Boletín municipal do BNG. Xuño 2012

boletín barro-xuño 2012

A Brilat inicia o luns unha “peregrinación” por patrullas dende Tui a Compostela as cales veremos pasar por Barro

Unha decena de equipos dos tres exércitos e policiais disputarán o Concurso de Patrullas Tui-Santiago para fomentar a cohesión e reforzar a identidade colectiva das Forzas Lixeiras, dar a coñecer a Brilat facendo unha exhibición de resistencia física e habilidades militares e contribuír a poñer no mapa o Camiño Portugués a Compostela. Con este triplo obxectivo a Brigada de Infantaría Lixeira (Brilat) “Galicia” VII organiza a undécima edición do Concurso de Patrullas Tui-Santiago e que se enmarca no programa de actividades conmemorativas do Aniversario da Brilat.
O concurso de patrullas reunirá, segundo as previsións da Brilat, entre dez e doce equipos dos tres exércitos e de distintos corpos policiais que disputarán as probas co obxectivo de alcanzar senón superar o récord do Batallón de Zapadores que o pasado ano cubriu a ruta en menos de 30 horas.
Os participantes teñen 48 horas de marxe para cubrir os 120 quilómetros que separan a localidade fronteiriza de Tui e Compostela e superar ata oito probas puntuables: lanzamento de granadas, percorrido topográfico, tiro de precisión con fusil, pista de aplicación, paso con medios de circunstancias no río Umia, percorrido cronometrado e paso a nado do río Ulla.
Os militares estarán localizados en todo momento vía satélite, cun dispositivo de alta tecnoloxía de recente incorporación ás Forzas Armadas.

Exposición ó público dos orzamentos do exercicio 2011

O Concello retira un Mercedes abandonado na rúa das Baladas

VIDEO LETRAS GALEGAS 2012

Novo Xuiz do Xulgado de Paz de Barro.

VIDEOS PREMIO MIMI 2012

O Premio Mimi é un recoñecemento a aquelas persoas que usan e defenden o uso do idioma galego. Partindo dunhas bases elaboradas polo Equipo de Normalización Lingüística, o alumnado de 5º solicitou por escrito as candidaturas, enviando cartas a distintos organismos, asociacións e institucións.
Recibidas as propostas, no segundo trimestre do curso @s alumn@s investigaron, recolleron información e elaboraron carteis e presentacións audiovisuais para dalas a coñecer ao resto do alumnado e profesorado do centro. Logo da votación, saíu gañadora Pili Álvarez, proposta polo Obradoiro Río Umia, impoñéndose aos outros tres candidatos, que foron: Avelino Pousa Antelo, proposto pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, Luís Tosar, proposto pola Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, e Xesús Ferro Ruibal, proposto pola Real Academia Galega.
Na primeira edición, o gañador foi Ezequiel Mosquera; na segunda, o Xabarín Club, e na terceira, As Cantareiras de Ardebullo.
O Premio consiste nunha réplica en madeira de MIMI, a mascota do colexio, realizada polo artista local Fran Remiseiro, baseada no debuxo da alumna Aroa Outón

Pontevedra tramita o achado de dez restos arqueolóxicos inéditos

Pontevedra está situada nunha comarca moi rica an xacementos arqueolóxicos. Só no que se refire a arte rupestre ao aire libre, calcúlase que en contorna da capital provincial -desde Cotobade ata A Lama, pasando por Campo Lameiro, Marín, Ponte Caldelas, Barro ou Poio- alberga aproximadamente o 60 % dos vestixios que se conservan en toda a Península Ibérica.

O propio municipio da capital non é unha excepción, e conta con nada menos que 85 elementos arqueolóxicos catalogados no inventario oficial da Xunta de Galicia. Pero se pensa que «posiblemente hai moitos máis», segundo indicou onte o concelleiro responsable de Patrimonio Cultural, Luis Bará.

Este destacou que só nos últimos meses comunicáronse no Concello nada menos que dez novos descubrimentos neste campo. Bará non quixo concretar moito máis, xa que os restos teñen que pasar un complexo proceso para certificar a súa autenticidade. O Concello recolle o aviso do achado -na súa maior parte procede de comunidades de montes- e trasládao á Xunta de Galicia. Son os técnicos da Consellería de Cultura quen teñen que certificar que os restos merecen ser incluídos no catálogo patrimonial e optar, polo tanto, a algún tipo de protección.

Bará apenas explicou que se localizaron vestixios inéditos en parroquias como Mourente, Salcedo, Campañó ou Lourizán, e que entre os achados hai petróglifos, mámoas, e incluso o que poden ser os restos dunha torre defensiva medieval, localizada na ladeira do monte Castrove.

Bará, que onte presentaba o Plan de Patrimonio Cultural das parroquias do rural pontevedrés, destacou que esta insólita fervenza de avisos de achados «revela un cambio de actitude da sociedade en relación ao patrimonio cultural. Ata hai ben pouco se pensaba que este tipo de cousas soamente lle interesaban aos expertos; agora, xa existe unha implicación de moita máis xente».

Outro exemplo que citou neste mesmo sentido é un escrito do CEIP Carballeira, en Lourizán, que solicitou ao Concello a restauración duns petróglifos localizados no interior do recinto escolar.

Precisamente, fomentar a posta en valor de todos os elementos que forman parte do patrimonio cultural é un dos obxectivos primordiais do plan presentado onte polo Concello, que terá unha vixencia de cinco anos e para o que Bará pretende «movilizar recursos técnicos, materiais e económicos contando con distintas institucións, programas europeos e, incluso, a implicación das entidades sociais que poden achegar outro tipo de colaboracións que non sexan diñeiro».

O plan inclúe varias áreas de traballo: o desenvolvemento dunha liña estratéxica común e de actuacións en zonas concretas; a catalogación e proxección do patrimonio cultural; a súa conservación e restauración; sensibilización e divulgación; e, para rematar, promover un aproveitamento socioeconómico, xa que Bará defende «a necesidade de que todo este patrimonio supoña un retorno económico para o municipio ao incrementar as visitas; e ao tempo aumente o orgullo e a autoestima».

http://www.asociacionbarosa.org/patrimonioarqueoloxico.htm

UN PASEO POLO SISTEMA SOLAR.ceipbarro

Nova liña de autobuses dende Barro ao Acuartelamento de Figueirido

A empresa de autobuses Mombus iniciou hoxe un servizo para trasladar os militares e funcionarios civís dende varios concellos de Galicia ´á Base da BRILAT.

No Concello de Barro haberá tres paradas para recoller aos numerosos militares que residen nel, as paradas serán en Curro, Porráns ás 07:10 e no Santo Antoniño, ás 07:13.

Os usuarios que desexen contratar este servizo por unha cota mensual, deberán porse en contacto coa empresa Mombus ou na OFAP da Base.

http://www.monbus.es/

Nota informativa PSOE BARRO

Nota informativa PSOE BARRO
Este venres dia 8 de xunio  as 22-00 h I cea de confraternidade do PSOE de Barro.  A cea será nun restaurante de Barro,( restaurante As Brasas)  e na que esta confirmada a asistencia do Secretario Xeral Provincial, MODESTO POSE, que o dia seguinte deixará de selo debido a que xa non se presentará a reelección. Tamé  está confirmada a asistencia  de   varios diputados nacionais e autonómicos, así  coma de membros da comarca de Pontevedra, do deza , Arousa e Ulla-Umia, a cal pertencemos nos.  para poder asistir a cea poñerse en contacto coa nosa secretaria de organización  ROCIO TOURIÑO.600503540

Este evento faise xusto un ano despois de acadar os mellores resultados do PSOE  en Barro, e onde queremos seguir traballando e colaborando para levar este concello o sitio onde se merece, pola sua boa xente e por a sua boa situación xeográfica. Barro merce algo mellor como deciamos no so lema. nos queremos contribuir dende a coerencia a sair adiante nestes momentos delicados, facendo propostas de futuro para este povo.
Saudos

Boletín de ofertas de emprego.Santiago nº 169

Os bombeiros excarceran a un ferido nun aparatoso accidente en Barro

REDACCIÓN – PONTEVEDRA A estrada PO-531 que une Pontevedra e Vilagarcía foi escenario onte dun aparatoso accidente á altura do municipio de Barro, nas inmediacións da gasolineira de Curro. O balance do sinistro é un home novo que resultou ferido e que tivo que ser excarcerado polos bombeiros de Pontevedra.
O sinistro produciuse ás 16.36 horas, cando un particular alertou ao 112 da colisión entre estes dous vehículos. Segundo testemuñas presenciais, o condutor dun Seat Eivissa que circulaba en dirección a Vilagarcía, e no que viaxaba a persoa ferida como copiloto, parece que perdeu o control do turismo e saíuse do carril. Estes mesmas testemuñas indicaron que dous vehículos que circulaban en dirección a Pontevedra puideron esquivalo cunha manobra, pero non un terceiro que acabou encaixándose contra o frontolateralmente.
O lado do copiloto do Seat Eivissa foi o que levou ao peor parte, quedando atrapado o ocupante deste asento no interior do vehículo sinistrado. Os bombeiros de Pontevedra trasladáronse ata o lugar do accidente e retiraron do interior a este mozo a través da parte traseira do vehículo e tras retirar os asentos do automóbil.
Unha ambulancia do 061 trasladou ao ferido a un hospital de Pontevedra que se atopaba consciente. Ao lugar dos feitos tamén se desprazaron efectivos da Garda Civil de Tráfico que regularon o tráfico neste viario xa que os coches ocupaban un dos carrís da calzada, que neste punto ten un carril de aceleración. Tamén investigan as causas do sinistro.
Por outra banda, ás 18 horas tamén se produciu un accidente sen feridos nun viario de Estribela, segundo indicou o 112.

CURSO DE APLICADOR MANIPULADOR DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS

PRAZAS: GRUPO MÍNIMO DE 20 PERSOAS
Perfil: Persoas que manipulen e apliquen productos fitosanitarios. (dar a química nas viñas)
Requisitos: Ningún
AS PERSOAS INTERESADAS NESTE CURSO DEBERÁN INSCRIBIRSE NA OMIX, BIBLIOTECA DE BARRO.

Comezaremos o curso en canto completemos o grupo mínimo.

PREZO: (non superior a) 60€ a pagar directamente na conta da empresa que imparta o curso.
Mais información na Oficina Municipal de información Xuvenil de Barro

Barro volverá a ser el epicentro del folclore gallego