Curso de introdución ao Kickboxing, un deporte de contacto, para menores de 16 anos.
O curso levarase a cabo no mes de agosto e terá lugar no pavillón municipal de Santo Antoniño. Os horarios variarán en función das idades e das categorías.
Desde Asociación Iris Social están a buscar participantes para o programa Redeiras, un programa de atención integral a mulleres sen titulación ou con baixa cualificación.
Se che interesa ou coñeces a algunha muller de Marín, Barro e A Lama ou arredores, á que lle poida interesar, non dubides en pasarlle a información compartindo esta publicación!
Podédesvos poñer en contacto a través do correo prospeccion@irissocial.es, mandándonos unha mensaxe por esta plataforma ou chamando ao número 604 011 844.