Servidores aínda máis rápidos e melloras na seguridade dos datos en cumprimento do Esquema Nacional de Seguridade son algúns dos cambios que van chegar co novo contrato para a prestación do padrón electrónico que a Deputación porá en marcha este febreiro próximo, catro anos despois da posta en marcha dun servizo que, xunto coa plataforma de Administración Electrónica brindada tamén pola Deputación, revolucionou o funcionamento interno dos pequenos e medianos concellos da provincia. O procedemento de licitación xa está en marcha.
O novo padrón electrónico foi presentado esta semana aos concellos adheridos polo deputado Carlos Font, e a deputada, Ana Mejías, nunha xuntanza celebrada en formato telemático e na que participaron tódolos municipios cos seus técnicos/as responsables, ademais de 14 alcaldes/as e tenentes de alcalde/sa que mostraron o seu interese para a adhesión: A Illa de Arousa, Catoira, Fornelos, Marín, Meis, Pazos de Borbén, Redondela, Ribadumia, Salceda, Salvaterra, Soutomaior, Cuntis, Mos e O Rosal. Entre eles tamén estaba o Concello de Barro, que se atopa formalizando os trámites para adherirse.
Carlos Font expresou a súa satisfacción polos logros acadados nos catro anos transcorridos dende a posta en marcha deste novo xeito de tramitar o padrón de habitantes, prescindindo dos expedientes en papel e apostando decididamente polo formato electrónico. Neste tempo emitíronse un total de 261.559 certificados en sede electrónica, mentres que outros 273.104 foron emitidos en formato presencial utilizando a tecnoloxía brindada pola Deputación. é dicir, que case o mesmo número de persoas obtiveron o seu certificado (documento habitual para numerosos trámites administrativos) sen necesidade de desprazarse.
O sistema tramitou nestes catro anos 42.367 altas e 36.596 baixas nos padróns dos concellos. Outras 39.150 persoas comunicaron modificacións dos seus datos persoais. Houbo 22.987 cambios de domicilio e 23.597 rectificacións de domicilio. Finalmente, deuse curso a 4.339 renovacións de estranxeiros/as. Este importante volume de actividade foi posible porque o sistema xestiónase, ao igual que o servizo de Administración Electrónica, cun modelo na nube. Deste xeito evítase ademais que os concellos teñan que afrontar gastos informáticos tanto en hardware como en software, dado que o único requisito é dispoñer dun ordenador con acceso á Internet. Outra vantaxe é a rapidez na implantación da solución, dado que non é necesaria instalación inicial nos equipos e, finalmente, a actualización aos cambios normativos é automática.
A Deputación asume o 75% do custo
Unha vez adxudicado o novo contrato á empresa tecnolóxica que resulte gañadora do procedemento, a Deputación soportará o 75% do custo, polo que os concellos que asinen o convenio deberán achegar o 25% restante. Así o baremo das achegas municipais oscilará, en función da poboación dos concellos, entre os 500 euros anuais para os municipios de menos de 5.000 habitantes e os 3.000 euros que corresponden aos que están entre os 30.001 e os 50.000.
Font concluíu a xuntanza celebrada cos concellos asegurando que a Deputación aposta por manter un servizo que deu uns resultados óptimos e por iso continúa coa decisión de costear o 75% do custo do novo contrato “dentro do noso modelo de garantir os servizos en todo o territorio con proxectos globais e repartidos con criterios obxectivos”. “O diñeiro público”, rematou, “utilízase para asegurar os mesmos dereitos ao conxunto da cidadanía, viva onde viva e goberne quen goberne”.
Ata o de agora o padrón electrónico proporcionado pola Deputación está implantado nos concellos da Cañiza, A Estrada, Agolada, A Guarda, A Lama, As Neves, Arbo, Baiona, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Covelo, Crecente, Cuntis, Forcarei, Gondomar, Lalín, Mondariz, Mondariz-Balneario, Meaño, Moaña, Moraña, Oia, O Grove, O Rosal, Ponte Caldelas, Ponteareas, Portas, Sanxenxo, Silleda, Tomiño, Tui, Vila de Cruces, Valga e Vilaboa.
Estes días están de actualidade pública as novidades acerca do imposto de plusvalía, un imposto municipal sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.
Moitas están sendo as veciñas e veciños que contactan co concello para consultar como lle poden afectar estes cambios que planea o Goberno do Estado.
É preciso saber que 𝒆𝒏 𝑩𝒂𝒓𝒓𝒐 𝒏𝒐𝒏 𝒔𝒆 𝒄𝒐𝒃𝒓𝒂 𝒆𝒔𝒕𝒆 𝒊𝒎𝒑𝒐𝒔𝒕𝒐, polo que calquera cambio que se produza non vai afectar a ningunha venda, doazón ou herdanza de inmobles que se produza no noso concello.
Este imposto municipal non é obrigatorio, polo que son os concellos os que deciden se cobralo ou non.
📌Barro, Biblioteca Pública 📅 Sábado, 30 OUTUBRO 🕡 12:00 h Actividade gratuíta. Prazas limitadas polas medidas de prevención de contaxios da Covid-19. Inscrición na OMIX de Barro, a través do e-mail omix@barro.es Máis información no 690722812 ou no 986714806
Os Bolechas e as súas aventuras volven a Barro o vindeiro 21 de novembro. A entrada é de balde e será preciso retirala de forma anticipada na biblioteca municipal de Barro
📌 Nave da Música 📅 Domingo 21 de novembro 🕡 12:30 h
🥇Certificado de profesionalidade de Nivel 3 💰100% subvencionado. 👫 Colectivo: Desempregados/as prioritariamente, traballadores en ERTE/ERE e autónomos. ⏰ Duración: 608 horas. Inclúe 80 horas de prácticas non laborais en empresas ⏲ Horario: de 15:30 a 20:30 horas 📅 Inicio e remate: Outubro de 2.021- Abril 2.022 💰 Posibilidade de solicitar bolsas ou axudas Más INFORMACIÓN e INSCRIPCIÓNS 🏢 C/Castor Sánchez 4 Bx ☎️ 986 50 21 03 📧 formacion@systemvilagarcia.com Módulos: ➡️ MF0491_3:Programación web no entorno cliente (180 horas). ➡️ MF0492_3:Programación web no entorno servidor (240 horas). ➡️ MF0493_3: Implantación de aplicacións web en entornos internet, intranet e extranet (90 horas). ➡️ MP0391: Módulo de prácticas profesionais non laborais (80 horas). SAÍDAS PROFESIONAIS: 👉Programador de aplicaciones informáticas 👉Técnicos da web 👉Programador web 👉Programador multimedia
Non te perdas este martes día 12 de outubro o programa Casamos da TVG.
O programa Casamos de TVG, fixo unha breve visita á escola de deseño e moda da deseñadora Luz Prado, natural de Barro, para encargarlle os arranxos do vestido de noiva de Mari de Vilagarcía.
Emitirase este martes día 12 de outubro ás 23 h, e máis tarde tamén poderás velo na web da TVG.