Anuncio da convocatoria

TEATRO “VERONA É PERFECTA”

🎭 O alumnado do laboratorio de teatro fará a súa posta en escena este venres ás 20.30 horas no Salón de actos da biblioteca pública de Barro. Este é o broche final do ‘Laboratorio de teatro’, dentro das actividades de 👅“Dándolle á lingua”.

Julio César Constela do Atletismo+9 Moraña e veciño de Barro proclámase campión galego de medio maratón categoría M80, celebrando en Vilagarcía de Arousa

Video de recoñecemento de parte do percorrido da II BTT Camiños de Barro realizado por Ramón Mella Brea

FORMACIÓN GRATUÍTA EN BARRO

XORNADA PORTAS ABERTAS PICKLEBALL

RECOLLIDA DE ALIMENTOS

RECOLLIDA DE PRODUCTOS BÁSICOS E DE PRIMEIRA NECESIDADE NA PANADERÍA ACUÑA NO POLÍGONO DE CURRO-BARRO

AXUDA PARA AS PERSOAS AFECTADAS POLA DANA

O Concello de Barro, en coordinación coa Federación de Municipios e Provincias de Valencia e a Subdelegacion do Goberno, organiza unha recollida de productos para os afectados pola DANA.

Seguindo as súas indicacións, os producctos que máis se precisa é auga, leite, fiambres, pan de molde, latas de atún, materiais de limpeza persoal e doméstica, cueiros e compresas.

A recollida farase a partir do próximo luns 4, en horario de 9 a 14h, no concello.

SAMAÍN EN BARRO

BARRO D-MEDO 2024
🎃👻 A tarde e a noite máis terrorífica do ano! 👻🎃

Este XOVES 31 de outubro, vinde pasar unha tarde de medo no Pazo da Crega e celebrade connosco o Samaín máis divertido de todos! 💀

🕒 18:00 – 20:30 | Concurso de Calacús 🎃
Trae o teu calacú decorado e preséntate para ser o mellor no Concurso de Calacús, pero non te preocupes, só por participar recollerás as túas chuches D_Medo! (inscripción previa na OMIX de Barro 690722812, ata o día 30 ás 14:00)

🕒 18:00 – 20:30 | Obradoiro de Chapas e Chuches Terroríficas 🍬
Para os máis pequenos (e non tan pequenos), un espazo para crear chapas únicas e degustar chuches de medo.

🕒 19:30 – 21:00 | Magosto 🌰🔥
Non hai festa sen un bo magosto! Castañas quentiñas para todas e todos!

🎬 Pechamos o día coa Proxección das Curtas d-Medo 2024 e a Entrega de Premios A PARTIR DAS 21:00!

Despois das curtas, será o público quen elixa o seu favorito e axude a decidir o Premio do Público!

🎟️ Non faltedes! Será unha noite para lembrar!

🎃🎼🪕🥁A música será unha parte moi importante, DIXIEBRASS acompañarános para pasalo D-Medo!!!

XORNADAS “Sabor de Horta”

Licitación da cafetería do IES de Barro

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DAS CONDUCTAS ADITIVAS DO ÁMBITO ESCOLAR

🏛️Un ano máis, inícianse en Barro os Obradoiros de prevención das condutas aditivas do ámbito escolar. Estes Obradoiros realizaranse dentro do Proxecto de prevención das condutas aditivas no que participa o Concello de Barro desde o ano 2013 con outros concellos da contorna, Cuntis, Campo Lameiro, Moraña e Portas, a través dun Convenio de colaboración entre os mesmos e contando co cofinanciamento da Consellería de Sanidade (Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de prevención das condutas aditivas).

🏫 Ao longo deste curso escolar 2024-2025 realizaranse no Colexio de Barro e no I.E.S de Barro actividades e obradoiros de prevención das condutas aditivas destinados ao alumnado de 6º Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. Con eles, e seguindo a evidencia científica, traballaranse importantes factores de protección que reducen os riscos psicosociais na xuventude (hábitos saudables, habilidades sociais, habilidades de rexeitamento, autoestima, intelixencia emocional, etc.), ademais do traballo dos mitos e riscos asociados ao uso das novas tecnoloxías e ao consumo de tabaco, alcol e outras drogas.

🗣️ Estas actividades reforzaranse ao longo do 2025 con obradoiros destinados ás familias e con campañas de información e sensibilización sobre condutas adictivas destinadas a poboación xeral. Fortalecendo deste xeito a aposta que desde o Concello de Barro se realiza pola Promoción de hábitos saudables e a prevención das condutas adictivas entre a súa veciñanza, e en especial entre a xuventude.

PREZOS PÚBLICOS PARA ACTIVIDADE DE CLASES DE PILATES PARA O PROGRAMA BENESTAR

COMIDA POPULAR