REUNIÓNS INFORMATIVAS DO PROXECTO DE CAMIÑOS DA ZONA DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA CURRO – PORTELA

PARCELARIA PORTELA

INFORMACIÓN SOBRE AS PISTAS DA PARCELARIA DE PERDECANAI

Información sobre as Pistas da Parcelaria de Perdecanai-Barro II

FB_IMG_1507882011994

AVISO CONCENTRACIÓN PARCELARIA EN AGUDELO

151203 Exp Publ mell cami AGUDELOBARROVALINAS_350x495

APROBACION DEFINITIVA DAS BASES DA PARCELARIA DE PERDECANAI-BARRO II. RELACION DE PROPIETARIOS.

parcelaria

A concentración parcelaria de Perdecanai afecta a 517 hectáreas e reorganiza 6.350 leiras de Barro

A Consellería do Medio Rural e do Mar publicou onte no DOG a aprobación das bases definitivas da concentración parcelaria Perdecanai-Barro II, no municipio de Barro.

Este proceso de reorganización da propiedade afecta a un total de 517 hectáreas e posibilitará a redistribución espacial dun total de 6.350 parcelas.

Estas pertencen a 878 propietarios, segundo os cómputos feitos públicos onte pola Consellería do Medio Rural, que engade que con esta aprobación “conclúen todos os trámites relativos á identificación dos propietarios das leiras, determinación exacta da superficie e clasificación dos terreos”.

Ata o momento, e sempre segundo os datos feitos públicos pola Xunta, investíronse preto de 370.000 euros para a preparación dos traballos de investigación da propiedade, o levantamiento dos planos parcelarios e a elaboración do estudo de impacto ambiental.

As bases definitivas expoñeranse ao público na Casa Consistorial de Barro “e nos lugares de costume”, engade a Consellería do Medio Rural, e as persoas interesadas en alegar dispoñerán dun prazo de 30 días para interpoñer recurso de alzada.

Este prazo de 30 días empezará a contar a partir do momento en que cada propietario reciba a comunicación personalizada. A partir dese momento poderá interpoñer ese recurso de alzada contra a parcelaria Perdecanai-Barro II ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.