O paro baixa en Barro un 4.77% durante Xuño

Sorprende que desde Londres la Royal Philharmonic piense en ti”

CAMPAÑA DOAZÓN SANGUE EN BARRO

O vindeiro mércores, 11, todos os/as veciños/as que poidan edesexen doar sangue,  sabede que a unidade mobil encontrarase frente o centro de saúde, no San Antoniño, das 16:00-21:00.

Moitas grazas, lembrade que só 10 minutos salvan vidas.

Mais información no 900 100 828.

POLÍTICA O MELLOR E CALAR!!

Sabes de quen é?

ROXI, é unha cadeliña que non chega ao ano, apareceu pola zona de Barro cunha fractura na pata dianteira, a veterinaria di que leva sobre un mes con ela así…

EL BAR DE MARUJA

CESAR ALBERTO MONTEAGUDO.  ARGENTINA

Allí, en Barro, al pie del río Barosa, donde los peregrinos avanzan sin prisa y sin pausa en pos de Santiago, pegadito al hogar de mi familia ; enmarcado por bellas flores de la aun más bella Galicia, e invitándote al corto reposo mientras apuras una cerveza , se encuentra este bar, cuyo nombre ignoro , pero al cual conozco por su gentil dueña.
Ella es Maruja , quien al igual que todas las mujeres de esa bendita tierra, derrama cálida dulzura ; mientras no cesa en su diaria tarea de complacer a quienes con hambre y sed eligen ese mágico paisaje para regocijar su espíritu .
Algo grande debe haber en ese paraje donde en generosa conjunción conviven , parroquia , río , cascadas, y molinos; familia , Maruja y verde , mucho verde; para que luego de andar por tantos lugares y desde el otro lado del vasto Atlántico , no pueda desprender de mi retina y mi mente lo allí vivido y gozado.
Afortunada eres Galicia, que pese a los momentos duros, tu gente y tus paisajes te hacen la más bella entre todas las bellezas, que no son pocas, de la entrañable España.

O Partido Popular de Galicia vai a aceptar a petición de baixa de todo o grupo local de Barro

Tranquilos veciños, supoño que se trata dun erro da Canle riasbaixas.com e a frase coa que comeza esta noticia ” O Partido Popular de Galicia vai a aceptar a petición de baixa de todo ou grupo local de Barro” só foi un lapso do radactor ou un fallo informatico ao confundir Portas con Barro.

Aínda que nós tamén tivemos o noso escando político cando Landin tivese que abandonar o seu posto á favor de Mª Teresa Roig, a súa muller; por estar el inhabilitado xudicialmente para ou desempeño de cargos públicos por un delito de prevaricación.

O que está claro tal como está o País Ali baba e os 40 ladróns podían estar perfectamente vivindo aquí, pasarían desapercibidos.

I Encontro de percusionistas

I Encontro de percusionistas xullo de 2012.4 días de ensaios e convivencia e 2 concertos, 1 en Barro 20 de xullo e outro en Meaño 29 do mesmo.Anímate e ven a disfrutar con nosco nos concertos de clausura.

https://www.facebook.com/EncontroPercusionBarroMeano12

 

OS VECIÑOS DE BARRO ACUDEN DE NOVO A BAMBOLEO

TERRAS DE CURRO. Veciños de Curro, e doutras localidades do concello , que fostes o Bamboleo. Hoxe van a emitir o programa que fomos como público. Se non me engano o programa empeza as dez e coma sempre veredes algún de aqui en danza. Sorpresa jajjaj.

FURANCHADA ILEGAL

“Mans arriba, isto é un atraco” afectados de Barro acuden a manifestarse a Pontevedra

Medio milleiro de afectados as participacións preferentes, principalmente de Novagalicia Banco, chegados de toda a provincia manifestáronse onte polas rúas de Pontevedra. Entre os asistentes predominaban veciños de avanzada idade que reclamaban o seu dereito a dispor “dos seus aforros de toda unha vida”. Con todo, tamén acudiron persoas que apenas chegaban aos 30 anos e algunhas dixeron adquirir este produto financeiro cando aínda non cumpriran a maioría de idade. A manifestación concluíu na Subdelegación, coa entrega dunha carta dirixida a Mariano Rajoy.

FELIPE SÁNCHEZ – PONTEVEDRA “Vergoña, indignación, desolación, acurralados?”. Fronte ao edificio da Subdelegación do Goberno, megáfono en man, Fátima Entenza, portavoz da plataforma de afectados de Marín e Pontevedra, lía, unha a unha, as pancartas que sostiñan os propios manifestantes, querendo transmitir o sentimento deste colectivo, que di sentirse “estafado” pola colocación das preferentes de Novagalicia e outras entidades.
O ruído, mostra de indignación dos asistentes, acentuouse fronte ás portas do Centro Social de Novagalicia. “Somos persoas que con toda honradez confiamos nestes personaxes. Temos que unirnos para protestar por esta inxustiza.

Sigue lendo esta nova en Faro de Vigo

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2012/07/07/manos-atraco/663330.html

Manuel Busto, Ronsel de Naufraxios

Manuel Busto, pintor e mestre de debuxo, Manuel compaxina a súa carreira como mestre coas suas exposicións. Natural de Barro pero afincado en Cambados dende hai anos, estudiou na escola de Bellas Artes de San Fernado.

Manuel Busto define a súa obra como de «abstracción lineal», nela intenta fomertar múltiples lecturas, que dependerán moito «do carácter e da personalidade do que observe». Pasou dende os seus comezos por diversos estilos, ata o 95 que topou coa abstracción, tendencia na que se encontra «moi a gusto» ata o de agora, ainda que non descarta que a súa obra poida desenvolverse noutros eidos.

_¿Qué pretendes transmitir nas túas obras?

_Partindo de que somos seres creativos trato de transmitir situacións e vivencias persoais. As miñas imaxes danme a clave en moitas ocasión da forma e da perspectiva. De tódolos xeitos a interpretación e moi subxectiva, polo tanto moi rica, feito que promove a abstracción. Pola contra, antes de exponer, eu teño unha visión moi monolítica da obra.

_¿Qué che aporta como artistas as exposicións?

_Sácaslle moito partido porque é fascinante ver como a xente toma contacto coa obra e discute sobre ela. Encántame que a xente comente conmigo o que pensa da miña pintura, sexa bo ou malo. Se unha obra non é discutida non ten o mesmo valor. As exposicións deberían ser unha actividade máis, igual que ir a discoteca.

_¿Como mestre de debuxo ti animas os teus alumnos a que creen?

_Anímoos a que desenvolvan as súas capacidades artísticas porque é unha maneira de coñecerse a si mesmos. Quédanse moi sorprendidos cando ti descobres a súa personalidade por medio dos seus traballos. O ego do artista consiste neso, creas para que te queiran, te admiren, te compren.

Nota de prensa PSdG-PSOE Barro

Remitimos resultado da asamblea extrordinaria, para renovar a Ejecutiva local.

Presidente da agrupación – Julio César Constenla

Secretario Xeral  – Jose Sanmartín , que ademais asumirá politica municipal.

Secretaría de Organización – Rocio Touriño que tamén asumirá acción electoral, administración e formación.

Secretaría de Urbanismo – Silvia Torres.

Areas

Promoción económica e emprego. Luis Miguel Castro

Medio  rural. Patricio Garcia

Igualdade e benestar. Margarita Canai

Deportes . Miguel Coejo

Educación  e cultura. Dolores Domínguez

Comunicación e redes sociais. Rosana Hernández.

Sanidade. Maria Jose Garcia.

Ademais resultou  membro do comité provincial José Sanmartin

Sumándose así a Silvia Torres que saiu elixida no congreso provincial.

A agrupación de Barro tamén conta cun membro no comité nacional galego, que foi elixido nunca asamblea intermunicipal comarcal, entre as agrupacións menores de 20 militantes. O compañeiro é,  Luis Miguel Castro.

O Secretario Xeral , José Sanmartín fixo un balance de xestión, onde resaltou o seguinte. Na actualidade esta agrupación conta con 18 militantes, e tres membros en comités do partido.  Temos dous concelleiros e dipoñemos dunha sede no centro núcleo urbano do San Antoniño. Reúnimonos case todos os venres do ano, e temos a sede a disposición dos veciños para recibilos e atender as suas peticións e necesidades. A agrupación ten unha misión moi clara e concisa, ser de utilidade os nosos veciños.

Socialistas de Barro.

O horario da escola infantil de Barro durante o mes de Xullo é de 7:30 a 16:00 horas

O horario da escola infantil de Barro durante o mes de Xullo é de 7:30 a 16:00 horas.

Mais información, preme aqui…

Boletín semanal de emprego PONTEEMPREGO Nº 100