O PARTIDO SOCIALISTA DE BARRO APOSTA POR UNHA AMPLA PRESENZA FEMENINA NALISTA ELECTORAL QUE PRESENTA ESTE VENRES

A presencia femenina é un valor engadido da lista electoral deseñada polo Partido Socialista de Barro para os comicios municipais do 28 de maio.

O candidato á alcaldía, José Sanmartín, realiza unha decidida aposta pola aportación das mulleres á política local e ata catro delas estarán nos seis primeiros postos da lista que se presentará este venres 31 de maio.

O acto será na Praza do Viño ás 20.30 horas e contará coa presencia do secretario xeral do PSdG da provincia de Pontevedra, David Regades.

En caso de chuvia, trasladarase ao Centro Cívico.

Ao remate compartirase un viño de Barro e un pincho con todas as persoas asistentes 

Pero ademáis da candidatura, tamén o programa electoral do Partido Socialista de Barro terá importantes propostas cara o avance da muller no ámbito profesional e social que lle permitan competir en igualdade.

Un obxectivo que só se pode conseguir si acadamos a plena conciliación laboral e familiar

Así, baixo o lema “Un goberno para todos e todas”, o proxecto socialista porá en marcha iniciativas para que as familias teñan todas as opcións de conciliación.

Por unha banda cara aos nosos nenos e nenas, extendendo a ludoteca a todos os períodos de vacacións escolares, concebido como un servizo integral que, ademáis, abarque todas as idades.

Pero igualmente cara aos nosos xóvenes e maiores, cun proxecto interxeracional que poremos en marcha nos distintos locais municipais con accións atractivas e adecuadas para cada idade. 

Ademáis, para os mozos e mozas crearemos espazos de estudo en época de exámes e grupos de voluntariado para colaborar en actividades municipais ou doutros colectivos. 

Será parte dun amplo programa que os e as socialistas de Barro estamos preparando con ilusionantes actuacións para mellorar o noso concello.

En definitiva, un proxecto de goberno para todos e todas, liderado por José Sanmartín, que saque a Barro da parálise dos últimos catro anos de nula xestión que non supuso ningún avance para o municipio.

“O noso obxetivo é ser a primeira forza política e liderar un Goberno que represente a toda a veciñanza, contando cun equipo cheo de ilusión, ideas, capacidade de xestión e ganas de traballar por Barro”, expresa o candidato socialista.

Para detectar con maior precisión as necesidades da veciñanza, o partido socialista iniciou a precampaña escoitando aos veciños e veciñas de cada parroquia co fin de ter en conta as súas suxerencias na elaboración do proxecto de goberno para os vindeiros catro anos 

Tralos encontros celebrados en Valiñas, Agudelo, A Portela e Barro, as últimas citas de precampaña coa veciñanza serán en Perdecanai o 14 de abril e en Curro o 16 de abril.

OBRADOIRO DE TALLA

CONVENIO DE COLABORACIÓN

PRESENTACIÓN DO GRUPO MAR D AROUSA

Aroa Vicente, do IES de Barro premiada por fomentar a igualdade

BAROSA FEST

PROGRAMA COIDADOS PORTA A PORTA

TALLERES DE COSMÉTICA NATURAL

Alejandro Barco pilotará para el nuevo MFR Galicia Team


El circuito de A Madalena, en Forcarei, acogió la presentación del único equipo gallego de supermoto que competirá a nivel nacional en 2023. El MFR Galicia Team prestará apoyo a los pilotos Alejandro Barco (Barro), Jorge González (Tomiño) y Valeria García (Madrid) apostando por el supermoto de base. Los tres competirán en la categoría de Minimotard infantil 85cc tanto en el Campeonato de España de Supermoto como en la VF Challenge Moto Race en Galicia. El equipo ha dado un paso más en precisión mecánica, reglaje de motos y telemetría, con la adquisición de un box profesional y la ampliación del parque de vehículos de asistencia. 

PLAN DE EMPREGO 2023

Para o proceso de selección o concello de Barro solicita os/as distintos/as candidatos/as á Oficina de emprego, que deberán estar anotados/as nas distintas categorías.

EXCURSIÓN A VILANOVA DE CERVEIRA

ACTO INSTITUCIONAL 8M

FESTA DE ENTROIDO EN BARRO

AÍNDA NON REMATOU O ENTROIDO!!!
Este domingo 26 de febreiro, dende as 17:00 h tendes unha cita no pabillón polideportivo de Barro, para festexar o remate do Entroido como ben se merece.

FESTA DE ENTROIDO EN BARRO

17:00 CONCENTRACIÓN DE ENTROIDO E PASARRÚAS ATA O PABILLÓN Convidaremos a todos os nenos e nenas e persoas que veñan disfrazadas a concentrarse disfrazados/as diante do Concello, onde haberá música en directo, daráselles a benvida á festa e repartiranse máscaras e estandartes para acompañar o cortexo. Alí iniciaremos un colorido pasarúas de Entroido ao son de gaitas, tambores, bombos e charrascos.

17:30 h PREGÓN INAUGURAL. OBRADOIRO DE DANZAS, XOGOS E DINÁMICAS DE ENTROIDO Dillei Kike estará ambientando o pabillón previamente, e na chegada do desfile cederá o son á música en diecto. Alí haberá un pregón de Entroido seguido dun obradoiro de movemento colectivo guiado apoiado por música en directo coa colaboración da artista Alba Troiteiro.

18:00 h ESPECTÁCULO: O SEÑOR PATAJULLO E A BANDA BARULLO! Posta en escena do espectáculo de Entroido creado en exclusiva para esta proposta e estreando esta proposta escénico musical de mediano formato dirixida a público infantil e familiar.

19:00 h CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES Presentado pola ft presentadora Adela Bértolo (Vaia Troula, TVG)

A CONTINUACIÓN: CONCERTO // SESIÓN DE DILLEI

A CONTINUACIÓN: CONCURSO DE DISFRACES DE ADULTOS.

NELSON QUINTEIRO

FESTIVAL DE ENTROIDO 2023

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO