/xeral/15438/barro-meis-deputacion-vila-mino-vivero-empresas-incyde/

poligono

Alta Tensión no Camiño de Portugués

o veciño denfrente

A pesar das alegacións presentadas polos veciños no seu momento, a Deputación e FENOSA manteñen o trazado do abastecemento da alta tensión ó Polígono de Froiz polo medio dos núcleos de Güimil e Valbón.

Vaia por diante que, a efectos de saúde, tanto che ten que a liña pendure sobre a túa cabeza entre altas torres metálicas coma que vaia metro-e-medio por debaixo da túa casa… Xa sabedes: inocuo, supersano e, sen probas que indiquen o contrario: do melloriño para o colesterol… Imos morrer cunha pinta estupenda…

Pola súa parte, o Concello de Barro non ten nada que aportar: nin está nin se lle espera logo do lamentable espectáculo de ter que pagar con fondos do concello o transformador do edificio gris que hai ó lado da capilla de San Antoniño (ese que sobrevive no medio dun descampado sen urbanizar, pero que por algún motivo ten licencia).

Daquela ó concello non lle pareceu relevante facer a vista gorda cando Fenosa tirou un novo tendido aéreo entre o poste que hai na parcela do Tanatorio e o novo na parcela da Avícola. Deixáronlles facer.

Logo viñeron, en Agosto, os morritos de Landín porque Fenosa non lle quería retirar o tendido da rúa Areal para que se puidesen facer, por fin, as aceras (bueno, outro cacho, 60.000 euritos, que para todas as que faltan non hai cartos).

http://noticiasbarro.com/2014/08/13/barro-retirara-unha-lina-de-baixa-tension-ao-non-recibir-resposta-das-empresas-competentes/

Agora van aburatar polo medio e medio un tramo do Camiño Portugués, pero tranquilos que non se vai notar nada: volven asfaltar por riba e listo. Sentímolo polos Amigos do Camiño Portugués, que seguro que preferían aproveitar para poñer un pavimento máis axeitado ós peregrinos, ou mellorar a imaxe do Camiño. Non é que non haia cartos, e que pensar da moito traballo, e non é cousa de perder o tempo escollendo materiais agora que por fin demos vendido o xxxx polígono).

Consoládevos pensando que, sen dúbida, o magnetismo da liña atraerá novos peregrinos.

Pero o peor, dentro do pésimo, é que a pesar de aburatar polo medio e medio os dous lugares (Güimil e Valbón), a operación de excavación e reasfaltado non se vai aproveitar para meter outro tipo de conduccións (qué sei eu: auga, alcantarillado, telefonía e datos…).

¿Para qué? A xente vai ser feliz porque Froiz vai ser feliz. Beber e cagar poden seguir facéndoo nas fontes, nos pozos e nas cuadras.

¿Cánto mellor non vai a ser agora a auga, ionizada a alta tensión?

cables

1

2

3