O plan de viabilidade para compensar as perdas previstas que prepara o consello de administración de Sogama, a
sociedade pública que se encarga da xestión dos residuos dos concellos galegos, afectará á política de tarifas do consorcio provincial pontevedrés. Ante un recorte estimado de 13 millóns de euros na venda de enerxía, o baixón de ingresos compensarase mediante o canon que pagan os municipios.
Aínda que na provincia de Pontevedra a maioría dos concellos adheríronse a un consorcio provincial impulsado pola Deputación precisamente para aforrar, esta nova medida de incrementar o canon acabará por repercutir inexorablemente na política de tarifas do consorcio.
A Deputación xa asume que así será. O seu presidente, Rafael Louzán, dixo onte que só quedan dúas alternativas: ou o asumen os cidadáns directamente no pagamento dos recibos ou os concellos, a través de fondos municipais. Indirectamente, serían tamén os veciños,
Así as cousas para neutralizar o que deixaría de ingresar co negocio eléctrico, a sociedade planea subir o importe do canon entre un 24 e un 26 %. No recibo final de cada familia, segundo as primeiras estimacións, roldaría os 12 euros ao ano. Desde a Deputación de Pontevedra previuse que os municipios que se adhiran ao consorcio terían unha moratoria para axustar as súas taxas ao prezo fixado ata o ano 2016. A intención é implantar o sistema de xestión conxunta de recollida de residuos este mesmo ano, antes do verán, probablemente, antes do mes de xullo.
Agora son ao redor de 30 os municipios que participarán nun primeiro momento no consorcio provincial de lixos. Fixouse unha taxa anual duns sesenta euros. Pero isto foi antes do incremento que estuda agora a Xunta. Polo que podería acabar nunha cantidade maior, ao redor dos 75 euros anuais.
O consorcio provincial busca unha unificación nas tarifas en todos os municipios, o que obrigará a subidas en moitos e baixadas noutros. Permite, iso si, aos concellos fixar a fracción do cobro: cada mes, cada dous, cada semestre ou un ao ano.
Barro, axustou recentemente as súas respectivas taxas ao prezo que contempla a Deputación, 60 euros ao ano.
Máis información






