POLÍTICA O MELLOR E CALAR!!

Sabes de quen é?

ROXI, é unha cadeliña que non chega ao ano, apareceu pola zona de Barro cunha fractura na pata dianteira, a veterinaria di que leva sobre un mes con ela así…

EL BAR DE MARUJA

CESAR ALBERTO MONTEAGUDO.  ARGENTINA

Allí, en Barro, al pie del río Barosa, donde los peregrinos avanzan sin prisa y sin pausa en pos de Santiago, pegadito al hogar de mi familia ; enmarcado por bellas flores de la aun más bella Galicia, e invitándote al corto reposo mientras apuras una cerveza , se encuentra este bar, cuyo nombre ignoro , pero al cual conozco por su gentil dueña.
Ella es Maruja , quien al igual que todas las mujeres de esa bendita tierra, derrama cálida dulzura ; mientras no cesa en su diaria tarea de complacer a quienes con hambre y sed eligen ese mágico paisaje para regocijar su espíritu .
Algo grande debe haber en ese paraje donde en generosa conjunción conviven , parroquia , río , cascadas, y molinos; familia , Maruja y verde , mucho verde; para que luego de andar por tantos lugares y desde el otro lado del vasto Atlántico , no pueda desprender de mi retina y mi mente lo allí vivido y gozado.
Afortunada eres Galicia, que pese a los momentos duros, tu gente y tus paisajes te hacen la más bella entre todas las bellezas, que no son pocas, de la entrañable España.

O Partido Popular de Galicia vai a aceptar a petición de baixa de todo o grupo local de Barro

Tranquilos veciños, supoño que se trata dun erro da Canle riasbaixas.com e a frase coa que comeza esta noticia ” O Partido Popular de Galicia vai a aceptar a petición de baixa de todo ou grupo local de Barro” só foi un lapso do radactor ou un fallo informatico ao confundir Portas con Barro.

Aínda que nós tamén tivemos o noso escando político cando Landin tivese que abandonar o seu posto á favor de Mª Teresa Roig, a súa muller; por estar el inhabilitado xudicialmente para ou desempeño de cargos públicos por un delito de prevaricación.

O que está claro tal como está o País Ali baba e os 40 ladróns podían estar perfectamente vivindo aquí, pasarían desapercibidos.

I Encontro de percusionistas

I Encontro de percusionistas xullo de 2012.4 días de ensaios e convivencia e 2 concertos, 1 en Barro 20 de xullo e outro en Meaño 29 do mesmo.Anímate e ven a disfrutar con nosco nos concertos de clausura.

https://www.facebook.com/EncontroPercusionBarroMeano12

 

OS VECIÑOS DE BARRO ACUDEN DE NOVO A BAMBOLEO

TERRAS DE CURRO. Veciños de Curro, e doutras localidades do concello , que fostes o Bamboleo. Hoxe van a emitir o programa que fomos como público. Se non me engano o programa empeza as dez e coma sempre veredes algún de aqui en danza. Sorpresa jajjaj.

FURANCHADA ILEGAL

“Mans arriba, isto é un atraco” afectados de Barro acuden a manifestarse a Pontevedra

Medio milleiro de afectados as participacións preferentes, principalmente de Novagalicia Banco, chegados de toda a provincia manifestáronse onte polas rúas de Pontevedra. Entre os asistentes predominaban veciños de avanzada idade que reclamaban o seu dereito a dispor “dos seus aforros de toda unha vida”. Con todo, tamén acudiron persoas que apenas chegaban aos 30 anos e algunhas dixeron adquirir este produto financeiro cando aínda non cumpriran a maioría de idade. A manifestación concluíu na Subdelegación, coa entrega dunha carta dirixida a Mariano Rajoy.

FELIPE SÁNCHEZ – PONTEVEDRA “Vergoña, indignación, desolación, acurralados?”. Fronte ao edificio da Subdelegación do Goberno, megáfono en man, Fátima Entenza, portavoz da plataforma de afectados de Marín e Pontevedra, lía, unha a unha, as pancartas que sostiñan os propios manifestantes, querendo transmitir o sentimento deste colectivo, que di sentirse “estafado” pola colocación das preferentes de Novagalicia e outras entidades.
O ruído, mostra de indignación dos asistentes, acentuouse fronte ás portas do Centro Social de Novagalicia. “Somos persoas que con toda honradez confiamos nestes personaxes. Temos que unirnos para protestar por esta inxustiza.

Sigue lendo esta nova en Faro de Vigo

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2012/07/07/manos-atraco/663330.html

Manuel Busto, Ronsel de Naufraxios

Manuel Busto, pintor e mestre de debuxo, Manuel compaxina a súa carreira como mestre coas suas exposicións. Natural de Barro pero afincado en Cambados dende hai anos, estudiou na escola de Bellas Artes de San Fernado.

Manuel Busto define a súa obra como de «abstracción lineal», nela intenta fomertar múltiples lecturas, que dependerán moito «do carácter e da personalidade do que observe». Pasou dende os seus comezos por diversos estilos, ata o 95 que topou coa abstracción, tendencia na que se encontra «moi a gusto» ata o de agora, ainda que non descarta que a súa obra poida desenvolverse noutros eidos.

_¿Qué pretendes transmitir nas túas obras?

_Partindo de que somos seres creativos trato de transmitir situacións e vivencias persoais. As miñas imaxes danme a clave en moitas ocasión da forma e da perspectiva. De tódolos xeitos a interpretación e moi subxectiva, polo tanto moi rica, feito que promove a abstracción. Pola contra, antes de exponer, eu teño unha visión moi monolítica da obra.

_¿Qué che aporta como artistas as exposicións?

_Sácaslle moito partido porque é fascinante ver como a xente toma contacto coa obra e discute sobre ela. Encántame que a xente comente conmigo o que pensa da miña pintura, sexa bo ou malo. Se unha obra non é discutida non ten o mesmo valor. As exposicións deberían ser unha actividade máis, igual que ir a discoteca.

_¿Como mestre de debuxo ti animas os teus alumnos a que creen?

_Anímoos a que desenvolvan as súas capacidades artísticas porque é unha maneira de coñecerse a si mesmos. Quédanse moi sorprendidos cando ti descobres a súa personalidade por medio dos seus traballos. O ego do artista consiste neso, creas para que te queiran, te admiren, te compren.

Nota de prensa PSdG-PSOE Barro

Remitimos resultado da asamblea extrordinaria, para renovar a Ejecutiva local.

Presidente da agrupación – Julio César Constenla

Secretario Xeral  – Jose Sanmartín , que ademais asumirá politica municipal.

Secretaría de Organización – Rocio Touriño que tamén asumirá acción electoral, administración e formación.

Secretaría de Urbanismo – Silvia Torres.

Areas

Promoción económica e emprego. Luis Miguel Castro

Medio  rural. Patricio Garcia

Igualdade e benestar. Margarita Canai

Deportes . Miguel Coejo

Educación  e cultura. Dolores Domínguez

Comunicación e redes sociais. Rosana Hernández.

Sanidade. Maria Jose Garcia.

Ademais resultou  membro do comité provincial José Sanmartin

Sumándose así a Silvia Torres que saiu elixida no congreso provincial.

A agrupación de Barro tamén conta cun membro no comité nacional galego, que foi elixido nunca asamblea intermunicipal comarcal, entre as agrupacións menores de 20 militantes. O compañeiro é,  Luis Miguel Castro.

O Secretario Xeral , José Sanmartín fixo un balance de xestión, onde resaltou o seguinte. Na actualidade esta agrupación conta con 18 militantes, e tres membros en comités do partido.  Temos dous concelleiros e dipoñemos dunha sede no centro núcleo urbano do San Antoniño. Reúnimonos case todos os venres do ano, e temos a sede a disposición dos veciños para recibilos e atender as suas peticións e necesidades. A agrupación ten unha misión moi clara e concisa, ser de utilidade os nosos veciños.

Socialistas de Barro.

O horario da escola infantil de Barro durante o mes de Xullo é de 7:30 a 16:00 horas

O horario da escola infantil de Barro durante o mes de Xullo é de 7:30 a 16:00 horas.

Mais información, preme aqui…

Boletín semanal de emprego PONTEEMPREGO Nº 100

 

 

Barro entre os concellos da comarca que recibirá parte dos 850.000 euros para mellorar infraestruturas no rural

O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, acompañado por José Manuel Cores Tourís, delegado territorial da Xunta, e Antonio Crespo, director xeral de desenvolvemento rural, reuníronse onte na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra para asinar os convenios do Plan Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM) cos alcaldes dos municipios beneficiarios. En total vanse a executar melloras en viarias por valor de 3,2 millóns de euros en 47 concellos da provincia, 850.000 euros nos 14 concellos da comarca. O obxectivo principal deste plan é realizar as obras necesarias para mellorar a calidade de vida da poboación e reducir as deficiencias que aínda persisten nalgunhas zonas de Galicia.
O PEIM rural inclúe proxectos financiados pola Consellería do Medio Rural e do Mar e polo Ministerio de Agricultura e o convenio establece que a Xunta realizará actuacións de infraestrutura rural, mentres que o Ministerio financiará obras para camiños agrícolas e pistas rurais. Cabe destacar que esta parte do plan complementa á que a Xunta executou o pasado ano.

O municipio de Pontevedra recibiu 89.900 euros, o que contrasta co de Marín que tan só recibiu 18.000, ou o de Poio que percibiu 22.000. Tamén municipios como A Lama, con 89.400 euros; Cotobade, con 88.900 ó Cuntis, con 71.900, destacan pola contía das achegas. O resto de concellos recibiron cantidades máis discretas como Campo Lameiro, 68.700; Moraña, 66.300; Caldas de Reis, 66.200; Vilaboa, 60.600; Barro, 55.400; Portas, 53.000, Ponte Caldelas, 52.250 e Sanxenxo con 48.400 euros.
Tras a reunión, o secretario Tomás Fernández-Couto compareceu ante a prensa para explicar cales son os criterios seguidos para a concesión dos fondos. Os principais requisitos son o número de habitantes, as dimensións do municipio e a dispersión da poboación.
O alcalde de Pontevedra tamén atendeu aos medios de comunicación e mostrou o seu descontento co método empregado pola Xunta de Galicia para repartir os fondos. Lores afirmou que o método que empregan para “debe ser tipo a boleo ou á pallota”, defendendo que o método debería ser máis equitativo.
En referencia ao uso dos fondos concedidos, Lores dixo que se ían a empregar para construír unha vía alternativa á estrada que unha Figueirido con Marín, á altura do Campo dá Porta.

O paro dá un respiro á Barro

Tras meses de malas noticias e despois de que se incrementase o paro mesmo en maio, cando descendeu a nivel estatal, a crise dá un respiro á comarca e esta rexistra ao redor de 800 novos empregos no arranque do verán, segundo os datos que fixo públicos onte o Instituto Nacional de Emprego (INEM).
A cifra supón que o paro baixou un 3,8%, por encima da media da provincia (2,45%) aínda que debe terse en conta que xuño é un mes no sempre aumentan as contratacións debido á tempada de verán.
Este comportamento positivo do emprego reflíctese tamen en Barro  formalizáronse durante o pasado mes de xuño 20 contratos en Barro.

“Parte deses empregos que non incorporou servizos pola contra absórbenos a construción e a industria”, engade Ramón Vidal, “o que dá como resultado o xuño máis importante e positivo para a industria desde o arranque da crise e desde logo no que a incorporación de traballadores ao sector é máis importante”.
Así, o emprego na construción creceu un 11,79% durante o pasado mes, mentres que en servizos só foi do 15,27% e do 13,28% na industria.
Ramón Vidal advirte a este respecto que “a potencia da construción nestas datas explícase polo inicio das obras de verán, escavacións e cubertas, en xeral traballos no exterior, que se realizan aproveitando o bo tempo do verán, por iso é polo que aumente a demanda de traballadores”.
No caso da industria, tras a alza nos empregos están as vacacións e substitucións de verán “que sempre supuxeron unha maior contratación nestas datas”, engade a mesma fonte.

Barro conta actualmente con 399 parados.

Preme aqui para seguir lendo esta nova no Faro de Vigo.

E Despois do subidón…