O Blog “comer e beber en Barro” aproximase ás 4500 visitas, se queres visitalo preme no seguinte enlace e vota polo teu preferido.
General
BOLETÍN DE OFERTAS DE EMPREGO. SANTIAGO
O paro sobe un 3.19% durante SETEMBRO en BARRO
IGREXA DA PORTELA-BARRO
Centos de devotos acoden a honrar a San Breixo no seu día grande en Barro
Centos de devotos acudiron ao longo da xornada de onte a Barro que celebrou o día grande en honra de San Breixo. A
romaría e as misas a partir do nove da mañá protagonizaron a xornada.
O principal acto relixioso tivo lugar ás 12.30 horas coa misa solemne e a continuación celebrouse a procesión. Posteriormente dió comezo a romaría popular animada pola Banda de Música Cultural de Barro.
Tamén pola tarde e ata o nove da noite houbo misas e á súa finalización volveu actuar a Banda de Música.
A pesar da importante asistencia de público, o certo é que houbo menos xente que en anteriores anos. Precisamente onte recibiu sepultura o matrimonio octoxenario que faleceu no accidente ocorrido o pasado venres ao ser arremetido o seu automóbil por un camión á altura da gasolineira de San Antoniño.
O oficio relixioso terá lugar hoxe.
IV FESTA DA XUVENTUDE BARRO 2012
Unha sentenza condena ao Grupo Sofía a pagar 1,3 millóns de € polo terreo Xantarela na Portela
O Che morreu pola súa valentía, hai hoxe 45 anos
O aniversario da morte do Che Guevara resoa en todas as partes do mundo. 45
anos despois, a reputación do home que representa a loita contra o imperialismo chegou a proporcións comparables á de Xesucristo.
Algunhas das súas frases:
“Prefiro morrer de pé, a vivir axeonllado. ”
Sexamos realistas e fagamos o imposible. ”
“Poderán morrer as persoas, pero xamais as súas ideas. ”
“Recorden que o elo máis alto que puiden alcanzar a especie humana é ser revolucionario. ”
Todos os días a xente arranxa o cabelo, por que non o corazón?. ”
“Se non hai (café) para todos, haberá para ninguén. ”
“Se fosemos capaces de unirnos, que fermoso e que próximo seria o futuro”
http://es.wikipedia.org/wiki/Ernesto_Guevara
Dous mortos ao chocar un coche e un camión en Barro
Dúas persoas faleceron nun grave accidente de tráfico ocorrido pasadas as doce da mañá en Barro, ao chocar por alcance dous coches e un camión na N-550 á altura da gasolineira de San Antoniño. Os mortos son unha muller de 80 anos e un home de 81. As primeiras hipóteses apuntan a que un dos vehículos foi embestido polo camión mentres esperaba a que outro turismo fixese un xiro á altura da estación de servizo. O suceso mantén mobilizados neste momento aos equipos de urxencia. Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Pontevedra, Urxencias Sanitarias e efectivos da Garda Civil de Tráfico. A colisión produciuse no quilómetro 107 do citado viario que une Pontevedra con Santiago. O 112 indicou que o camión non portaba mercancía perigosa.
ARRINCA A CARREIRA ELECTORAL AO 21-O
BOLETÍN SEMANAL DE EMPREGO.PONTEEMPREGO
A comarca suma 503 parados máis que en agosto e chega a 19.049
Setembro, coincidindo coa finalización das campañas estivais de turismo e
comercio e co período vacacional nas administracións pública, deixa en Pontevedra e na súa comarca como ronsel un incremento do paro que sitúa en 8.164 o número de desempregados na capital, e eleva a 19.049 o do conxunto da comarca. Falamos dunha comarca integrada por catorce municipios: ademais da cidade do Lérez, os de Poio, Sanxenxo, Barro, Marín, Vilaboa, Ponte Caldelas, A Lama, Cotobade, Campo Lameiro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.
En termos absolutos son 130, en Pontevedra e 503, na comarca, os traballadores expulsados do mercado laboral no último mes, segundo os datos facilitados polo Servizo Público de Emprego.
O sector servizos (nas súas distintas modalidades) pero tamén a construción son os principais “celeiros” de parados da comarca pontevedresa, na que con todo o emprego industrial e o xerado polos chamados servizos empresariais mantense máis ou menos estable, a tenor da escasa oscilación do número de demandantes de emprego inscritos nas oficinas públicas baixo estes epígrafes.
O perfil máis repetido entre as persoas que tentan acceder ou reintegrarse ao mundo do traballo en Pontevedra é o dunha muller, maior de 25 anos -maioritariamente na trintena- e con experiencia laboral de varios anos, que busca unha oportunidade no amplo abanico profesional do sector terciario. Situacións idénticas rexístranse noutros concellos da comarca como Marín, Poio ou Ponte Caldelas.
Con todo este perfil moi acusado na capital da provincia dilúese en distintos concellos da comarca onde a distinción por xénero esváese ou se decanta claramente polos homes como ocorre en Caldas, Cuntis, Barro ou Vilaboa.
Faustino Batallan (politico local do PP) e Ana Vazquez (deputada) inauguran o curso de informática avanzada
As Mulleres Rurais de Barro participan no programa “Pensa en ti” da Deputación, inaugurado onte por Faustino Batallan e Ana Isabel Vázquez.
O obxectivo central deste programa é fomentar a participación e cooperación social e promover a igualdade entre homes e mulleres.
Este ano, como novidade e coa intención de implicar aos homes no traballo a prol da igualdade e da promoción da muller, establécese unha reserva do 20% das prazas para os homes



















