Este mediodía sobre as 13.45 horas tivo lugar un acidente no paso de peóns de San Antoniño, en Barro, co resultado dun atropelo dunha muller veciña da Portela que resultou ferida.
General
Onde o tenis se convirte nunha auténtica pasión….II LIGA DE TENIS DE BARRO.
Este ano a liga chegou ata 60 participantes, aínda que polo camiño foron caendo algúns por mor das lesións. Como novidade este ano, houbo unha primeira divisón e dous grupos na segunda .
O torneo está sendo moi interesante , habendo moita competividade. Esta edición da liga de tenis de Barro, está chegando o seu remate e nesta semana estase celebrando a última xornada que rematará o dia 13 de marzo e dará paso a entrega de Trofeos e a cea de fin de tempada que se celebrará na Taberna O Burato Do Grilo, o sábado dia 15 de marzo a partir das dez da noite.
Antes da cear levarase a cabo o sorteo da II edición da Copa da Liga, que a xogarán os dez primeiros de cada grupo de segunda e os doce primeiros da primeira divisón.
Enlace da paxina do torneo: http://www.todotorneos.com/paginas/torneosmain.php?torneo=105941
*Recordo de cómo rematou o ano pasado. A organización quere recordar que os actuais campións da liga do ano pasado, foron Arturo Sangiao, no grupo A e Alberto Maquieira no grupo B, tamén recordar que na copa da liga impúxose Suso Beade.
Dende a organización agradecemos toda a máxima colaboración da Comunidade
Montes por deixar usar as suas instalacións e tamén ao Concello de Barro por facilitar o uso do pavillón Municipal de Curro.
Organizan:
A.C.D. TENIS BARRO
ASOC. CULT. TERRAS DE CURRO.
COMUNIDADE DE MONTES DE CURRO
COLABORAN:
CONCELLO DE BARRO.
Ferida unha persoa nun accidente de tráfico en Barro
Unha persoa foi trasladada a un centro hospitalario debido a un accidente de tráfico rexistrado onte martes no termo municipal deBarro (Restaurante Portaliña).
O sinistro tivo lugar sobre as 11,25 horas na estrada de Pontevedraa Caldas de Reis, ao seu paso polo municipio de Barro, segundo os datos facilitados polo 112 a Europa Press.
O 061 desprazou ao lugar do accidente unha ambulancia asistencial que levou a unha persoa ferida ao Hospital Domínguez, segundo sinalaron fontes sanitarias.
TALLER DE IDEAS ¡¡¡
Sabes o que é a Iniciativa Xove?
Son propostas que fan:
– Grupos informales de jóvenes que deseen realizar una iniciativa juvenil
– Asociaciones juveniles y las entidades que le presten servicios a la juventud que carezcan de interés de lucro, y sus respectivas federaciones, siempre que, en el caso de estas últimas, el proyecto que presenten no sea el mismo que el de cada una de las asociaciones/entidades que las conforman.
Esta información é da convocatoria de axudas do ano pasado http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130418/AnuncioCA05-110413-0006_es.html
Se tendes algunha idea que queirades realizar, no Concello de Barro a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado imos realizar un TALLER DE IDEAS, ao que poden vir asociacións, grupos de mozos/as, colectivos interesado en realizar proxectos de participación xuvenil, técnicos e público en xeral.
Mais información e inscripcións na OMIX de Barro.986714806.
Convocatoria de cursos de lingua galega Celga 2, 3 e 4 na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra
Ata o venres 7 de marzo está aberto o prazo para solicitar os cursos Celga que se realizarán na Escola oficial de idiomas de Pontevedra.
Hai programados 3 cursos de acordo co seguinte calendario:
|
Celga 2 (horario de tarde) |
Celga 3 (horario de mañá) |
Celga 4 (horario de mañá) |
|
Datas: de marzo a maio Horario (70 horas lectivas):
|
Datas: de marzo a maio Horario (70 horas lectivas):
|
Datas: de marzo a maio Horario (70 horas lectivas):
|
As solicitudes presentaranse na secretaría EOI de Pontevedra:
Escola Oficial de Idiomas.
Rúa Celso E. Ferreiro, s/n.
Tel. 986 833 018
Na orde publicada no DOG núm. 38, do martes 25 de febreiro de 2014, se pode consultar a convocatoria completa para os cursos Celga nas escolas de idiomas de Galicia, e o modelo de solicitude.
Casting de Humoristas en Pontevedra para o programa “Máis retranca”
A productora “Adivina Producciones” estan a preparar un programa de humor para Televisión de Galicia titulado “Mais Retranca” no que pretenden atopar novos talentos do humor en Galicia.
O programa consiste na grabación de un casting en diferentes pobos de Galicia buscando xente que faga humor, ben sexa que contes chistes, faga monólogos, imitacións, sketchs…, todo ten cabida sempre que sexa cómico.
O Sábado 29 de Marzo gravaran o casting en PONTEVEDRA.
Contacta en horario de oficina no tel. 649 827 061 ou polo correo maisretranca@adivina.com , explicando brevemente a túa actuación.
Un programa de intercambio une a Barro e Pluvigner
Os alumnos do IES de Barro recibiron a case unha trintena de estudantes
franceses do instituto Goh Lanno de Pluvigner, unha pequena localidade da Bretaña.
Os mozos, que son aloxados con familias do municipio, coñecerán durante a súa estanza algúns dos lugares máis destacados de Galicia.
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/02/28/programa-intercambio-une-barro-y/976222.html
De Barro a Caldas de Reis
As terras interiores do Ulla e do Umia, entre Santiago de Compostela e O Salnés, son un dos lugares de Galicia cun maior índice de pluviosidade. A auga doce manda na paisaxe dun dos enclaves naturais da bisbarra de Pontevedra que ten maior predicamento entre os paisanos, o parque natural da Barosa, no municipio de Barro. Torrentes, cataratas, pozas naturais e un conxunto de muíños recuperados mandan na paisaxe deste espazo, que se ben rivaliza en ocupación coa praia de Silgar en verán tamén acepta visitas nos estertores do invierno. Barro queda na ruta de Pontevedra a Caldas de Reis, a antiga Aquis Celenis dos romanos, parada obrigada no Camiño portugués a Compostela e orgullosa vila con dous balnearios, Dávila e Acuña, que funcionan dende o século XVIII.
TODA A REPORTAXE NA EDICIÓN ESCRITA DO DIARIO DE PONTEVEDRA. ESPECIAL CARNAVAIS
Boletin PONTEemprego nº 166 de data 26/02/2014
CONCENTRACIÓN “EMIGRANTES RETORNADOS, PENSIONISTAS ESTAFADOS!”
ASAMBLEA DA ASOCIACIÓN DE EMIGRANTES RETORNADOS ULLA-UMIA
TALLERES DE PAN E VISITAS ETNOLÓXICAS PARA COLEXIOS EN MUIÑOS DE BAROSA
O que pretendemos con esta visita etnolóxica e que os nenos do seu colexio aprendan como funcionan os muiños, a súa historia, como funciona un forno de pedra e os procesos da elaboración do pan.
Ensinaremoslle os distintos tipos de cereais, como o moelos se consigue a fariña, mostrarlle os nenos os diferentes ingredientes que leva a masa para elaborar o pan.
Asimesmo faremos un taller de amasado de pan para que os nenos elaboren cada un o seu propio bolo e por último ensinarlles o forno para que aprendan como a partir da masa e despois do cocido desta conseguimos ter pan.
Esta sería a folla de ruta que propoñemos
– A chegada as fervenzas presentamos os monitores e lles resumimos os nenos o que vamos a facer durante a xornada
– En función do número de nenos que veñan dividímolos en grupos
– Un grupo pasa o interior do muíño e se lle explica como funciona e as partes do mesmo
– Outro grupo pasa a parte do muíño onde esta o forno e se lle explica como funciona
– Outro grupo queda con un monitor fora e faláselle de os tipos de cereais que se cultivan na zona, a historia dos muíños, a importancia que tiveron na sociedade galega etc.
– Vamos rotando os grupos ata que todos participen nas tres actividades.
– A continuación dámoslles de almorzar
– Despois do almorzo facemos o taller de amasado de pan. Un dos nosos monitores que é panadeiro de profesión lles explica os nenos os ingredientes que leva a masa para facer pan. Amasamos diante dos nenos facendo que participen e logo damoslle un pedazo de masa a cada neno para que lle de forma coa supervisión dos nosos monitores.
– Por último damoslle un moletiño de pan a cada neno para que leve para a súa casa de recordo.
O precio de a actividade é de 6€ /neno
A continuación déixolles uns links para que poidan descargar os proxectos
Proxecto de educación infantil – primaria
http://bit.ly/1crtoGo
Proxecto de educación secundaria
http://bit.ly/ObANBq
Aquí lles deixo os links para descargar as unidades didácticas para traballar no colexio con anterioridade a visita
U.D. de infantil
http://bit.ly/1muk0Zo
U.D. de primaria
http://bit.ly/1bmUgJs
U.D. de secundaria
http://bit.ly/MBC7fY
A continuación uns links de unhas cancións e poemas que gravamos para que os nenos escoiten antes de facer a visita
http://bit.ly/1hwoQmw , http://bit.ly/1dOyBsZ, http://bit.ly/1giyUdF
http://bit.ly/1gHDNiK, http://bit.ly/1fAnDE0, http://bit.ly/1dOzMsm
http://bit.ly/1fhVXYe, http://bit.ly/1eTDxIB, http://bit.ly/1fAoapj
http://bit.ly/1jRtFah, http://bit.ly/1c3mGTW, http://bit.ly/1dOB1rH
Para calquera aclaración poden chamarnos os seguintes teléfonos.
Jorge López 655952805
Sergio Ribeiro 633 504 021
Ou escribirnos os seguintes mails
yoyo@barosa.es
parquedebarosa@gmail.com


















